Un total de 10 deportistas representarán a España no Campionato de Europa Sub-17 2025 de bádminton na competición por equipos e 13 na individual. Esta dobre cita (por equipos e individual) dispútase do 29 de novembro ao 7 de decembro na localidade de Arrecife (Lanzarote). A Selección Española será a anfitroa e contará con dúas galegas nas súas filas, as coruñesas: Sara del Castillo e Inés Poncela.
Este luns fíxose pública a lista de convocados. O combinado para a competición por equipos (29 de novembro – 3 de decembro), na que España parte como cabeza de serie, inclúe a 10 deportistas:
- Belén Soto – Oviedo – ASTURIAS
- Guillermo Muñoz – La Encina – ANDALUCÍA
- David Carvajal – La Orden – ANDALUCÍA
- Sofía García – Pitiús – BALEARES
- Hugo Sanz – Valonsadero – CASTELA E LEÓN
- Félix Sanz – Aspe – COMUNIDADE VALENCIANA
- Raúl Hernández – Aspe – COMUNIDADE VALENCIANA
- Sara Llopis – Aspe – COMUNIDADE VALENCIANA
- Sara del Castillo – Club del Mar de San Amaro – GALICIA
- Inés Poncela – Club del Mar de San Amaro – GALICIA
CONVOCATORIA ESPAÑA EUROPEO SUB-17 POR EQUIPOS
O obxectivo, indican desde a Federación Española de Bádmintón, “é superar alcanzar os cuartos de final e loitar polas medallas contra rivais esixirán o máximo nivel como son Francia, Dinamarca, Polonia ou Ucraína”. O seleccionador é Manuel Vázquez.
Tras esa primeira fase chegará a quenda da competición individual (3–7 de decembro), onde ao bloque inicial sumaranse tres deportistas máis: Magno Salas, Noelia López e Gloria Rodríguez. “España buscará nesta modalidade romper coa seca de medallas dos últimos anos. Na edición de 2023, Mario Rodríguez e Rocío Martín rozaron o podio en dobres mixtos, seguindo o ronsel de anteriores xeracións que si lograron subir ao podio: Carolina Marín (ouro, 2009), Clara Azurmendi (bronce, 2014), Sara Peñalver (prata, 2016) e Tomás Toledano (bronce, 2017)”, explican desde a Federación Española de Bádmintón.
Sara del Castillo e Inés Poncela, na competición individual
Nesta competición individual do Europeo Sub-17 de bádminton, España estará representada en individual masculino por Hugo Sanz, Guillermo Muñoz e David Carvajal, mentres que en individual feminino haberá triplo acennto español con Sara del Castillo ( Club del Mar de San Amaro da Coruña ), Sofía García e Belén Soto.
En dobres masculino competirán as parellas formadas por Félix Sanz con Raúl Hernández e Guillermo Muñoz con Magno Salas. En dobres feminino farano Sara del Castillo con Inés Poncela ( as dúas do Club del Mar de San Amaroda Coruña ) e Noelia López con Gloria Rodríguez.
Finalmente, en dobres mixto estarán Félix Sanz xunto a Sara Llopis, Raúl Hernández con Belén Soto e Hugo Sanz con Sofía García.
O equipo estará dirixido por Manuel Vázquez, seleccionador nacional Sub17, co apoio de Ernesto García (director deportivo adxunto) e Bernat Amaya (staff FESBA).
CONVOCATORIA ESPAÑA EUROPEO SUB-17 INDIVIDUAL
Bos resultados no Belgian Junior 2025
A Selección Española de bádmintón pechou este domingo a súa participación no Belgian Junior 2025 cun balance moi positivo: dúas medallas de bronce e varias prazas de cuartos de final. Entre os protagonistas estivo o bádminton galego, que volveu demostrar a súa presenza no panorama internacional. Na cita estiveron as galegas Sara del Castillo e Inés Poncela que van ir ao Europeo Sub-17 con España.
No dobres masculino, a parella formada por Xoel Álvarez e Adrián Rodríguez avanzou con autoridade ata semifinais, onde se atopou cos grandes favoritos, os franceses Timeo Bourgin e Orphé Queton-Bouissou. Os galegos loitaron con intensidade pero non puideron superar aos números un do torneo, asegurando igualmente un bronce de moito mérito.
Ademais, Xoel Álvarez tamén estivo presente nos cuartos de final en dobres mixto xunto a Sara del Castillo, asinando un torneo moi completo e confirmando o seu nivel competitivo fronte á elite europea.
Cabe destacar tamén a participación de galega Inés Poncela que formou parte da expedición encabezada polo técnico Manuel Brea.
“Con estes resultados, o bádminton galego volve subir ao podio nunha proba internacional, reforzando o traballo da canteira e amosando que a nosa base segue a dar grandes froito”, apuntan desde Federación Galega de Bádminton.
Media ducia de galegos co equipo españolo Sub-13
- Álvaro Gómez (Vigo – Rosalía) – Sub 13, ano 2013
- Inés Lemos (Ponteareas) – Sub 13, ano 2013
- Telma Ruso (Vigo – Rosalía) – Sub 13, ano 2014
- Pablo Fernández (As Neves) – Sub 11, ano 2015
- Eva Lemos (Ponteareas) – Sub 11, ano 2015
- Suevia García (Ravachol, Pontevedra) – Sub 11, ano 2015





















