Nova etapa no Universitario Ferrol coa elección dunha nova directiva para o próximos catro anos, na asemblea extraordinaria que se celebrou esta semana. O presidente será Santi Rey.
Despois de que o fundador do club e presidente nos últimos anos, Leopoldo Ibáñez, decidise deixar o cargo, abriuse un período electoral, no que se creou unha única candidatura, na que a metade dos seus integrantes xa formaban parte do club, mentres que a outra metade son novos, según informa a entidade ferrolá.
Despois de barallar distintas opcións, determinouse que o novo presidente do club sexa Santi Rey, que estará acompañado na súa xunta por:
- Manu Caínzos, secretario.
- Roberto Vizoso, tesoureiro
- Manoli Saavedra, vogal.
- Marcelino Fernández, vogal.
- Raquel López, vogal.
- Emilio López, vogal.
- Paula Fernández, vogal.
- Kiko Pereira, vogal.
- Almudena Marcos, vogal.
- Mario Martínez, vogal.
- Edu Hermida, vogal.
Informan desde o Baxi Ferrol que o novo equipo directivo “ponse a traballar xa para tratar de facer un club máis forte nun ano no que terán que facer un traballo extra por todos os protocolos que hai que cumprir tanto co primeiro equipo como coas categorías de base debido ao coronavirus”.
Na asemblea agradeceuse: “O gran traballo realizado en todos estes anos por Leopoldo Ibáñez, fundador do club e un dos artífices de que haxa baloncesto feminino de nivel na cidade”.
As aspiracións da nova xunta do Universitario Ferrol liderada por Santi Rey
Desde a nova xunta directiva, liderada na presidencia por Santi Rey, explícase que esperan poder facer “un club máis participativo e aberto a toda a comarca e tratar de mellorar en moitos aspectos para fortalecerse de face ao futuro, coa vista posta en que o primeiro equipo poida dar o salto á máxima categoría do baloncesto nacional”.
Na asemblea agradeceuse “o gran traballo realizado en todos estes anos por Leopoldo Ibáñez, fundador do club e un dos artífices de que haxa baloncesto feminino de nivel na cidade de Ferrol”.