• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte

Guillermo Sande: “A aposta polo ciclismo feminino diferencia a esta Selección”

Seleccionador de Galicia de Ciclocrós apunta alto de cara ao Campionato de España: "Somos unha das potencias no ciclocrós e sempre imos estar loitando polas medallas"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/01/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Guillermo Sande, seleccionador galego de ciclocrós

Guillermo Sande, seleccionador galego de ciclocrós

200
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Guillermo Sande, seleccionador de Galicia de ciclocrós fala da situación desta modalidade deportiva en Galicia.

O adestrador destaca a aposta polo ciclismo feminino e pon en valor o crecemento que tivo nos últimos anos no caso do ciclocrós. Matiza que, sen ter unha “ciclista súper gañadora, hai rapazas cadetes que de seguir así van darnos moitas alegrías. Sen esquecernos, obviamente, de que nas sub-23 temos a Irene Trabazo, malia que non corre coa Selección, e a Carla Fernández, que estará coa Selección e xa ten unha licenza sub-23 UCI”.

Seleccionador de Galicia de Ciclocrós apunta alto, nesta entrevista facilitada pola Federación Galega de Ciclismo,  de cara ao Campionato de España desta modalidade ciclista: “Somos unha das potencias no ciclocrós e sempre imos estar loitando polas medallas”.

Guillermo Sande, seleccionador galego de ciclocrós
Guillermo Sande, seleccionador galego de ciclocrós

-Con que expectativas encara a selección anfitrioa o Campionato de España de Ciclocrós?

– Guimermo Sande: A nivel xeral, temos boa calidade de corredores en todas as categorías, pero os Campionatos de España son complicados. É unha proba de 50 minutos na que pode pasar calquera cousa. Trátase dunha carreira dun día, non é a Copa de España. Podes ser o gañador da xeral da Copa e no Campionato custarte moito estar entre os oito primeiros.A nosa ilusión é manter o nivel e conseguir o maior número posible de medallas.

– Atrévese cunha cifra de presenzas da Selección de Galicia no podio?

– G.S.: Somos unha das potencias no ciclocrós e sempre imos estar loitando polas medallas. Deberíamos conseguir seis, como mínimo. A Selección é boa. A principal diferenza respecto a anteriores seleccións é a participación feminina, que esta vez é moi numerosa.

Campionato de España de Ciclocrós: “Somos unha das potencias no ciclocrós e sempre imos estar loitando polas medallas”

– Dezaseis rapazas citou entre cadetes, juniors e sub-23.

– G.S.: Si,baixo a miña responsabilidade apostamos polo ciclismo feminino ao cen por cen. O ciclismo feminino subiu nos últimos anos enormementeno ciclocrós.Nas probas loitan pola vitoria e despois divírtense xuntas. Iso tamén hai que valoralo. Non temos unha ciclista súper gañadora, pero hai rapazas cadetes que de seguir así van darnos moitas alegrías. Sen esquecernos, obviamente, de que nas sub-23 temos a Irene Trabazo, malia que non corre coa Selección, e aCarla Fernández, que estará coa Selección e xa ten unha licenza sub-23 UCI.

– Cales son as principais opcións de medallas? 

– G.S.: Cadetes, juniors e na carreira sub-23 feminina podemos estar loitando. Tamén temos a algún máster que o vai facer ben.

– E a sorpresa positiva?

– G.S.: Nas rapazas cadetes non tivemos moita sorte na Copa de España e creo que aquí vanse conxugar varios factores para que as nosas rapazas estean loitando coas primeiras.

“Nas rapazas cadetes non tivemos moita sorte na Copa de España e creo que aquí vanse conxugar varios factores para que as nosas rapazas estean loitando coas primeiras”

– Galicia asinou en Pontevedra un papel sobresaínte no 2019. Está o listón moi alto?

– G.S.: O ano pasado e este son cousas totalmente diferentes. Moitos corredores cambiaron de categoría. Por exemplo, na proba sub-23 masculina vai estar máis complicado a nivel de Selección porque os galegos Iván Feijoo e Carlos Canal van correr cos seus equipos. Nesa categoría quédanos a opción de Adrián Barros, que o ano pasado tivo un problema cunha zapatilla cando pelexaba por subir ao podio. Este ano non está ao cen por cen, pero pode estar aí loitando porque é un rapaz que vai rápido. Cada ano é diferente e, ademais, este ano cambia o percorrido.

– Que pode provocar ese cambio de sentido no circuíto?

– G.S.: Iso ten unha peculiaridade, a de ir no sentido inverso ao das agullas do reloxo. A maioría dos rapaces e das rapazas son destros e todas as habilidades están tiradas sempre cara o lado dereito. A nivel de dureza vai ser exactamente o mesmo. Quizais, onde antes había unhas zonas técnicas agora vai cambiar un pouquiño. Haberá que trazalas de forma diferente.

– Como se explica o rexurdimento do ciclocrós en Galicia?

– G.S.: A Federación Galega está apostando polo ciclocrós e tamén todos os clubs que organizan probas. Montar un evento de ciclocrós dá moito traballo. A min gustaríame que se valorase o traballo de toda esa xente que fin de semana se e fin de semana tamén se meten no campo e no monte, cravan estacas, poñen as cintas… Fano o mellor que poden para organizar a proba do seu club. Grazas a eles e aos equipos temos este actual nivel de corredores.

Etiquetas ciclismociclocrosGaliciaseleccionador
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación Mini BTT de Abegondo / CONCELLO DE ABEGONDO

Abegondo reunirá a máis de 300 pequenos de toda Galicia na segunda edición do seu Minis BTT

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Abegondo converterase o sábado 18 de xuño na capital galega da bicicleta de montaña. O Concello e o club ciclista...

Galicia, fútbol sala / FUTGAL

A Galicia cae ante Cataluña no amigable entre seleccións absolutas de futsal disputado en Lugo (1-3)

por Redacción As Nosas
04/07/2026
0

Non puido ser. A Selección de Galicia absoluta feminina de fútbol sala despediuse de Lugo cunha derrota ante Cataluña no choque...

A ciclista galega Alejandra Neira no Campionato de España en liña 2026 / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira fai dobrete ao gañar a proba en liña e a contra o reloxo do Campionato de España na categoría junior

por Redacción As Nosas
26/06/2026
0

Alejandra Neira partía coma favorita no Campionato de España que se celebrou en Sabiñánigo e non defraudou. A ciclista galega...

Alejandra Neira no podio como campioa júnior de España contra o reloxo / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira triunfa na contra o reloxo junior do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

Alejandra Neira revalidacou con enorme autoridade as súa camisola de campioa de de España júnior na proba contra o reloxo...

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

A Coruña acolle este domingo 28 o Día da Bicicleta, unha marcha familiar, sostible e solidaria na que o Concello colabora coa asociación Agaxorde

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Concello da Coruña colabora coa Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde) na organización da nova edición do Día da...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.