• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Manu Sánchez: “Non imos baixar os brazos en ningún momento”

O adestrador do Dépor ABANCA atopa aspectos positivos no espírito loitador das xogadoras na que é a sétima derrota das branquiazuis

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/11/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Manu Sánchez, adestrador do RC Deportivo ABANCA, na sala de prensa Cidade Deportiva Abegondo / SABELA MOSCOSO

Manu Sánchez, adestrador do RC Deportivo ABANCA, na sala de prensa Cidade Deportiva Abegondo / SABELA MOSCOSO

86
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

“Non imos baixar os brazos en ningún momento, as xogadoras non o fixeron nunca. Elas son as que nos van sacar disto e son capaces de facelo. Non teño ningunha dúbida”. Así resume Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA, a súa fe cega nas xogadoras branquiazuis, malia acumular xa sete derrotas e ningún punto, no que vai de Primera Iberdrola.

Os resultados non acompañan ás deportivistas. Con todo, Sánchez incide na importancia de que as futbolistas crean “nas súas posibilidades, porque as hai, son reais”. Para o adestrador, a clave para rematar esta mala racha pasa pola mentalidade das xogadoras “que ao final son as que saen ao campo a defender o noso escudo. Teño plena confianza en todas e cada unha delas e así o estamos a transmitir. Temos que seguir confiando porque o acerto poder aparecer ou non, pero o talento non desaparece e aquí hai talento”, declarou contundentemente.

Uns inicios “complicados”, en palabras de Sánchez

Este inicio de tempada “complicado”, que non delicado, en palabras do técnico, ten de todas formas aspectos positivos. O principal é o “espirito de loita que ten o equipo, de tirar cara adiante malia as adversidades. Non perder a fe”, características que definen ao sello de identidade do Dépor ABANCA.

Sen dúbida, se este vestiario se caracteriza por algo, é pola súa unidade. Manu Sánchez ten moi claro que o seu traballo “é tratar de guialas, de provocar os escenarios máis favorables para elas e confiar cegamente nelas. Isto será así ata o final, en min non van ter nunca nin un inimigo, nin un ditador. Van ter a alguén que sempre vai apoiar e sumar”.

Sánchez admite que a psicoloxía inflúe, pero entende que os erros “non se poden analizar dunha forma tan abstracta. Os erros son evidentes, estamos a cometer reiteradamente certas situacións no campo que son as que nos penan. Eso o saben as xogadoras, está valorado e é o que temos que arranxar. Sería moi sinxelo pola nosa parte aludir á cuestión mental, que inflúe, pero non é o principal. O principal é o verde e o traballo das xogadoras nel”.

Sete intentos de remontada que fracasaron

Unhas das principais pedras no camiño que están a sufrir as xogadoras son os goles tempraneiros. “Estamos a xogar todos os partidos practicamente desde os primeiros minutos tratando de facer unha remontada”, analiza Sánchez. Unha dificultade que está a marcar o desenvolvemento dos encontros xa que “é imposible xogar sete partidos tratando de remontar un resultado desde o inicio. Temos que tratar de cortar esa sangría de que nos marquen goles ao inicio ou tratar de marcar nós antes”.

Ademais, a esta mala sorte nos primeiros minutos súmase a dificultade de prepararse ante este tipo de situacións. “Cando preparase un partido o preparas completo, non tratando de evitar que marquen no inicio. Este é un tema de concentración e acerto” reflexiona Sánchez.

Foi o caso do último encontro, fronte ao Levante, cando o Dépor ABANCA recibiu un gol no minuto tres e outro no nove. “O primeiro gol é unha acción que sabemos que pode acudir e qué facer para evitalo, niso é no que temos que incidir. O segundo gol foi de rechace, algo que é difícil de plantexar para evitalo. Hai que incidir na concentración e evitar estas ocasións para que non se den. A semana pasada contra o Sevilla o logramos pero nista non foi así”, analiza Sánchez.

O técnico deportivista admite que o plantexamento inicial do equipo estaba deseñado para un tipo de xogo moi específico que non está a funcionar así que “agora estamos traballando para conseguir outro tipo de obxectivos e comportamentos no campo que nos costan, porque se saen bastante da nosa esencia”.

Sánchez admite que queda traballo por facer neste aspecto e que “todo é mellorable, temos que facer moita autocrítica, o primeiro eu, e modificar esas actitudes que temos ante diversas accións que non estamos acostumadas a recibir”. A Liga cambiou respecto a outras tempadas, xa que este curso é “moi intensa e moi física”, así que este é outro aspecto para ter en conta á hora de adestrar.

Os erros repetíronse contra o Levante

A derrota fronte ao Levante rematou cun catro a un a favor das locais. Con todo, Sánchez móstrase contento co esforzo das súas xogadoras “con catro goles en contra dun dos maiores orzamentos da categoría, o equipo acabou chegando á area rival. Iso é o que temos que seguir reforzando”, declarou.

A idea inicial do técnico branquiazul era a de lograr solidez e seguridade na liña de defensa utilizando a tres centrais. Desta forma, a idea era que se facilitase a saída de balón, pero o equipo non o logrou. “O plantexamento do partido viuse abaixo en 8 minutos, pero decidimos non tocar nada ata o descanso porque podía ser máis perxudicial para as xogadoras. Co marcador en contra é difícil avaliar e valorar o traballo e que as propias xogadoras se decaten do que están a facer ben”, explica Sánchez.

O técnico deciciu non trocar a ningunha xogadora ata o minuto 65, cando cambiou a Michelle Romero por Helena, debido a que o adestrador entende que “desde o banquillo pode dar a impresión de que hai que trocar moitas cousas e a percepción das propias xogadoras no partido é diferente. O que tentábamos era reforzar a súa mentalidade, o traballo que estaba previsto facer e que non deu froitos ao principio”.

Preguntado pola exclusión de Iris Arnaiz do once inicial, o adestrador aclarou quese tratou dunha decisión técnica, e que “as xogadoras saben cando e porqué xogan ou non. Non hai ningún tipo de problema extradeportivo ou persoal. O que tente buscar ese tipo de argalladas no Dépor ABANCA non as vai atopar, porque imos todos a unha”.

Xa poñendo a mirada no próximo rival, o Atlético de Madrid, Sánchez insiste en que a importancia para o seu equipo agora mesmo pasa por puntuar, independentemente do equipo ao que se enfronten. “Estamos ante un dos grandes da categoría, pero temos que ir a polo partido como se non fose así. Para nós é máis importante sumar puntos que preocuparnos pola entidade do rival que teñamos enfronte. Temos que facelas crer (ás xogadoras herculinas) que é posible, que este tipo de cousas xa as fixemos, non é algo novo para nós. Temos que saír o domingo a polos tres puntos. Non hai máis”. O Atlético visitará ABANCA Riazor o domingo, 22 de novembro, ás 16:15 horas.

Etiquetas ABANCA RiazorAtlético de MadridDépor ABANCALevante UDLiga Iberdrola FútbolManu SánchezPrimera Iberdrola
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Kevin Cabado / RCD

Kevin Cabado considera que no RC Deportivo hai unha “aposta clara e decidida polo fútbol feminino”

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, fixo balance da temporada 2024-25, renovacións, incorporacións e obxectivos foron algúns dos temas...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA arrinca a Liga F na última fin de semana de agosto de 2025

por Redacción As Nosas
14/06/2025
0

  O Dépor ABANCA comezará a Liga F a fin de semana do 30 e 31 de agosto segundo o...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA continuará na elite do fútbol feminino nacional

por Martín Pais
11/05/2025
0

  O Dépor ABANCA continuará a vindeira tempada onde merece estar: na elite do fútbol feminino nacional, tras un empate...

Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA deixa escapar tres puntos nun encontro no que mereceu máis

por Martín Pais
26/04/2025
0

Comezaron dominando, e así continuarían os seguintes 45 minutos. O Dépor ABANCA saiu a desputarlle o balón a un Granada...

Elena Vázquez, subcampioa do Mundo de fútbol Sub-17 con España / RFGF

A futbolista de Carballo Elena Vázquez, subcampioa do Mundo coa Selección Española Sub-17

por Redacción As Nosas
04/11/2024
0

  A zagueira galega Elena Vázquez proclamouse subcampioa do Mundo coa Selección Española de fútbol Sub-17. A futbolista milita no...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Almudena Quereda, prata nos 3.000m na Copa do Mundo de natación adaptada en augas abertas / CONCELLO DA CORUÑA

Almudena Quereda, prata nos 3.000 metros na Copa do Mundo de natación adaptada en augas abertas

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Almudena Quereda, prata nos 3.000m na Copa do Mundo de natación adaptada en augas abertas / CONCELLO DA CORUÑA

Almudena Quereda, prata nos 3.000 metros na Copa do Mundo de natación adaptada en augas abertas

22/06/2025
Presentación da Liga Galega de Traiñeiras / LIGA LGT

Preto de 30 equipos competirán na Liga Galega de Traiñeiras

21/06/2025
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

20/06/2025
Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

A internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, nova oposta do CV Arenal Emevé

18/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.