• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

As seleccións galegas de balonmán infantil, cadete e xuvenil, afrontan o CESA 2023 con ilusión

Campionato de España de Seleccións Territoriais 2023 celébrase do 3 ao 8 de xaneiro na provincia de Alacante

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/01/2023
en Balonmán, Máis balonmán
Seleccións galegas de balonmán no CESA / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Seleccións galegas de balonmán no CESA / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

98
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Despois de varios meses de preparación, chegou o momento da verdade para as seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil femininas e masculinas. As nosas e os nosos comezan mañá o Campionato de España de Seleccións Territoriais 2023 (CESA), que se celebrará do 3 ao 8 de xaneiro na provincia de Alacante. O CESA regresa ás súas datas habituais despois do suspensión da edición do ano 2021 e do retraso da correspondente ao ano 2022.

A expedición galega, formada por preto de 140 persoas, chegou a Benidorm, sen novidades e con ganas de saltar á pista. Foi unha longa viaxe en tres autobuses e dúas furgonetas na que se desprazaron as seleccións, corpos técnicos, corpo médico, equipo de comunicación e membros da xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, co seu presidente Bruno López ao fronte. A competición comezará mañá, martes 2 de xaneiro.

O presidente da FGBm, Bruno López, recibiu as seleccións galegas na súa chegada ao hotel. Bruno quíxolles transmitir unha mensaxe de coraxe, paixón e respecto. “Se estades aquí é porque sodes a élite da base do BM galego, estades list@s para isto”#SomosFamilia#ConSeloGalego pic.twitter.com/ODeWjXY9CC

— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) January 2, 2023

A Selección Galega infantil feminina forma parte do grupo B da Copa de España xunto a Cantabria e La Rioja. O combinado dirixido por Ana Alonso comeza a competición fronte a La Rioja nun partido fundamental para coller confianza, cara ao obxectivo de acadar o ascenso.

A seleccionadora Ana Alonso pensa que “a nosa selección chega nun bo momento. Levamos acumuladas moitas sesións de traballo dende o mes de abril. O modelo está asentado e a verdade é que estamos contentos co rendemento do grupo”.

A Copa de España está dividida en tres grupos de 3 equipos cada un. Ana Alonso recordou que “as predicións nesta categoría son difíciles, e podes gañar e perder con calquera. Así, a idea é ir partido a partido, co obxectivo de clasificarnos para a eliminatoria de ascenso a Campionato de España e poder xogar os cuartos de final do Campionato”.

O primeiro partido da Selección Galega infantil feminina xógase mañá, 2 de xaneiro de 2023, contra La Rioja ás 12:00 horas.

A Selección Galega infantil masculina, que defende o bronce acadado o pasado ano, forma parte do grupo A xunto a Catalunya, Navarra e Castilla La Mancha. Adrián Menduíña destacou que “é un grupo con seleccións complicadas como Catalunya e Navarra, das que non temos moitas referencias previas pero que son seleccións que nos años anteriores veñen facéndoo moi ben.

Con respecto á última Selección, que é Castilla La Mancha, Galicia ten a referencia de xogar con eles en verán xa, e probablemente foi o partido que máis nos costou ganar nese torneo. Polo tanto hai que ter respecto polos rivais, pero nós estamos moi contentos co traballo previo realizado pola nosa selección e imos dalo todo neste CESA”.

O primeiro partido da Selección Galega infantil masculina será mañá, 2 de xaneiro de 2023, contra Castilla La Mancha ás 18:00 horas.

NÓS TÉMOLO CLARO! #SOMOSGALICIA #SOMOS FAMILIA pic.twitter.com/mJnVfDtLTD

— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) January 2, 2023

O combinado galego cadete feminino parte da Copa de España co obxectivo de chegar ao Campionato e dar a sorpresa. Galicia está encadrada no grupo B da Copa de España xunto a Cantabria (tamén descendida o pasado ano) e Murcia. O seleccionador Adrián Pumar destacou que ambos rivais son duros e que na Copa non han posibilidade de erro: “O que ten a Copa é que cada partido é unha final e iso fai que todos os encontros sexan tensos”.

Sobre a Selección Galega afirmou Adrián Pumar que “a palabra que usaría para definila sería OHANA (familia), porque este ano construímos un grupo moi unido, moi familiar, no que cada unha mataría polas demais”. O debut da Selección Galega cadete feminina será mañá, 2 de xaneiro de 2023, contra Cantabria ás 12:00 horas.

A Selección Galega cadete masculina está encadrada no grupo A da Copa de España xunto a Canarias e Cantabria. O seleccionador, César Armán, destacou a dureza do grupo, xa que “nos tocaron dous dos cocos da Copa. Canarias conta con varios xogadores de moita calidade e se caracteriza por un xogo rápido e dinámico. Por outra banda, Cantabria ten un bo grupo, sen individualidades pero moi competitivo”. Así, o obxectivo é “impoñer o noso ritmo e demostrar do que somos capaces, xa que nos caracterizamos por ser competidores natos”.

A primeira pedra de toque da Selección Galega cadete masculina será mañá, 2 de xaneiro de 2023, contra Canarias ás 16:00 horas.

A selección galega xuvenil feminina forma parte do grupo A do Campionato de España, xunto a Euskadi, Catalunya e Navarra. O seleccionador Manu López falou do seu equipo sinalando que “somos un grupo que fai un balonmán divertido, que viaxa co obxectivo de pasalo ben e aspirando a todo no CESA”. Iso si, non houbo sorte no sorteo xa que lle tocou un grupo moi complexo: “Temos un grupo moi competitivo, sen un dominador claro, con todas as seleccións cun nivel alto”. O debut da Selección Galega xuvenil feminina será mañá, 2 de xaneiro, ante Navarra ás 12:00 horas.

O combinado xuvenil masculino forma parte do grupo B da Copa de España está formado por Galicia, Aragón, La Rioja e Asturias. O seleccionador, Fernando Vázquez, destacou que son grandes rivais: “Por unha banda, está a selección de Asturias, que estivo no torneo Deputación da Coruña, con baixas importantes, e puxo serios problemas á nosa selección, que só gañou por dous goles de diferenza. A selección de Aragón chega con moi boa prensa, despois de vencer a Valencia e Navarra”. E por último, “La Rioja, que ten menos nome, pero é un grupo moi competitivo, ao que haberá que xogarlles moi ben e con moita concentración”.

Na Selección Galega xuvenil masculina houbo tres baixas de última hora. O adestrador, Fernando Vázquez, destacou que “é un grupo sen grandes nomes, pero é un equipo no máis amplo sentido da palabra”. O bloque terá o seu primeiro choque ás 16:00 horas de mañá, 2 de xaneiro de 2023 contra La Rioja.

Calendario das seleccións galegas para o martes 2 xaneiro de 2023:

  • Infantil feminina |  Galicia – La Rioja | 12:00 horas
  • Cadete feminina | Galicia – Cantabria | 12:00 horas
  • Xuvenil feminina | Galicia – Navarra | 12:00 horas
  • Cadete masculina | Galicia – Canarias | 16:00 horas
  • Xuvenil masculina | Galicia – La Rioja | 16:00 horas
  • Infantil masculina | Castilla La Mancha – Galicia | 18:00 horas
Etiquetas Adrián PumarAna AlonsobalonmánCampionato de España de Seleccións TerritoriaisCESACopa de EspañaGaliciaManu López
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  O equipo miñoto volveu mostrar a súa mellor versión este sábado ao saír airoso dunha polémica semifinal da XLVII...

Derbi galego entre o Mecalia Atlético Guardés e o Conservas Orbe Zendal BM Porriño / SPORTCOEO

O Porriño vence ao Guardés que se despide da Liga Guerreras Iberdrola (15-20)

por Redacción As Nosas
02/05/2026
0

  • O equipo miñoto caeu este sábado ante o Balonmano Porriño no seu segundo Derbi As Nosas da semana...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Caja Rural Aula Valladolid / BALONMANO PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño cede un empate ao Caja Rural Aula Valladolid no último momento (20-20)

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

Cando todo parecía indicar que o Conservas Orbe Zendal BM Porriño ía conseguir levarse o cruce contra do Aula Cultural...

María Sancha, xogadora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

María Sancha: “Creo que estamos a facer unha boa tempada, pero esta é unha competición totalmente diferente e será un 50-50”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

A capitá do Mecalia Atlético Guardés , María Sancha, valorou diante o equipo de prensa da Federación o resultado do...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ana Seabra: “O Beti é un equipo que nos custa sempre moito e está a crecer”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

  A adestradora do Guardés, Ana Seabra, tamén estivo presente en San Sebastián este mediodía. Diante o resultado do sorteo,...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

09/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.