• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

Sarela Conde que vence na casa no BTT de Maceda acadando o seu 2.º triunfo da tempada

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/05/2026
en Máis Deporte, Ciclismo, Sobre rodas
Sarela Conde venceu na proba da Copa Galicia de Cross Country Olímpico en Maceda / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO - LUZ IGLESIAS

Sarela Conde venceu na proba da Copa Galicia de Cross Country Olímpico en Maceda / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO - LUZ IGLESIAS

26
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Despois da paréntese da fin de semana anterior coa disputa da cita da Copa de España en Outeiro de Rei, a Copa Galicia de Cross Country Olímpico iniciou este sábado o treito final do seu calendario nun dos seus circuítos máis emblemáticos. A oitava proba puntuable foi a de Maceda, onde a corredora local Sarela Conde outorgoulle a vitoria ao club organizador na carreira raíña feminina.

A sub-23 do Academia Postal-Maceda, Sarela Conde, dobregou nesta ocasión a Uxía Soto (Extol-Zambora.es), dominadora deste certame nas últimas xornadas. A súa xeira de triunfos si que a prolongou o elite Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) no prato forte das categorías masculinas.

O trazado de 4,5 quilómetros xunto ao río e coa liña de meta xunto a carón das piscinas municipais, un escenario que ten acollido ao Campionato de España de XCO, percorrérono preto de 200 bikers. Ente eles estivo un dos mellores corredores na historia de Galicia nesta especialidade. Pablo Rodríguez, esta temporada afastado da competición, animouse a poñerse un dorsal na súa vila para participar no XVII BTT de Maceda e a súa clase permitiulle subir ao podio. Defendendo as cores do Academia Postal-Maceda fixo terceiro en elite e sub-23, tal e como informa a Federación Ciclismo Galego.

Por diante do macedao remataron dous representantes do Supermercados Froiz. O ponteareán Miguel Rodríguez venceu por 20 segundos de diferenza respecto ao grovense Jorge Aguín, que continúa como líder elite. Esta vitoria é a terceira consecutiva do segundo clasificado na xeral, que neste mes de maio xa se impuxera en Ribadumia e en Ponteareas. Como mellor sub-23 concluíu Néstor Frías (Ribadumia), cuarto na táboa absoluto. A liña de meta cruzouna na quinta posición o elite Roberto Freire (Toxo).

Sarela Conde crécese como anfitrioa

Case un mes despois de subir ao máis alto do podio en Samieira, a macedá Sarela Conde sumou o seu segundo triunfo da temporada. A líder sub-23 Uxía Soto chegaba lanzada, pero non puido repetir os seus éxitos das dúas últimas xornadas ao atoparse cunha corredora que se creceu na súa casa exercendo de anfitroa: Sarela Conde. A vantaxe final roldou o minuto. Outras tres sub-23 completaron o top-5 feminino: Fátima González (Máis Que Bicis) obtivo a terceira praza, Yaiza Vila (Creto Bikes) terminou cuarta e Sandra Vila (Coruxo), cunha volta perdida, ocupou o quinto posto.

Entre os desenlaces máis vibrantes estiveron o da categoría júnior masculina, con Arón Gómez (Coruxo) batendo por 5 segundos a Samuel Gascón (Team Bike Outeiro de Rei), e o da infantil feminina, ao superar Aroa García (Cambre) a Uxía Giráldez (Avanza-O Porriño) ao esprint.

Na nómina de gañadoras e gañadores tamén inscribiron o seu nome o infantil Jorge Martín (Avanza-O Porriño), a cadete Marta Utrera (Xesteiras), o cadete Sergio Pérez (Avanza- O Porriño), a júnior Xiana Seijo (Caimanes Betanzos), a máster-30 Carolina Díez (Creto Bikes), o máster-30 Samuel Fernández (Maceda), a máster-40 Beatriz Vicente (Podium Team), o máster-40 Uxío Canosa (Extol-Zambora.es), o máster-50 Antonio Rodríguez (Ourense Termal) e o máster-60 Antonio Bugallo (Biciosos-Rías Baixas).

A clasificación por clubs encabezouna o Avanza-O Porriño.

En canto aos rankings da Copa Galicia, o único cambio de líder rexistrouse no grupo de idade máster-30. Samuel Fernández volve estar á fronte da súa categoría.

No resto mandan Aroa García e Jorge Martín en Infantil, Clara Pintos (B Travel-Ponteareas) e Sergio Pérez en Cadete, Nerea Sánchez (Xesteiras) e Manuel Souto (Xesteiras) en Júnior, Uxía Soto e Ricardo Buba (Coruxo) en Sub-23, Lorena Daporta (Armenteira e Punto) e Jorge Aguín en Elite, Carolina Díez en Máster-30, Beatriz Vicente e Samuel Baña (Toxo) en Máster-40, Antonio Rodríguez en Máster-50 e Manuel Bugallo en Máster-60.

O certame autonómico de rally continuará este sábado en Cambre co antepenúltimo evento da temporada.

  • Consulta as clasificacións
Etiquetas ciclismoSarela Conde
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

por Redacción As Nosas
09/06/2026
0

O Club Ciclista Máster da Louriña organiza este fin de semana unha nova edición do Gran Premio Concello do Porriño de...

Ciclistas galegos na Copa de España de Pump Track / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A Copa de España de Pump Track chega a Galicia en xullo con 5 líderes galegos

por Redacción As Nosas
28/05/2026
0

Aragón repetiu este domingo como escenario da Copa de España de Pump Track na súa terceira xornada. A pista zaragozana...

Na categoría cadete da Copa Galicia do Porvir, na proba de Carballo, vencía Leire García (CC Teis), seguida no podio de Mariela Pérez (B Travel - Ponteareas) e Antía Torres tamén do CC Teis / CC TEIS

Ivet Dimitrova, Héctor Rodríguez e Leire García suben ao máis alto do podio en Carballo na proba da Copa Galicia do Porvir

por Redacción As Nosas
26/05/2026
0

A Copa Galicia do Porvir 2026 rexistrou un cambio de líder na súa terceira xornada celebrada en Carballo. Héctor Rodríguez...

Copa de España na Montefaro Enduro Race / RFEC

As camisolas do Campionato de España de Enduro decídense este domingo na Montefaro Enduro Race

por Redacción As Nosas
21/05/2026
0

A localidade coruñesa de Ares acolle esta fin de semana a gran cita do ano na modalidade de Enduro. As...

Alejandra Neira integra a Selección Española Junior de ciclismo / RFEC

Alejandra Neira vence na Montée Jalabert e finaliza segunda na xeral do Tour du Gévaudan

por Redacción As Nosas
19/05/2026
0

  Alejandra Neira, que no que vai de ano gañou a Liège-Bastogne-Liège e foi segunda noutras dúas citas da Copa...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.