• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Manu Sánchez: “Abandoamos a Primera Iberdrola coa cabeza moi alta”

O técnico deportivista analiza o derradeiro partido do Dépor ABANCA e o futuro branquiazul

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
28/06/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

91
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Dépor ABANCA que adestra Manu Sánchez non seguirá competindo na Primera Iberdrola, pero deixa a máxima categoría con bo sabor de boca, tras brindarlle á afección en Abegondo unha vitoria 3-0 ante o Athletic Club.

“Abandoamos a Primera Iberdrola coa cabeza moi alta”, asegurou o técnico, quen admite que marcha con boas sensacións tras “rematar a tempada ante un histórico como é o Athletic e cun partido máis que digno que acabamos de facer”.

Vitoria en Abegondo na despedida do Dépor ABANCA (3-0)

Sánchez recalca que este broche final “é algo que elas merecían, rematar en Abegondo, coa nosa xente e un partido redondo coma este”. Analizando en xeral o curso 2020/2021, o preparador considera que “en liñas xerais o fútbol foi moi inxusto con nós en moitos aspectos”, polo que só queda “traballar e facer moita autocrítica, que levamos facendo desde principios de tempada. Xa coñecemos desde dentro o que fixemos mal antes de arrincar a tempada, son temas internos que Pablo e eu coñecemos de primeira man, e que fumos tratando de corrixir a golpe de corazón máis que de cabeza. Nese sentido, imos intentar que non volvan suceder”.

Manu Sánchez: “Remata unha bonita historia na Primeira división, pero o proxecto ten que seguir”

O propio adestrador xa lle recordou ao plantel que “no mundo do fútbol hai éxitos e fracasos, pero é moi difícil ter trascendencia no fútbol e penso que este equipo consegiu iso. O respecto e o cariño que recibimos de todos os equipos da primeira categoría, doutras categorías e mesmo do estranxeiro penso que é para salientar. Remata unha bonita historia na Primeira división, pero o proxecto ten que seguir”.

O futuro branquiazul pasa por casa

Ao comezo da rolda de prensa, Manu Sánchez quixo felicitar ao equipo xuvenil masculino, que vén de proclamarse campión de España, remarcando o traballo de todo o persoal detrás do conxunto. Nesta liña, o adestrador salientou tamén a importancia da canteira femninina.

Manu Sánchez: “Este equipo cimentouse sobre a súa propia canteira”

“Este equipo cimentouse sobre a súa propia canteira. En certa maneira arrincamos o proxecto con nenas de 16, 17 anos e todos os anos dimos continuidade a ese traballo. Nas 5 tempadas que levamos de proxecto promocionáronse futbolistas e nese sentido eu estou orgulloso da xente que traballa con nós”, declarou, en relación a profesionais como Aitor ou Kevin.

O técnico tamén tivo palabras para o Orzán SD, que acaba de vencer no Campionato Infantil, por terceira vez na súa historia. “Ese traballo está aí sempre, está presente e o imos potenciar como fixemos este ano, que foi o ano que máis apostamos pola canteira. Proba diso non son só aparicións e debuts, como pode ser o de Marta Rico, ou o de Tati ou Sara, senón que son unha presenza consolidada, como é o caso de Eva Dios“, xogadora chamada en varias ocasións pola Selección.

Eva Dios, xogadora do Dépor ABANCA, ante o Granadilla Tenerife / CARMEN G. MARIÑAS
Eva Dios, xogadora do Dépor ABANCA, ante o Granadilla Tenerife / CARMEN G. MARIÑAS

Sánchez confirma que “a idea está clara, esa filosofía non vai cambiar”, simplemente adaptarase aos medios dos que dispoña o club, pero mantendo a importancia da canteira nos plans do Dépor ABANCA.

Novos obxectivos

Na vindeira campaña, o club branquiazul militará en Reto Iberdrola, con obxectivo de volver á máxima categoría. Porén, a meta a marcar dependerá do plantel que se conforme en Abegondo, a estrutura da categoría e “os plans que ten a RFEF para as competicións, porque iso vai marcar moito o que vai ocurrir”.

De todas formas, Sánchez reflexiona sobre se o Dépor ABANCA é un club que poida competir nunha Primera Iberdrola profesionalizada e con 14 equipos. “Se isto vai tender a unha liga profesional, por sorte ou por desgracia, o tema económico condiciona todo en todas condicións. Serán 14 equipos que aposten de verdade ou que teñan posibilidades”, explica. “A ilusión a temos e xa estamos traballando”, engade.

Manu Sánchez: “Despois desta tempada, de todo o tempo que levan as futbolistas, que non poderán desconectar, pero é a realidade que temos todos”

Co inicio da seguinte tempada aínda por determinar, o adestrador estiva que nuns 20 días o equipo volva ao traballo para dar comezo á pretempada. “Iso parece unha tolemia, despois desta tempada, de todo o tempo que levan as futbolistas, que non poderán desconectar, pero é a realidade que temos todos os equipos pola situación que hai”, incide.

O Deportivo, un club atractivo

Co descenso do Dépor ABANCA haberá movemento nas filas branquiazuis. Estas entradas e saídas, que se empezarán a coñecer a partires do 30 de xuño, forzarán o cambio de ciclo que xa se anunciaba hai un ano. “Creo que nos aferramos dunha forma incosciente a ese ciclo pasado e quizais agora si que toca de verdade ese cambio de ciclo e volver a empezar nese sentido”, apunta o adestrador.

Manu Sánchez: “Creo que nos aferramos dunha forma incosciente a ese ciclo pasado e quizais agora si que toca de verdade ese cambio”

Sánchez entende que futbolistas con “cartel e un nome en Primeira División” marchen a outros clubs da máxima categoría, onde ademais recibirán “propostas económicas superiores”, pero apunta que en Abegondo “temos unha serie de vantaxes que hai clubs de Primeira que non teñen. A nivel instalacións, médicos, medios de xente que está ao redor do equipo e iso tamén é moi atractivo para as futbolistas”.

O técnico asegura que no club estarán encantados de que as futbolistas que queiran continuar sigan formando parte do equipo e “levando ese sentido de pertenza ao club que levan e que demostraron ata o último día”, e ás que sairán, “desexarlles o mellor, porque todas as futbolistas que estiveron aquí gañáronse o noso respecto dentro do club e as veremos con cariño onde estean e as seguiremos e animaremos. Ou non. Depende”

Unha saída aínda non confirmada pero case oficial é a de Athenea del Castillo. A dianteira cántabra foi unha das futbolistas máis destacadas do equipo, chegando a ser chamada por Jorge Vilda para a Selección absoluta. “É algo dificilmente retible aquí, na Coruña, aínda que se nos mantíñamos ela tiña un ano máis de contrato, pero son temas complicados”, recorda Manu Sánchez.

Manu Sánchez: “(Athenea) é unha moza que o deu todo con nós”

Sobre a propia xogadora, recalca que “é unha moza que o deu todo con nós. Non podemos dicir nada porque desde que chegou, tanto dentro como fóra é como a vedes,. Esa emoción, esas bágoas, ese é o día a día aquí con ela. Desexámoslle o mellor”.

O dúo Peke e Athenea foi protagonista no ataque do Dépor ABANCA ante o Granadilla Tenerife / CARMEN G. MARIÑAS
O dúo Peke e Athenea foi protagonista no ataque do Dépor ABANCA ante o Granadilla Tenerife / CARMEN G. MARIÑAS

Neste sentido, o adestrador explica que prefire quedarse “coa parte na que nós puidemos aportar no desenvolvemento persoal das xogadoras e nestes 5 anos creo que iso é un bo valor que temos dentro do club. Vimos evolucionar a futbolistas como xogadoras e como persoas, nese sentido con elas e moitas outras vémonos orgullosos en certa maneira”.

Manu Sánchez: “Demostramos que os valores que teñen que predominar baixo este escudo son fundamentais e os desenvolvimos baixo a derrota e o sufrimento. Nese sentido é para estar contentos”

“Como dicía antes sobre o respecto e cariño de todos os equipos, creo que por riba de se xogamos ben ou mal ou de se fixemos cousas que gustaran máis ou menos, creo que sobre todo este ano, demostramos que os valores que teñen que predominar baixo este escudo son fundamentais e os desenvolvimos baixo a derrota e o sufrimento. Nese sentido é para estar contentos”, conclúe.

Etiquetas AbegondoDépor ABANCAdeportivofútbolLiga Iberdrola FútbolManu SánchezPrimera IberdrolaRC DeportivoRCD
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.