A San Silvestre de Pontevedra 2022 quedará marcada no calendario como unha das que peor climatoloxía tivo pero así e todo, as ganas de rematar o ano correndo gañaron á choiva. Na edición deste ano 2022 da San Silvestre Pontevedra participaron preto de 5000 persoas.
Pouco antes de que comezasen a correr os deportistas comezou a chover fortemente. Porén as xentes de Pontevedra non se renderon e celebrouse o evento con normalidade. Os disfraces e a alegría volveu reinar nas rúas da Cidade do Lérez despois dos dous anos cunha rara San Silvestre debido á pandemia de COVID-19.
Os gañadores desta edición foron en categoría masculina:
- Jorge Puig
- Hugo García
- Gustavo Santiago
En en feminina:
- Sabela Castelo
- Isabel Caeiro, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra
- Branca Fernández
En total, entregáronse 4.960 dorsais para tomar parte da carreira San Silvestre que organizaba a Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra. Non se cumpriu o obxectivo de superar o récord de 7.000 participantes do 2019. Posiblemente o mal tempo destes días lastrou que as inscricións tiveran un número máis alto.
Desde a organización da carreira prescindiuse de elementos que poideran supoñer un perigo por mor da meteoroloxía, sobre todo o vento, como foi o caso do arco de saída. Sacrificouse a vistosidade para aportar máis seguridade ás persoas participantes nesta última carreira popular do ano en Pontevedra.
Uns minutos antes de que se dese a saída, organizouse unha homenaxe ao deportista galego Gustavo Dacal. O obxectivo era dar visibilidade para que a xente o axudase na dura loita á que se está enfrontando.