O Poio Pescamar fixo pública a renovación da porteira Sandra Buzón. Na entidade conserveira explican que “se ben o traballo defensivo é parte de todo o equipo, estábamos obrigados a manter ás dúas porteiras que estableceron o récord de menos goles encaixados da nosa historia. Sandra Buzón Camus, de 26 anos, repetirá como conserveira despois dun ano magnífico, no que incluso debutou como internacional coa selección española”.
No Poio Pescamar consideran que a “alternancia en portería” de Buzón “con Elena foi perfecta, servindo a ambas para mellorar o seu rendemento. Incluso marcou dos goles”.