• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Manu Sánchez: “É un momento difícil, pero hai que asumilo con valentía”

O entrenador do Dépor ABANCA aposta por “seguir traballando” para revertir os malos resultados | Reflexionou sobre as últimas derrotas do equipo, e declarouse “forte e tranquilo” para mudar a situación

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
23/11/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Manu Sánchez, adestrador do RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Imaxe de arquivo de Manu Sánchez en Riazor durante o RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

0
COMPARTIDOS
47
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O entrenador do Dépor ABANCA, Manu Sánchez, atópase “forte e tranquilo” para enderezar os malos resultados que o equipo colleita na última tempada. Cuestionado polas derradeiras derrotas nos partidos – saldadas onte con oito goles do Atlético de Madrid fronte a un acerto coruñés-, o responsable asegurou non sentirse “cuestionado” senón “con ganas de revertir a situación” e “seguir traballando para modificar moitas cousas”.

O técnico Manu Sánchez indicou que “ten que haber un punto de inflexión no campo”, e que non é tempo de “buscar escusas”. “Isto é fútbol estamos na élite e é o momento de tratar isto como se merece. É o momento de ser duros, eu o son comigo mesmo moitísimo e hai que ser claros coas xogadoras”, afirmou.

Manu Sánchez, adestrador do RC Deportivo ABANCA: “Ten que haber un punto de inflexión no campo. Non é tempo de buscar escusas”

Na liña de asumir o declive na traxectoria deportiva de As Nosas deportivistas, Sánchez foi o primeiro en entonar o mea culpa. “Se os resultados non chegan, está claro que a primeira mirada vai sempre cara o banco. Nese sentido, eu estou tranquilo. Estou moi orgulloso da xente que está a traballar comigo, porque somos os nosos maiores críticos”, dixo o entrenador.

Reparar a “fraxilidade defensiva global”

Nin el nin o equipo, admitíu, estiveron “á altura nin do escudo, nin da categoría que estamos a xogar”. O período de calma que se abre agora será o campo de traballo para “reflexionar” sobre as estratexias a levar a cabo, enfocadas en “mirar a competición de verdade” e reparar unha “fraxilidade defensiva global” do grupo que “non é propia”.

Manu Sánchez, adestrador do RC Deportivo ABANCA: “Non estivemos á altura nin do escudo, nin da categoría que estamos a xogar”

“Tanto eu como elas mesmas ganáronse a pulso o crédito que temos hoxe. De feito, este ano non estamos a ver a ningún dos equipos recén ascendidos achegarse aos números que fixemos nós o ano pasado, e iso non é casualidade”, apuntou nese sentido o técnico, que lembrou que a que vive agora mesmo o RC Deportivo ABANCA é “unha situación que pode darse no fútbol”, pero que “ten outra cara á que temos que tratar de chegar”.

Incorporacións recentes como a de Eva Dios, que o técnico festexou na rolda, poden ser un paso no camiño. Sánchez asegurou atoparse “moi contento” coa centrocampista, á que considerou un reforzo necesario ante as frecuentes “lagunas en moitas posicións do equipo”.

Os seguintes pasos

O técnico recoñece que “agora mesmo” o equipo recibiría “ben calquer reforzo”, pero decántanse por detectar “os erros e atacalos, porque é imposible que poidamos mudar ás 22 xogadoras”. O período de traballo ao que se enfrontarán as deportistas nas próximas semanas vén xa precedido doutro de cambios que Sánchez tildou de “drásticos”, e que desembocaron “nunha semana totalmente atípica na que o que buscábamos era que estiveran cómodas, cun ambiente de traballo pero distentido”.

Manu Sánchez, entrenador do Dépor ABANCA: “Recibiríamos ben calquer reforzo, pero o que hai é que detectar os erros e atacalos, porque é imposible que poidamos mudar ás 22 xogadoras”

A estratexia non producíu o desenlace agardado, pero o entrenador desbota que se trate dun “problema de concentración”. “Que non cheguen os resultados xera ansiedade, pero está claro que o primeiro problema témolo co balón. É un momento difícil, pero hai que asumilo con valentía”, engade.

Na liña de reverter a situación con traballo e dedicación, a plantilla deportivista adestra esta tarde ás 17:30 horas na Cidade Deportiva de Abegondo. 

O conxunto branquiazul non ten competición liguera na Primeira Iberdrola. A vindeira cita das deportivistas será o domingo 6 de decembor en Eibar.

Etiquetas DéporDépor ABANCAfútbolManu SánchezRC DeportivoRCD
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

PM Friol / FRIOL

Periga a permanencia do Friol na Reto Iberdrola?

por Carmen G. Mariñas
14/01/2021
0

  Unha tempada irregular estase a traducir en sensacións irregulares para o Peluquería Mixta Friol. As galegas compiten nunha Liga...

A Real Federación Galega de Fútbol repartiu test para detectar a COVID/ FUTGAL

A Federación Galega pon en valor o papel do fútbol no cribado da COVID en Galicia

por Redacción As Nosas
14/01/2021
0

  A Real Federación Galega de Fútbol, e en xeral o fútbol galego,"están a colaborar de maneira directa e decidida...

O Dépor ABANCA volve ao traballo / RCD

O Dépor ABANCA volve á normalidade

por Redacción As Nosas
13/01/2021
0

  A corentena dunha quincena de xogadoras do Dépor ABANCA chega ao seu fin para a maioría. Despois de verse...

José Manuel González, novo adestrador do PM Friol / FRIOL

O Friol xa ten novo adestrador: José Manuel González

por Redacción As Nosas
12/01/2021
0

  Case un mes despois da destitución de Abraham García como técnico do Peluquería Mixta Friol, o equipo lucense xa...

Madrid CFF vs Dépor ABANCA / RCD

A RFEF confirma o adiamento do partido do Dépor ABANCA ante o Rayo Vallecano

por Redacción As Nosas
12/01/2021
0

  Por segunda vez, o partido entre o Dépor ABANCA e o Rayo Vallecano ten que ser adiado. A recuperación...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Segundo gol do Viaxes Amarelle FSF ante o Ourense Envialia (2-3) / SABELA MOSCOSO

O Ourense Envialia lévase o duelo entre galegas diante dun correoso Viaxes Amarelle (2-3)

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Segundo gol do Viaxes Amarelle FSF ante o Ourense Envialia (2-3) / SABELA MOSCOSO

O Ourense Envialia lévase o duelo entre galegas diante dun correoso Viaxes Amarelle (2-3)

17/01/2021
Carlos Cantero puido dar minutos a xogadoras moi novas como Yashina Lebron, Paula Hoyuelos e Maite Franco / ENSINO LUGO

Exhibición do Ensino diante do Casademont Zaragoza (88-55)

16/01/2021
Dez asociacións que traballan en prol da inclusión social utilizan na actualidade as instalacións deportivas municipais / CONCELLO DA CORUÑA

O deporte como ferramenta de inclusión social

16/01/2021
Támara Echegoyen e Paula Barceló no Mundial de Geelong / RFEV

Támara Echegoyen e Paula Barceló prepáranse para Tokio en Lanzarote

16/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.