A futbolista do Dépor ABANCA Sara Debén foi sometida a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias que arrastraba na súa perna dereita, segundo informa a entidade herculina.
Explican desde os Servizos Médicos do RC Deportivo que se confirma no caso da deportista galega Sara Debén “unha lesión muscular no cuádriceps”.
Apuntan que por ese motivo a pontevedresa “Sara Debén estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”.
A futbolista pontevedresa pérdese polo tanto o arranque de liga do Dépor ABANCA que xoga o domingo 10 a partir das 11:00 horas contra o CE Europa no Estadio Nou Sardenya (Barcelona).