• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Hoquei

Santi Martínez: “O Vila-Sana é un equipo moi forte pero confío plenamente en que poderemos puntuar”

O HC Borbolla visita ás líderes, unha pedra que terán que superar no seu camiño cara a permanencia na Ok Liga

Silvia Carregal por Silvia Carregal
19/02/2021
en Hoquei, Máis Deporte, Sobre rodas
Santi Martínez da instrucións ás xogadoras do HC Borbolla / SABELA MOSCOSO

Santi Martínez da instrucións ás xogadoras do HC Borbolla / SABELA MOSCOSO

114
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A pugna do HC Borbolla de Santi Martínez por acadar a permanencia na Ok Liga non fixo máis que empezar, aínda que fose con bo pé. Cada semana agarda ás tomatitas unha partido que vivirán como unha final. O de hoxe sábado, 20 de febreiro, as leva a terras catalás para medirse a partir das 20:00 horas coas líderes do grupo que loita por quedar na elite, o CP Esneca Vila-Sana. Arbitrarán o encontro os colexiados Alan Navarro Mir e Josep León Ruiz (auxiliar). 

Santi Martínez, adestrador das galegas, confirma que non ten baixas para este cruce, aínda que “Edén estivo toda a semana con molestias nunha perna. Pero ao final, entrou na convocatoria”, di o técnico coruñés. A cancerbeira local fixo unha grande actuación na portaría pese a estar parte do partido sufrindo xa estas molestias que lle deron a lata tamén durante o traballo semanal.

Teresa Martínez atende a Eden Avecilla porteira do HC Borbolla / SABELA MOSCOSO
Teresa Martínez con Edén Avecilla porteira HC Borbolla / SABELA MOSCOSO

Edén Avecilla é unha porteira moi nova que pasou previamente pola canteira do HC Liceo e que agora viste a elástica das de Monte Alto. Pese a non ser a titular baixo paus, todas as veces que lle tocou defender a portaría do HC Borbolla conseguiu asinar unha boa actuación e confirmar que é unha clara opción de futuro para o cuadro herculino.

Aínda así, a calidade e a experiencia de Fernanda Tapias, farán que, previsiblemente, a chilena regrese a esa demarcación neste cruce coas primeiras clasificadas.

Na primeira fase da competición o CP Esneca Vila-Sana non foi un equipo doado de batir. Encaixaron poucos goles. En total, so 28. Polo que, a priori, será complicado para as coruñesas perforar a meta rival. Así o confirmaba Santi Martínez, que detallaba que, na súa opinión, “sí, vai ser difícil que encaixen un gol. É un equipo moi ordenado, cunha gran defensa e ao mesmo tempo con moito gol. Pero a estas alturas da competición, temos que intentar puntuar en todas as pistas”, advertía o míster das coruñesas.

Líderes e intratables

O CP Esneca Vila-Sana ocupa a praza de líder con 21 puntos. Arrastrou da fase primeira da competición un pleno de seis trunfos outros tantos partidos e logo de gañar tamén o seu primeiro cruce desta fase (1-4) ao CP Alcorcón, atesora un golaverage global a favor de 42 tantos e suma xa sete vitorias.

Club Patí Esneca Vila-Sana / CP VILA-SANA FB
Club Patí Esneca Vila-Sana / CP VILA-SANA FB

No caso do HC Borbolla, a vitoria da pasada semana diante do Igualada Feminí HCP supuxo un auténtico paso adiante para tomatitas. Subiron na clasificación até a quinta praza. Suma agora nove puntos froito de tres trunfos e conta con tantos goles a favor como en contra (18). Neste momento da Ok Liga, o equipo coruñés está a un punto dos postos que outorgan a salvación, pero toda a táboa está moi igualada, a excepción, precisamente do seu contrincante desta semana, o CP Esneca Vila-Sana que parece o único ao que todo selle tería que dar moi mal para que non conseguise manter a categoría un ano máis.

Santi Martínez: “Temos que facer un partido moi completo para puntuar”

O adestrador do HC Borbolla sabe que as súas pupilas visitan unha cancha das máis difíciles e avisa: “O Vila – Sana é un equipo moi forte. Este ano todo o mundo contaba con elas para loitar polos postos de arriba”, lembra o técnico.

Con todo, Santi Martínez confía nas posibilidades do Borbolla e plantea que aínda sabendo da complicación do rival “coido que temos as nosas opcións para acadar algo positivo se somos quen de marcar o ritmo do partido e estamos moi concentradas desde o inicio”, puntualiza.

Santi Martínez, técnico do HC Borbolla: “Este ano todo o mundo contaba co Vila-Sana para loitar polos postos de arriba”

Na opinión do entrenador do HC Borbolla: “Sabemos que debemos realizar un partido moi completo para poder puntuar, pero confío plenamente en que poderemos facelo aínda sabendo que será un partido complicadísimo”, matiza o preparador coruñés.

Xa o avisaba tras o partido co Igualdada: “Todos os partidos serán autenticas finais para seguir na loita e ter a posibilidade de lograr a ansiada permanencia na OK Liga Feminina”.

Etiquetas CP Esneca Vila-SanaHC BorbollahoqueIgualadaSanti MartínezVila-Sana
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

HC Deportivo Liceo en Riazor / SABELA MOSCOSO

Táboas do Liceo co Vila-Sana en Riazor (2-2)

por Redacción As Nosas
12/03/2023
0

  As segundas clasificadas, o CP Vila-Sanam visitaban Riazor e o HC Deportivo Liceo sabía que tería ante si un...

Control de hoquei a patíns da / FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

A Federación Galega de Patinaxe convoca a 28 deportistas para un control de hoquei a patíns no arranque de 2023

por Redacción As Nosas
29/12/2022
0

  Un total de 28 xogadoras están convocadas o primeiro luns do ano para unha actividade de control de hoquei...

Selección Galega hoquei coa seleccionadora Ainhoa García / FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Ainhoa García convoca a 14 patinadoras para dous adestramentos de hóquei a patíns da Selección Galega

por Redacción As Nosas
29/11/2022
0

  Ainhoa García, seleccionadora galega feminina de hóquei a patíns citou á 14 deportistas para dous controis de adestramento que...

Bea Gaete e María Sanjurjo, xogadoras do HC Liceo / SABELA MOSCOSO

Remontada final do Liceo na cancha do Igualada

por Redacción As Nosas
22/05/2022
0

  A loita ata o último suspiro que caracteriza o xogo do HC Deportivo Liceo viviu un novo capítulo en Les...

Xogadoras liceístas do Hockey Club Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO

Visita liceísta ao Igualada

por Redacción As Nosas
21/05/2022
0

  Sen presión e sen nada en xogo. Os finais de tempada sempre son máis tranquilos cos deberes listos. É...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
A Xunta pide un "trato igualitario" para os padexeiros galegos Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo "ante as situacións inxustas que están a vivir" dentro do piragüismo / XUNTA DE GALICIA

A Xunta pide un “trato igualitario” para Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo ante “as situacións inxustas que están a vivir” no piragüismo

09/07/2025
Jéssica Bouzas cae en oitavos de final / WIMBELDON

Jéssica Bouzas cae Wimbledon en oitavos de final ante Liudmila Samsonova

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.