Antes do cruce co Areces Ecopilas Asturhockey, Santi Martínez, adestrador do HC Borbolla, advertía que o rival era un equipo irregular, pero que era capaz de todo e que corría moito. Apuntaba como unha das chaves do partido o feito de ser as galegas as que marcasen o ritmo do encontro. Non aconteceu así, por momentos o cruce entre as de Grado e as coruñesas foi un correrrúas con idas e vidas dunha portaría a outra.
Así e todo, o resultado final foi favorable ás herculinas do HC Borbolla que ao impórse por 4-1 durmían en postos de salvación, esos que tanto ansían para poder competir a próxima tempada, novamente, na Ok Liga Feminina.
Pese a que non contaban con elo (técnico o recoñece nesta conversa “Non creo que ao final desta xornada sigamos terceiras”), o certo é que logo de terse disputado a xornada completa, as galegas seguen a ocupar a terceira praza da táboa cun punto de vantaxe sobre o CP Vilanova, as súas inmediatas perseguidoras e, xustamente, as próximas rivais que deberán visitar na súa cancha en Cataluña as tomatitas.
O equipo de redacción de As Nosas, falou con Santi Martínez, entrenador do HC Borbolla xusto despois do partido contra do Areces Ecopilas Asturhockey e antes de se coñecer os resultados desta terceira xornada da fase pola salvación. Este foi o resultado da entrevista:
As Nosas: Custou conseguir ese 4-1 máis do que parecería polo resultado, non si?
Santi Martínez: Todos os partidos desta segunda fase son moi igualdados. O 4-1 foi por ter estado máis atinadas cara a gol, pero o partido estivo moi igualado, con moita loita…
Sabíamolo. Sabíamos que eran un equipo que loita moitísimo e que gostan de correr. Pero non fomos quen de impór o noso xogo que é máis pausado. Pero bueno, ao final conseguimos gañar que é o importante. Eran puntos que había que ganar si ou si.
As Nosas: Esta vez si fóstes quen de anotar penalties e faltas directas, non sempre é así.
Santi Martínez: Conseguimos os rexeitamentos. O certo é que levamos unha boa dináimca coas faltas con Fernanda Muñoz, que estaba acertada, cos penalties no caso de Bea Varzea, pero bueno, non é unha eiva so nosa. Os tiros directos e os penalties erranse moitísimo, incluso os fallan equipos dos da parte de arriba da clasificación.
Santi Martínez: “Dependemos de nós mesmas”
As Nosas: O certo é que con este trunfo, durmides en postos de salvación polo menos esta noite…
Santi Martínez: Dependemos de nós mesmas xa que, se gañamos todos os partidos (ao ter que xogar contra delas) a salvación realmente depende de nós. Pero non creo que ao final da xornada desta fin de semana sigamos sendo terceiras.
O que si conseguimos é seguir aí, podemos quedar a un punto ou dous. Incluso poeríamos quedar de terceiras esta xornada…
O caso é que isto demostra que estamos aí, e que a salvación non é unha quimera. Co que están medrando estas rapazas podemos chegar a manternos. A ver se conseguimos!
Resultados colleitados na terceira xornada no grupo pola permanencia da Ok Liga Feminina
- 4-1 Hockey Club Borbolla vs Areces Ecopilas Asturhockey
- 7-3 Garatge Plana Girona CH vs Igualada Feminí HCP
- 1-2 ENE Oposiciones Cuencas Mineras vs CP Esneca Vila – Sana
- 4-3 CP Alcorcón vs CP Vilanova
Na seguinte xornada as xogadoras do HC Borbolla poderán afinanzarse na terceira posición descencer na táboa, xa que se enfrontan ao CP Vilanova que son as cuartas clasificadas, cun punto menos cas galegas. O partido está previsto para disputarse o sábado 6 de marzo ás 20:30 horas en Vilanova. O outro conxunto que podería coller ás galegas na vindeira xornada é o CP Alcorcón, que ten dez puntos.
O catro partidos da cuarta xornada deste grupo pola permanencia na Ok Liga Feminina son os seguintes:
- Sábado 06/03/2021 – 20:00 – CP Esneca Vila – Sana vs Garatge Plana Girona CH
- Sábado 06/03/2021 – 20:30 – CP Vilanova vs HC Borbolla
- Domingo 07/03/2021 – 12:00 – Areces Ecopilas Asturhockey vs ENE Oposiciones Cuencas Mineras
- Domingo 07/03/2021 – 12:15 – Igualada Feminí HCP vs CP Alcorcón
Soño tranquilo para o HC Borbolla logo de vencer ao Areces 4-1