O pasado 15 de xullo, tres atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra puxeron rumbo a Braga, Portugal para participar na primeira competición da “nova normalidade”. O escenario foi o Estádio 1º de Maio, onde Lucía Ferrer e Raúl Cortizo correrían os 100 e 200 m; mentres que Marta Barragáns faríao só nos 200 m.
Tras un pouco máis de catro meses sen adestrar en condicións, o principal obxectivo desta proba era realizar un test, un control de marcas para que Santi Ferrer, como adestrador dos tres atletas, soubese o nivel en que se atopaban.
Lucía Ferrer fixo 12,74 nos 100 ml con +1,9 de vento e 27,34 nos 200 ml. O seu compañeiro, Raúl Cortizo estivo preto da súa mellor marca persoal nos 100 ml con 11,35. En 200 ml parou o cronómetro en 23,18. Por último, Marta Barragáns chegaría a meta nun tempo de 28,41 nos 200 ml, que supoñería a súa terceira mellor marca.
Lxs atletas de la Gimnástica vuelven a la competición 🔥
📍 Estádio 1° de Maio, Braga
🕣 A partir de las 20:30 de 🇵🇹 (21:30h 🇪🇦)👉🏽 @lvciferrer en 100ml y 200ml
👉🏽 Raúl Cortizo en 100ml y 200ml
👉🏽 @martaabarragans en 200ml📷: Luis Tojal y David Boleas#atletismo #athletics pic.twitter.com/IBvrKw5fgt
— Sociedad Gimnástica (@SGimnastica) July 15, 2020
Eles tres foron os primeiros atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra que competiron despois do confinamento provocado pola Covid-19. Un evento raro e diferente, pois se cumpriron as medidas de distanciamento social e saían menos atletas por series nas probas. Con todo, o balance é positivo xa que abriu unhas portas cara á nova tempada 2020, que se desenvolverá, principalmente, desde setembro ata decembro.