• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Manu Sánchez: “É o momento de demostrar que non somos o equipo que di a táboa”

Despois do parón de seleccións, o Dépor ABANCA volve á competición fronte ao Eibar, nun partido no que terán que darlle a volta á drástica situación desta tempada

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/12/2020
en Liga Iberdrola Fútbol, Fútbol
Manu Sánchez, adestrador do RC Deportivo ABANCA, na sala de prensa Cidade Deportiva Abegondo / SABELA MOSCOSO

Manu Sánchez, adestrador do RC Deportivo ABANCA, na sala de prensa Cidade Deportiva Abegondo / SABELA MOSCOSO

85
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

“Con ganas, ánimo e unha enerxía diferente”. Así ve Manu Sánchez ao seu equipo, o Dépor ABANCA, despois do parón da Liga Iberdrola e de vencer no amistoso contra o Viaxes Interrías. “É o momento de dar un golpe e demostrar que non somos o equipo que di a táboa agora mesmo que somos”, sentencia o adestrador.

Os resultados sitúan ao conxunto branquiazul como colista, con cero puntos, unha situación que deberán reverter no partido deste sábado contra o Eibar ás 12:00 horas. As dúas semanas sen competición sentáronlle ben ás deportivistas. Segundo Sánchez, “viñamos dunha dinámica moi negativa e para acurtar dalgunha forma esta tendencia foi (o parón) positivo”.

A confianza renovada do equipo de Sánchez

A contundente vitoria no amistoso da pasada fin de semana serviu para “recuperar un pouco a confianza e que fixeran cousas que non se atrevían a facer. Tamén aproveitamos para ver a aquelas xogadoras que están a ter menos minutos e ver en qué estado están”, resumiu Sánchez.

Manu Sánchez Deportivo ABANCA - Sporting Huelva
WYKAZSZKOWKI

Así, o conxunto herculino recuperou enerxía e ten “moitas ganas de empezar a revertir a situación. Creo que se traballou ben estas semanas, estiveron bastante enchufadas e estivemos planificando o que ven por diante”.

En fronte, terán a un rival nada fácil. Cun campo de herba artificial, algo que perxudicará ao Dépor ABANCA, o Eibar defenderá o seu feudo para ascender na clasificación.

Manu Sánchez, técnico do Dépor: “O Eibar xoga un fútbol moi directo, correoso e que non da por perdido ningún balón”

Un equipo cun “fútbol moi directo, correoso e que non da por perdido ningún balón nin o partido ata que remata” ademais de xogar con transicións moi rápidas e cunha intensidad moi alta, resume Sánchez. Noutras palabras, cun “fútbol de guerra”.

Algo co deberán que loitar as coruñesas para sorprendelas. O Eibar basease nun xogo claro e cun adestrador, Iker Dorronsoro, que cree no seu modelo e “fai crer ás súas xogadoras no que fan. Iso fai que sexa un rival máis complicado no seu campo. Son fortes, pero trataremos de buscar as súas debilidades, que as teñen”.

A hora do cambio

Así, o adestrador deportivista cre que o rival farainas cambiar o seu propio xogo, pero admite que “é a hora da verdade, de asumir e de cambiar certas cousas”. Unhas modificacións tanto colectivas como individuais e que afectan a xogadoras e corpo técnico. Porén, engade que non se pode tirar pola borda o traballo destes anos pasados, así que a solución pasa por “mirar cada unha hacia dentro e pensar en qué e por qué se está fallando”.

Manu Sánchez, técnico do Dépor: “Como equipo de fútbol profesional, temos que estar preparadas”

En liñas xerais, estes cambios van dirixidos aos comportamentos que “como equipo creo que non son habituais en nós e quizáis este plantel non estea deseñado para este tipo de solucións que imos buscar para o partido. Pero nós, como equipo de fútbol profesional, temos que estar preparadas para iso”.

Despois dos erros indiscutibles fronte ao Atlético de Madrid na última xornada, Manu Sánchez agarda ver a un Dépor diferente na súa viaxe a Eibar. “Toca un partido complexo”, admite.

Durante unha tempada tamén complexa. Tras uns inicios moi bos no fútbol profesional, o conxunto feminino do Deportivo non levanta cabeza neste curso. “É un equipo que non está acostumado a perder e vivir este tipo de situacións”, recorda o seu técnico.

E, cómo xestionalo? “Hai que asimilar que esta é a realidade. É fútbol profesional e calquera pode gañar a calquera. Da mesma forma que o ano pasado fixemos números que batiron récords dun debutante na categoría, este estamos vivindo a outra cara da moeda”, explica.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA: “Da mesma forma que o ano pasado fixemos números que batiron récords dun debutante na categoría, este estamos vivindo a outra cara da moeda”

A solución segue clara. “O que non podemos é baixar os brazos nin deixar de intentalo. Hai que traballar, buscar a solución e animalas a elas, que ao final son as que teñen que sacalo no campo”, di Sánchez.

Así, para o próximo encontro, as branquiazuis teñen unha boa oportunidade para demostrar do que son capaces. “A nivel de equipo temos un plan de partido diferente, que pensamos que é o que nos pode achegar o máximo posible á vitoria”, declara o adestrador.

Sullastres, Dépor ABANCA / RCD
Sullastres, Dépor ABANCA / RCD

Quenes non poderán aportar a súa achega a este encontro son Kenni e Sullastres, que continúan de baixa, a primeira delas por problemas musculares nos cadrís e a segunda por un “tema complicado no ombro”. Polo tanto, deberán apoiar ás súas compañeiras desde a distancia na que, con sorte, será á volta ao bo camiño do Deportivo.

Etiquetas DéporDépor ABANCAdeportivoEibarfútbolLiga IberdrolaManu Sánchez
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.