A Selección Española de fútbol sala feminino puxo o broche á súa clasificación para o Europeo cunha contundente vitoria ante Eslovenia por un tanteo de 0-9. Tres galegas tiveron minutos: Vane Sotelo, Antía Pérez e Martita.
Con este rotundo triunfo, o conxunto que adestra Clàudia Pons completa esta parte da competición con pleno de vitorias. A Selección Española foi moi superiores ao seu rival nun partido no que xa xogaban sen a presión de necesitar a vitoria, tal e como informan desde a RFEF.
A diferenza entre ambas as seleccións fíxose evidente desde o primeiro minuto. En só 56 segundos, a Selección Española ha había feito catro remates. Un aviso do que sucedería ao longo do encontro no que o balón e o dominio era español de forma indiscutible. E os goles non tardaron en chegar. Aos tres minutos, Irene Samper abriu o marcador cun disparo afastado e no 6′ Clau López batía á meta eslovena de tiro cruzado tras unha boa combinación coa galega Martita.
Eslovenia xerou a súa única ocasión aos sete minutos, nun man a man que Elena sacou a Zvokelj, e o partido seguiu na mesma dinámica, Chegadas continuas de España e Eslovenia sen poder desembarazarse do seu rival. O único que faltaba para que o marcador fose máis amplo era o acerto. Cecilia e María Sanz atopáronse co pau antes de que Eva, a 10 segundos do descanso, fixese, o terceiro.
O paso polos vestiarios non cambiou o panorama. A Selección Española de fútbol sala feminino volveu saír buscando a portería rival e atopou o cuarto gol cun disparo de Clau López tras un roubo seu preto da área. e pouco despois, Eva, tras unha parede con Antía Pérez (futbolista galega do Bloques Cando Castro FSF), apuntábase tamén o seu dobrete.
Só era cuestión de tempo que a distancia se ampliase e Irene Samper non tardou en sumar o seu segundo gol, aínda con 11 minutos por diante no partido. Un tempo no que Mayte, María Sanz e Martita puxeron o broche á vitoria.
Tres triunfos de tres para a Selección Española
A Selección Española de fútbol sala feminino disputou do 7 al 10 de octubre en Lasko (Eslovenia) a fase de clasificación o Europeo 2027. As futbolistas levan concentradas desde o 20 de setembro. Antes da fase xogaron un amigable en Lisboa o 2 de octubre.
Selección Española de fútbol sala mediuse, dentro do Grupo 3, aos combinados de Francia, ao que venceu 5-2, e Italia, ao que se impuxo por 1-2. O conxunto que adestra Clàudia Pons chegaba a este último cruce con Eslovenia sabéndose primeira de grupo a unha xornada do final desta fase de grupo. Con este triunfo por 0-9 rubrica a súa autoridade neste Grupo 3.
Pasan á seguinte fase as primeiras clasificadas de cada grupo e as dúas mellores segundas. España avanza así cara a fase final que se disputará en Osijek (Croacia) do 14 ao 21 de marzo de 2027. As outras dúas segundas seleccións clasificadas deberán xogar unha eliminatoria para decidir que se fai coa última plaza en liza.
As galegas da Selección Española de futsal
Nas14 xogadoras convocadas por Clàudia Pons para disputar esta fase, estaban as galegas Vane Sotelo (Arriva AD Alcorcón), Antía Pérez (Bloques Cando Castro FSF) e Martita (Poio Pescamar), así como as futbolistas Elena González e Laura, do Poio Pescamar.
Ver esta publicación en Instagram
Esta foi a convocatoria da seleccionadora foron as seguintes:
|
GARDAMETAS |
|
|---|---|
| Ariadna Pérez-Castilla Fernández ARI | Arriva AD Alcorcón |
| Elena González de Pablo ELENA | Poio Pescamar |
|
PECHES |
|
|---|---|
| Laura Córdoba Monedero LAURA CÓRDOBA | Atlético Navalcarnero |
| María Teresa Mateo González MAYTE MATEO | STV Roldán |
| Cecilia Zarzuela Sánchez CECILIA | STV Roldán |
|
ÁS – PECHES |
|
|---|---|
| Marta López-Pardo González-Tejero MARTITA | Poio Pescamar |
| Antía Pérez García ANTÍA PÉREZ | Bloques Cando Castro FSF |
|
ÁS |
|
|---|---|
| Irene Samper Bilbao IRENE SAMPER | Melilla CD Torreblanca |
| Eva González Navas EVA | STV Roldán |
| Claudia López Quesada CLAU LÓPEZ | Arriva AD Alcorcón |
| María Sanz Navarro MARÍA SANZ | Atlético Navalcarnero |
|
ÁS – PÍVOT |
|
|---|---|
| Laura Sánchez Arcediano LAURA SÁNCHEZ | Poio Pescamar |
|
PÍVOTS |
|
|---|---|
| Vanessa Sotelo Quintela VANE SOTELO | Arriva AD Alcorcón |
| Irene Córdoba Monedero IRENE CÓRDOBA | Atlético Navalcarnero |
FICHA TÉCNICA
0) ESLOVENIA: Stante, Ermenc, Lozar, Zvokelj e Adamic. Tamén xogaron: Jesenovec, Novak, Tansek, McQuarrie, Ljubic, Dodic, Potocnik, Kosir e Rovan (p.s.).
9) ESPAÑA: Elena, Mayte, María Sanz, Irene Samper e Irene Córdoba. Tamén xogaron: Martita, Laura Córdoba, Cecilia, Laura Sánchez, Clau López, Vane Sotelo, Antía Pérez, Eva e Ari (p.s.),
GOLES: 0-1 3′ Irene Samper. 0-2 6′ Clau López. 0-3 20′ Eva. 0-4 22′ Clau López. 0-5 24′ Eva. 0-6 29′ Irene Samper. 0-7 34′ Mayte. 0-8 36′ María Sanz. 0-9 40′ Martita.
EQUIPO ARBITRAL: Roosa-Maria Karollina Tuomi (Finlandia) e Andrea Naudi (Malta)
INCIDENCIAS: Ronda Élite clasificación Europeo 2027. Segunda xornada. Encontro disputado no Tri Lilije (Lasko, Eslovenia).
















