Aínda queda algo menos da metade da tempada por diante, pero o Dépor ABANCA ten dobre cita esta semana. A primeira delas será na recuperación do encontro adiado co Sporting Huelva este mércores, 3 de marzo, ás 18:30 horas (Vamos).
Malia que no vestiario de Manu Sánchez non queren falar de finais, levarse os tres puntos deste duelo pode marcar a diferenza no relativo ao futuro do equipo.
As coruñesas volven a ser colistas na Liga Iberdrola e reciben este mércores ao conxunto que marca a liña de salvación. Con 17 puntos, as andaluzas están a dúas vitorias do Dépor ABANCA, cando aínda quedan unha quincena de partidos por disputar.
Por outra parte, ambos chegan dunha derrota. No caso das visitantes, perderon ante o Levante un encontro que tiñan case asegurado. Nas filas branquiazuis, a última derrota foi ante outro rival directo, o Rayo Vallecano.
O Dépor ABANCA sucumbe ante o Rayo Vallecano na segunda metade 3-1
Datos para o optimismo
Este encontro entra dentro dos “combates claves”, como o adestrador prefiriu nomear na última rolda de prensa. Da mesma maneira expresouse a súa xogadora, Patri López, quen recalcou que “temos que saír a gañar, pero como con calquera outro”.
Patri López: “Queremos romper esta mala racha de resultados”
Neste partido, final ou non, as deportivistas loitarán por vencer a un Sporting de Huelva que tamén está en perigo de descender. Esta é a primeira vez que os dous equipos veranse as caras nesta tempada, onde son rivais directos, pero non é a primeira vez que compiten entre si.
Xa o fixeron por partida dobre a tempada pasada, cun balance de dúas vitorias para as branquiazuis. As de Sánchez venceron na ida do curso 19/20 por un 0-1 con gol de Alba Merino e na volta, celebrada en Abegondo, cunha goleada: 5-1.
No que respecta a esta tempada, o Dépor ABANCA enfrontarase ao segundo equipo que menos encaixa na metade baixa da clasificación. O Sporting de Huelva só recibiu 25 goles en contra, algo menos da metade que as deportivistas, que recibiron 52.
Porén, as andaluzas son tamén o conxunto que menos golea da categoría, con só 11 tantos a favor. Neste aspecto tamén duplica en datos o cadro branquiazul, que leva asinados 22 goles; un dato máis positivo.
Altas e baixas na convocatoria branquiazul
A futbolista Patri López volveu ao campo no once titular ante o Rayo Vallecano, e presumiblemente estará tamén no equipo inicial de Manu Sánchez para esta xornada.
O adestrador non poderá contar con Noelia Villegas para este duelo debido ás molestias que sufre no aductor, polo que López semella a favorita para sustituíla, como xa fixo en Madrid.
Quenes tampouco estarán son nin Lady Andrade, nin Carolina Arbeláez, pero a cambio, esta convocatoria será a que inclúa a un maior número de canteranas. Ata cinco de As Nosas están chamadas polo técnico branquiazul: María Figueroa, Eva Dios, Carlota, Sara Álvarez e Tati.
Cris, segunda centenaria do Dépor ABANCA
Co partido ante o Rayo Vallecano, a futbolista Cris Martínez cumpriu os cen encontros vestindo a camisola branquiazul en competicións nacionais. Despois de Gaby, esta é a segunda xogadora en acadar a centena de duelos co Dépor ABANCA.
Cris Martínez está a disputar a súa quinta tempada co club herculino, co que competiu un total de 35 partidos na Liga Iberdrola, 59 en Segunda Nacional, catro de promoción de ascenso e dous de Copa da Raíña.
Ademais, a futbolista é actualmente a única xogadora do plantel que formou parte do primeiro partido oficial do Dépor ABANCA, o 4 de setembro de 2016 ante o Oviedo Moderno CF.
A afección deportivista volve á bancada
Co levantamento dalgunhas restriccións implementadas por mor da COVID-19, a afección branquiazul poderá volver a Abegondo. O fará entre medidas de seguridade sanitaria, entre elas o control do aforo, que non poderá superar as 150 persoas.
Abegondo volve abrir as súas portas para ver As Nosas aínda que só a 150 persoas