A deportista Sara Vieitez, do Club Independiente de Vigo, proclamouse campioa de España de MMA, celebrado en Puerto Banus (Marbella). A deportista fixo historia o convertirse na primeira muller galega, en acadar o Campionato de España de MMA Amateur.
Sara Vieitez venceu en primeira rolda a deportista andaluza, Marina Rodríguez, por puntos. En segunda rolda venceu a deportista catalá, Marina Sánchez Pichel tamén os puntos. Xa na final, agardaba un combate moi axustado ante a madrileña, Inés Maesso, á que venceu nos puntos.
Tal e como informa a Federación Galega de Loita e D.A., os representantes masculinos, non tiveron a sorte agardada. Lewis Arizala, non puido superar a Santiago Jaramillo (VAL), cedendo os puntos e tampouco triunfou Jónathan Barboza, quen caeu os puntos fronte o deportista Oscar Méndez (CAN).