A base-escolta Sara Gómez (Vilagarcía de Arousa, 1986) volverá a xogar o ano que vén nas filas no AD Cortegada. A xogadora arousana, que a tempada pasada non disputou ningún partido tras ser nai, anunciaba a noite do sábado a súa continuidade no conxunto ourensán, que actualmente se encontra en Liga Feminina 2.
“Este ano non puiden estar na pista co equipo e moitos estadesme preguntando se vou a continuar, e quero ser eu, en primeira persoa a que vos diga que vou seguir. Foi un ano complicado, pero hai un bo grupo, e se está traballando moi ben. Hai un bo proxecto e eu quero formar parte del”, con estas palabras anunciaba a súa volta Sara Gómez, ao mesmo tempo que animaba aos seareiros da AD Cortegada a que as vaian a apoiar a Fontecarmoa. “Porque vai ser un bo ano e o imos pasar moi ben. Así que axudanos, ven a Fontecarmoa e faite socio!”, concluía a xogadora no vídeo.
https://twitter.com/ADCORTEGADA/status/1276951413155860482?s=20