O derbi da ría de Pontevedra terá lugar na Seca mañá sábado 19 de febreiro (18:30h, Live Vuvuzela). O Poio Pescamar recibe ao ENCE Marín Futsal. Un aspirante a todo fronte ao equipo relevación. Calquera pode levarse o gato á auga neste cruce. Ambos os dous coñécense á perfección. Seguramente sexan os erros os que determinen o resultado. Na primeira volta a vitoria foi para o Poio Pescamar 0-2.
As locais queren volver meterse nos catro postos de cabeza. E se ten que ser a costa do Marín, será. O conxunto que adestra Manu Cossío ocupa a quinta praza. So ten un punto menos que as cuartas, o STV Roldán FS, e tres con respecto ás terceiras, o FSF Móstoles. Hai un bloque de equipos nun pano do terceiro ao sétimo posto. Un triunfo ou unha derrota fan que subas ou baixes varios chanzos de golpe na clasificación da Primeira División do Fútbol Sala feminino estatal.
Xornada de ximnasio coa mente posta no #DerbiDaRía 🤙
Tras aprazar a visita a Burela, o sábado ás 18:30h visítannos os nosos veciños do @marin_futsal 🤗
Agardámosvos na Seca afección❗#PoioPescamar #ReEvoluciónVermella #PoioMarín pic.twitter.com/r4oYeSg0ac
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) February 15, 2022
O Poio fichou a brasileira Angela Guimarães
Para afrontar o que resta de tempada as conserveiras se reforzaban esta mesma semana cunha nova xogadora, Angela Guimarães, unha á de 24 anos, incorpórase que chega ás filas vermellas procedente do São José Futsal brasileiro.
A ver se logramos que vos namoredes un pouco máis de nós co anuncio dunha nova fichaxe 🥰
Angela Guimarães, 24 anos, incorpórase á familia conserveira, procedente do São José Futsal 🇧🇷
Agardamos vela canto antes defendendo as nosas cores 📣💪🏻#PoioPescamar #ReEvoluciónVermella pic.twitter.com/vIfOXnaxqw
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) February 14, 2022
Pola súa banda o conxunto que adestra Raúl Jiménez estaba conseguindo moi bos resultados na súa tempada debut na elite do futsal estatal, pero entrou un baixón de resultados que as fixo descender na táboa.
Arriban á Seca famentas de triunfos. Non gañan desde que na xornada 12, en decembro do pasado ano, se impuxeron ao Atlético Torcal por 6-1. Esa xornada rematárona sextas a so dous puntos do catro primeiros postos, a zona nobre.
A partir de aí, os resultados deixaron de sorrir e o ENCE Marín Futsal foi decaendo na táboa. Caeron derrotadas co STV Roldán FS (2-1), co Universidad de Alicante (1-3), empataron con CD Leganés (2-2), como o resto de equipos que se mediron ao Futsi, saíron derrotadas da pista do Atlético Navalcarnero (5-1) e na pasada xornada perdían na casa co Melilla Sport Capital Torreblanca FS (2-4.

Chega o Marín a esta 18ª xornada no posto undécimo con 20 puntos (seis vitorias, dous empates, nove derrotas). Unha vitoria pode darlles moitos folgos, facerlles reencontrar co seu xogo e, ademais, subir ata dous postos na táboa se o resto de cruces axudan.
Adiado o Ourense Envialia vs Pescados Rubén Burela
A aparición de tres casos positivos no Pescados Rubén Burela obrigou ao club da Mariña a activar o protocolo de prevención do contaxio da COVID-19. Tal e como informan desde o club as Guerreiras Laranxas “non poderán disputar o derbi previsto na pista do Ourense Envialia FSF”. Así o determinaba o xuíz de Competición RFEF tras analizar a situación.
Esta semana o Burela informaba de “tres casos positivos, con sintomatoloxía leve”. Así como de que o cadro burelista “deberá permanecer baixo vixilancia 10 días”.
Este gromo nas filas do Burela impediron a Peque e Irene Samper, “consideradas contactos estreitos”, participar na concentración da Selección Española en Portugal, que estaba prevista para o vindeiro domingo 20 e o xoves 24 de febreiro.
A pasada xornada o Pescados Rubén Burela xa non puidera competir debido a positivos, pero neste caso no seu rival, o Poio Pescamar que esta semana regresa á competición. Son xa dúas xornadas paradas as que acumularían las laranxas.
🏆🥇1DIV // J.18 // APLAZADO
El derbi contra Burela ha tenido que ser aplazado por casos COVID en el equipo de A Mariña.
Lo más importante que lxs afectadxs se encuentren bien.
¡Un fuerte abrazo!Diseño: @beaseijasgrafico
👇Tiendahttps://t.co/lSpF69aNYo
🧡🚀 #imosOlio pic.twitter.com/lQb0SDuBxh
— Ourense Envialia FSF (@OUenvialiaFSF) February 16, 2022