• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

A Selección Galega cadete feminina loitará por ser campioa de España no CESA 2023 de balonmán

O equipo infantil masculino tamén está na final

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/01/2023
en Balonmán, Máis balonmán
Selección Galega no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Selección Galega no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

233
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • A Selección Galega cadete feminina e a infantil masculina, á final do CESA 2023.
  • Venceron a Selección Galega infantil feminina, que buscará a quinta posición, e a xuvenil feminina, que xogará a final da Copa.
  • Perderon os equipos galegos cadete masculino e xuvenil masculino, a pesar de que ambos fixeron un bo traballo.

As seleccións galegas infantil masculina e cadete feminina disputarán a final do CESA 2023 Costa Blanca co obxectivo de proclamarse campioas de España, tal e como informa a Federación Galega de Balonmán.

Nos seus últimos partidos volveron a amosar a súa calidade e o seu carácter para impoñerse nas semifinais e agora, coa prata no peto, pensan en subir ao máis alto do podio. Ademais, na categoría feminina, triunfos das outras dúas seleccións: A infantil loitará por ser quinta de España, mentres que a xuvenil disputará a final da Copa. No aspecto negativo, as derrotas de Galicia cadete masculino ante Aragón na loita pola quinta posición e do combinado xuvenil masculino ante Madrid, noutro axustado choque.

Selección Galega no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Selección Galega no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Infantil masculina: Galicia, 27 – 19, Castela e León

Non podía ser doutra maneira, os minigalaicos metéronse na final do CESA 2023. Unha vez máis amosaron unha madurez incrible na categoría infantil, unha concentración e un traballo defensivo superlativo e unha forza e creatividade en ataque que sorprende. Así, acadaron a clasificación para a final, tras superar de forma clara a Castela e León.

Como cada día, a Selección Galega infantil masculina saltaba á pista a comerse ao rival, sen importar o nome do mesmo ou o que estea en xogo. Era unha semifinal, pero se había nervios, disimularon moi ben. Dende o inicio, Galicia foi por diante, como lle gusta, sen especular o máis mínimo, apabullando ao rival coa multitude de opcións que propón en ataque e esa asfixiante defensa que non deixa pensar.

Así, moi pronto, o marcador era contundente (10-5, min. 15), pero era entón cando mellor se atopaba Galicia na cancha e non houbo relaxación (palabra prohibida para os minigalaicos). A distancia foi medrando ata o descanso, cun gol sobre a sirena case imposible, que resumía o visto no 40×20: 16-8.

O certo é que o encontro xa estaba decidido, pero Galicia saíu igual de forte para evitar sorpresas ou sufrimentos innecesarios. A distancia medrou ata os dez tantos (22-12, min. 8 da segunda metade) e comezaron as rotacións, nun momento no que pesan os partidos nas pernas dos xogadores e aínda falta o último, e máis importante. Houbo minutos e opcións para todos e todos aportaron ao equipo nesta tramo final. Agora, a soñar coa gran final.

FICHA TÉCNICA

27. Galicia: Hugo Carreira, Christian Ferradás, José Enrique Portas, Xurxo Otero (3), Xoan Canedo (2), Lucas Díaz (3), Martín Vázquez (4), Manuel Souto (6), Xoel Lago (6), Lois Alonso, Luis Martínez (1), Matías Gestido (1), Marcos Carlón, Saul Fuentefría, Dimitrije Doder (1), Pablo Pardo.

19. Castela e León: Pedro Benito, Iker López (5), Alejandro Álvarez (1), Jorge Pinilla (2), Asier Calderón, Miguel Camarero (4), Saúl Cuadrado, Diego Pajares, Nicolás Maroto (2), Guillermo Gallego (3), Fran Paino, Juan Ortega (1), Iván Sánchez, Marcos Sánchez (1), Diego Lorenzo, Mario Pérez.

Árbitros: Adrián Aroca e Vlad Virgil. Excluíron dous minutos aos galegos Lucas Díaz e Martín Vázquez e aos madrileños Nicolás Maroto e Juan Ortega.

Parciais: 2-1, 5-2, 10-5, 13-6, 16-8 (descanso), 19-10, 22-12, 23-14, 25-16, 27-19 (final).

Incidencias: Partido correspondente ás semifinais do Campionato de España Infantil Masculino, celebrado no Pabellón Maisa Lloret.

Final: Galicia-Comunidade Valenciana (11:00 horas)

Cadete feminina: Andalucía, 24 – 28, Galicia

A Selección Galega cadete feminina xogará a final do CESA 2023. Enfrontouse a un equipazo, Andalucía, que parecía o gran favorito… ata que se atopou con Galicia. Porque estas nenas fixeron un partido de escándalo: Dominaron durante case os 60 minutos, pero cando se complicaron as cousas e Andalucía logrou poñerse por diante no marcador (19-18, min. 42), volveron amosar de que están feitas e tiraron de orgullo, de garra, de corazón e do balonmán que levan dentro.

Selección Galega no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Selección Galega no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Foi un partido durísimo, tenso, complicado, pero Selección Galega estaba preparada para iso. Toda a primeira metade foi igualada, pero sempre con Galicia mandando, con esa defensa que é a sinal de identidade deste equipo.

Así, con distancias curtas, foi Galicia por diante no marcador para chegar ao descanso dous tantos arriba (13-15). No regreso a pista, chegaron os peores momentos de Galicia. Andalucía apertou moito en defensa, ás galegas
costáballes atopar ocos e o partido igualouse tremendamente. Incluso Andalucía logrou poñerse por diante (19-18, min 42).

Foi a única vez, porque a reacción da Selección Galega foi espectacular. Tiraron de corazón e de alma para volver poñerse por diante e sufrir, cando había que sufrir. Ademais, a meta Salma respondeu nos momentos verdadeiramente complicados, facendo paradas incribles cando se podía complicar o encontro. Así, con esa
intensidade e esas gañas na pista, non podía escaparse a vitoria que coloca a Galicia na final do Campionato de España. Agora? Seguir soñando.

FICHA TÉCNICA

24. Andalucía: Yuliya Klevchuk, Mónica Piñeira (4), María Beltrán (1), Silvia Fernández, Adriana Ordoñez (3), Lucía Selas (1), Sofía Maitena (1), Carmen Fidalgo (7), Sofía Guerrero, Carlota Bravo (1), Ana Sánchez, Candela Bernal, África Antúnez, Elena Valdivia (2), Azahara Artero (4), Rocío Abellán.

28. Galicia: Carmen Magallanes (3), Leire González, Isis Moreno, Iria López (1), Ainé Roca (2), Naihara Costas (8), Salma Aakcha, Celia Pérez, Alba Pérez, Paula Diéguez, Uxía Fernández (6), Iria Augusto (3), Alejandra Montenegro (4), Isabel Álvarez, Leticia Santos, Iria Benaches (1).

Árbitros: Nuria Giro e Ona Comino. Excluíron dous minutos a María Beltrán (Andalucía) e as galegas Isis Moreno, Iria López e Uxía Fernández.

Parciais: 3-3, 6-5, 6-8, 8-11, 11-12, 13-15 (descanso), 16-17, 18-18, 20-20, 20-22, 21- 24, 24-28

Incidencias: Partido correspondente ás semifinais do CESA Cadete Feminino, celebrado no Pabellón Garganes.

Final: Comunidade Valenciana – Galicia (11:00 horas).

Infantil feminina: Castela e León, 15 – 26, Galicia

Partido redondo o das minigalaicas ante Castela e León. Saíu todo o que estaba previsto e así, coa tranquilidade do traballo ben feito e do marcador a favor, venceron de forma rotunda a Castela e León.

O equipo dirixido por Ana Alonso saíu moi concentrado á pista, como sempre cunha gran intensidade defensiva e nesta ocasión puideron correr a contra e marcar goles sinxelos. Así, as distancias no marcador eran bastante
amplas (4-11, min. 20). As galegas só tiveron uns minutos frouxos, os últimos da primeira metade, pero como se mantiña á intensidade defensiva, Castela e León non puido aproveitar para achegarse. Ao descanso, 5-11.

A saída tralo paso por vestiarios foi moi boa e se abriron aínda máis as distancias ata superar os dez goles (8-20, min. 35). Así, o resto do choque foi moi tranquilo, con minutos para todas, que xa pensan no seguinte partido,
para ser quintas de España.

FICHA TÉCNICA

15. Castela e León: Carolina García (1), Sara Salceanu, Paula García (2),Sofía Gómez (2), Daniela Pisonero, Paola García, Natalia Iglesias, Nisrin Outhami (2), Ariadne Vargas (1), Claudia Martínez, Isabel García, Eksa Samaniego (2), Henar Salas (1), Marta Galego, Carolina Freire (2), Irene Espinosa (2).

26. Galicia: Iria Alonso, Emma Rial (1), Candela Martínez (3), Gabriela Martins (13), Ana Cancelas, Noa Portela, Lorena Ngnipa (1), Iris Santana (5), Sara Limes (2), Raquel Muñiz, Alba del Valle (1), Leire Brun, Irene Rodríguez, Vera Sierra, Leyre Azurmendi, Raquel Blanco.

Árbitros: Ariana Gutiérrez e Rebeca Baos. Excluíron dous minutos a Carolina García, Paula García (2) e Natalia Iglesias (Castela e León) e a Candela Martínez e Vera Sierra (Galicia).

Parciais: 1-3, 2-4, 4-6, 4-11, 5-11 (descanso), 8-15, 8-20, 12-25, 14-26, 15-26.

Incidencias: Partido correspondente á segunda fase (postos 5º ao 8º) do CESA categoría infantil feminina, celebrado no Pabellón Pau Gasol.

Loita pola quinta posición: Galicia-Navarra (11:00 horas)

Cadete masculina: Galicia, 31 – 32, Aragón

Unha pena como se lle escapou o partido á selección galega cadete masculina nos últimos minutos do choque ante Aragón. Os rapaces dirixidos por César Armán fixeron un gran traballo durante case a totalidade do choque: Traballadores en defensa e contundentes en ataque, estiveron por diante e con distancias cómodas durante a primeira metade, mentres que Aragón sufría moito para superar á defensa galega. Ao descanso, 17-12 para Galicia.

Tralo paso por vestiarios é verdade que a distancia non medraba, pero tampouco parecía que Aragón foxe quen de recortar distancias. Ían pasando os minutos e se mantiña esa renda de catro e cinco goles ata os últimos dez
minutos, No minuto 50, 27-22, para Galicia. Pero en este tramo final, Galicia pagou moi caras as exclusións, que foron moi ben aproveitadas por Aragón.

Os aragoneses chegaron ao tramo final dous goles arriba (29-31, min. 28), pero o grupo de Armán non se rende. Outra vez, tiraron de casta e lograron empatar a falta de 20 segundos, pero Aragón, cun ataque rápido pillou
descolocada á defensa galega e matou o partido.

FICHA TÉCNICA

31. Galicia: Alonso Martínez, Atalo Bello (1), Marcos Suárez, Nicolás Cancela (1), Yago López (7), Iván Sánchez (1), Manuel Hernández (4), Marcos Varela, Daniel Periscal (3), Roque Estévez (1), Pablo Pazos (3), Jaime Serrano (2), Samuel Seijas (6), Henrique Traba (1), Diego Mourelle (1), Adrián Chapela.

32. Aragón: Íñigo Carroquino (3), Marcos López (2), Héctor Seguer, Álvaro Alcaire (4), Hugo Calavia (1), Eduardo Álvarez (1), Víctor Sánchez (3), Isaac Popa, Héctor Senao (7), Adrián Jiménez (7), Juan Gil, Pablo Forcano (1), Juan Martín, Hibson Kolman (3).

Árbitros: Millán Fernández e Diego Ruiz. Excluíron dous minutos aos galegos Nicolás Cancela, Pablo Pazos, Jaime Serrano, Samuel Seijas e Henrique Traba (2) e a Héctor Seguer, Adrián Jiménez e Hibson Kolman, por Aragón.

Parciais: 4-1, 7-6, 9-9, 13-10, 14-10, 17-12 (descanso), 19-14, 21-17, 24-20, 27-22, 28- 27, 31-32

Incidencias: Partido correspondente segunda fase (loita polos postso do 3º ao 8º) do Campionato de España Cadete Masculina, celebrado no Pabellón La Muixara (La Nucia).

Loita pola sétima posición: Madrid-Galicia (13:00 horas)

Xuvenil feminina: Galicia, 38 – 17, Aragón.

A Selección Galega xuvenil feminina foi unha apisoadora sobre Aragón para acadar así a clasificación para a final da Copa de España. Este grupo, despois dos dous primeiros partidos nos que cometeu moitos erros, non deixou de medrar e nesta xornada foi a culminación. Dende antes de saír do hotel xa se vía nas xogadoras algo diferente e iso trasladouse á pista.

Seareiras galegas no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Seareiras galegas no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Dende o inicio desfrutaron do xogo, cunha moi boa defensa que lles permitiu correr á contra e marcar goles moi rápidos e sinxelos. Antes do descanso o partido xa estaba decidido (17-8, no intermedio), pero as galaicas seguiron xogando a pracer e sumando goles. Todas as xogadoras da Selección Galega participaron e aportaron, a portería estivo espectacular e, así, as distancias non deixaban de medrar, mentres que Aragón se afundiu por completo. Os últimos minutos foron un pouco de recheo, pero as nosas non se cansaban de buscar a portería rival, aínda que neste tramo as defensas xa estaban desaparecidas.

Agora, tócalle á Selección Galega culminar o traballo na final da Copa de España.

FICHA TÉCNICA

38. Galicia: Irene Ríos, Lucía Méndez (7), Ángela Vilaboa (3), Aroa Fernández, Lucía Villamarín (4), Nayara Pereira (1), Yaiza Gil (1), Inés Bernárdez (2), Nerez Patiño (3), Lucía Álvarez (5), Mencía Lorenzo (3), Carla Vidal (1), Nerea Arias (5), Lucía Lema, Sara Pereira (3), Iria Sierra.

17. Aragón: Emma Llanes, Verónica Hernando (1), Eloisa Escartín (7), Isati Sola (1), María Moreno, Andrea Hernando, Nayla Alos (1), Noah Castillo (1), Verónica Lorente, Victoria Jaques, Laura Genzor, María Usieto, Sarah Barrachina (3), Noa Alconchel, Carmen Sabina (3), Nicxon Clabel.

Árbitros: Jesús Valencia e Carlos Campayo Excluíron dous minutos á galega Mencía Lorenzo e á xogadora Andrea Hernando, de Aragón

Parciais: 4-2, 7-3, 9-5, 12-5, 15-6, 17-8 (descanso), 18-9, 24-11, 26-12, 29-13, 34-15, 38-17

Incidencias: Partido correspondente ás semifinais da Copa de España, disputado no Pabellón Els Oms (Mutxamel).

Final Copa: Galicia-Murcia (11:00 horas).

Xuvenil masculina: Madrid, 35- 32, Galicia.

Gran partido da selección galega xuvenil masculina a pesar da derrota ante Madrid. Unha vez máis, Galicia demostrou orgullo, coraxe e alma e así, a pesar de que estivo por detrás no marcador todo o partido, nunca se rendeu e tivo a opción de empatar o choque.

Foi clave o inicio de Madrid, que saíu cunha marcha más. O conxunto da capital amosou dende o inicio unha velocidade que fixo moito dano a Galicia (12-5) e que provocou o tempo morto de Fernando Vázquez para tratar de frear a sangría. E así foi. Os galaicos comezaron a xogar como saben, tamén con velocidade e cunha boa defensa mixta, e así foron recortando pouco a pouco. Ao descanso, 17-14.

No reinicio, Galicia apertou forte e Madrid comezou a sufrir. Se atascaba en ataque coa gran defensa galega, fantásticamente acompañada por Mateo Pallas en portería. Os xogadores da Selección Galega tiveron a opción de empatar o choque a falta de 13 minutos, cun 7 metros a favor e con 24-23 no marcador, pero non acertaron e Madrid respirou.

O final foi tremendo, coa Selección Galega envorcada e sen darse por vencida e con Madrid tratando de asegurar a súa vitoria. Agora a pensar no partido de mañá para ser terceiro de Copa e despedirse da competición con bo sabor de boca.

FICHA TÉCNICA

35. Madrid: Lucca Blanco, Fernando González (6), Roberto Cámara, Iván Fernández, Javier Patón (1), Riyad Oulad (1), Víctor Cartagena (3), Alejandro Daza, Óscar Ruiz, Gonzálo López, Pablo Olmo, Óscar Moreno (8), Ibai Carrasco (2), Anthony Pinto (2), Ignacio Domingo (11), Marcos Torres (1).

32. Galicia: Mateo Pallas, Eduardo Alonso (3), Brais Martínez (3), Iago Rivas, Pablo Fernández (4), Alexandre Gallego (2), Denis Iglesias (3), Senén Garea (2), Xoan Fernández, Carlos Menduiña (3), David Failde, Nuno Loxo, Carlos Morales (3), Juan Rodríguez (6), Manuel Soliño (3).

Árbitros: Álvaro López e Roberto Argiz. Excluíron dous minutos a Fernando González (Madrid) e aos galegos Denís Iglesias e Juan Rodríguez (3, descualificado en el minuto 59:01).

Parciais: 3-1, 7-3, 10-5, 14-7, 16-11, 17-14 (descanso), 21-16, 22-18, 24-22, 28-25, 31-29, 35-32.

Incidencias: Partido correspondente ás semifinais da Copa de España Xuvenil Masculina, celebrado no Pabellón Els Oms (Mutxamel).

Loita pola terceira praza na Copa: Galicia-Murcia (09:00 horas).

Etiquetas balonmánCESACESA 2023Federación Galega de BalonmánGaliciaselección galega
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A Selección Galega, formada por máis de 100 taekwondistas, participará no Campionato de España de Poomsae, Freestyle e Parapomsae á...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Caja Rural Aula Valladolid / BALONMANO PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño cede un empate ao Caja Rural Aula Valladolid no último momento (20-20)

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

Cando todo parecía indicar que o Conservas Orbe Zendal BM Porriño ía conseguir levarse o cruce contra do Aula Cultural...

María Sancha, xogadora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

María Sancha: “Creo que estamos a facer unha boa tempada, pero esta é unha competición totalmente diferente e será un 50-50”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

A capitá do Mecalia Atlético Guardés , María Sancha, valorou diante o equipo de prensa da Federación o resultado do...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ana Seabra: “O Beti é un equipo que nos custa sempre moito e está a crecer”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

  A adestradora do Guardés, Ana Seabra, tamén estivo presente en San Sebastián este mediodía. Diante o resultado do sorteo,...

Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

O Guardés repetirá contra o Beti-Onak en cuartos de final da Copa da Raíña 2026

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

O sorteo da fase final da Copa da Raíña volveu emparellar ao Mecalia Atlético Guardés en cuartos de final co...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.