Sara Castro convértese no xogadora número 12 para o próximo curso do CB Arxil. A canaria, de 21 anos e 1,73 metros, promediou 2.4 puntos, un rebote e 0.6 asistencias en Estados Unidos coa universidade de Colorado da NCAA D1 no curso 17-18, onde chegou tras proclamarse campioa de España júnior co conxunto da entidade insular. O ano seguinte regresou ao Spar Gran Canaria, onde tamén xogou a pasada tempada, cun balance 326 minutos (sexta con máis minutos detrás das non españolas), 72 puntos, 38 rebotes e acadando unha valoración de 61.

Sara achegará polivalencia ao equipo que dirixe Maite, xa que pode xogar nas posicións de base, escolta e alero, como xa demostrou na súa recente etapa universitaria. Ten un bo lanzamento exterior e está cualificada para axudar a Carla e a Aldara na dirección do xogo do seu equipo, así como para culminar as accións ofensivas grazas á súa verticalidade e agresividade encarando o aro.
O gran traballo feito por Sara foi clave no seu equipo para lograr o obxectivo da permanencia na tempada 18-19 e o ascenso na 19-20, que ademais foi recompensado cunha merecida convocatoria para a pre-lista do Eurobasket Sub-20.
https://twitter.com/ArxilCb/status/1295299329142468608?s=20
A pesar da súa curta idade, Sara Castro soubo aproveitar a súa estancia na Universidade de Colorado para madurar como xogadora, ademais de converterse nun portento físico cunha capacidade de traballo inesgotable e que sempre está ao servizo do grupo.
Sara Castro ten claras as súas meta para o próximo ano
A base comentou que o seu principal obxectivo é o poder facer unha boa tempada, xa non tanto a nivel de números, senón en canto a poñer toda a actitude e a loita sobre a cancha, mellorar en defensa e o tiro, ademais de converterse nun apoio para o resto das súas compañeiras e para Maite. “A nivel colectivo penso que o principal obxectivo debe ser o de clasificarse para disputar a Fase Final de Ascenso e poder pelexar por subir a Primeira División”, engadiu a xogadora canaria.