• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

A San Silvestre Coruña xuntará a máis de 4.500 participantes na carreira absoluta, 200 nas infantís e máis dun centenar na marcha nórdica

Xogadoras e xogadores de todas as categorías do HC Deportivo Liceo serán quen dean a saída o próximo 31 de decembro á 13ª edición desta cita deportiva herculina que propón pechar o ano correndo, sorrindo e axudando xa que ten unha parte solidaria

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/12/2022
en Máis Deporte, Atletismo
Presentación da San Silvestre Coruña coa presenza de José Ulfe, Diana Sobral Cabanas David Iglesias e César Carballeira / SAN SILVESTRE CORUÑA

Presentación da San Silvestre Coruña coa presenza de José Ulfe, Diana Sobral Cabanas David Iglesias e César Carballeira / SAN SILVESTRE CORUÑA

188
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • A San Silvestre Coruña presentouse no Palacio dos Deportes, coa presenza de David Iglesias, Diana Sobral Cabanas, José Ulfe Bugallo e César Carballeira.
  • Na carreira en categoría absoluta xa se superaron os 4.100 participantes. 

Xogadores e xogadoras de todas as categorías do HC Deportivo Liceo, que este ano celebra o seu primeiro medio século de vida, serán os encargados de dar a saída á XIII San Silvestre Coruña o próximo 31 de decembro. A cita é no O Parrote, ás 16.45 horas.

A carreira foi presentada no Palacio dos Deportes de Riazor, coa presenza do organizador, David Iglesias, do Club Rialto; a concelleira do Concello da Coruña Diana Sobral Cabanas; José Ulfe Bugallo, de Abanca, e César Carballeira, en representación do HC Liceo.

David Iglesias valorou as boas cifras da proba, na que cada ano compiten un 20% de corredores de fóra da cidade da Coruña, o que supón, na súa opinión, un importante atractivo turístico para a cidade. O organizador  da San Silvestre Coruña falou tamén dunha das novidades deste ano, que é a inclusión dunha nova categoría, a de marcha nórdica, que se engade ás xa existentes, e na que se tiveron que volver abrir as inscricións, que quedaron esgotadas nunha primeira quenda.

Pola súa banda, a concelleira Diana Sobral Cabanas, en representación do Concello da Coruña, destacou a alta participación tamén nas probas infantís, nas que tamén se tiveron que volver abrir as inscricións ata en dúas ocasións, e que xuntarán na chaira de O Parrote, ás 16.00 horas do próximo 31 de decembro, a máis de 200 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos.

Datos de participacion na San Silvestre Coruña 2022

Na carreira en categoría absoluta da San Silvestre Coruña xa se superaron os 4.100 participantes. As últimas 400 prazas dispoñibles xa só son accesibles mediante inscrición en liña en sansilvestrecoruna.com ou en championchipnorte.com ata o próximo 26 de decembro, salvo que se esgoten antes.

A proba sairá de O Parrote e discorrerá pola Mariña ata Juana de Vega e logo polo Paseo Marítimo para regresar de novo ao Parrote. Para quen non poidan participar de forma presencial, continúan os retos virtuais iniciados en 2020 na app, como as diversas etapas do Camiño Inglés.

Para quen non poidan estar na proba presencial existe a posibilidade, do mesmo xeito que en anos anteriores, de seguir outros percorridos de forma virtual unha iniciativa que comezou en 2020. Este ano é posible realizar tres probas: Camiño Inglés, Santiago-Fisterra e o Roteiro dous Faros. As tres están dispoñibles na app da San Silvestre Coruña, que se pode descargar para Apple ou Android.

Deporte e solidariedade

A proba mantén en 2022 o seu carácter solidario, co apoio a dous proxectos. Por unha banda, recóllense alimentos para a  Cocina Económica, (con puntos de recollida durante a entrega de dorsais e o mesmo día da carreira), pero tamén colabora co proxecto Reis Magos de verdade, no que se recollen cartas de rapazada e maiores para que quen desexe colaborar poidan converterse en paxes das súas Maxestades de Oriente para levar agasallos e sorrisos a quen máis o necesitan. Quen desexe colaborar con esta iniciativa pode facelo apuntándose na páxina web www.reyesmagosdeverdad.org.

Ademais, na súa intención de ser unha carreira integradora, a San Silvestre Coruña dispón de “dorsais solidarios” de apoio aos corredores e corredoras con capacidades especiais que o necesiten.

Categorías da carreira máis divertida do ano

Na San Silvestre Coruña hai dez categorías deportivas, divididas en dous infantís, dous xuvenís e seis absolutas, ademais da de marcha nórdica e a de empresas, que se obtén sumando os tempos dos corredores da mesma organización. Tamén hai dous premios ao mellor disfrace, individual e colectivo.

A XIII San Silvestre Coruña está organizada por Club Rialto, coa colaboración do Concello da Coruña.

Etiquetas A CoruñaatletismoDiana SobralHC Deportivo LiceoLiceoSan SilvestreSan Silvestre Coruña
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

por Redacción As Nosas
11/06/2026
0

Máis de 600 participacións rexistraranse esta fin de semana no Campionato Xunta de Galicia Máster de atletismo, que finalmente se...

Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

por Redacción As Nosas
11/06/2026
0

A Cidade Deportiva de Riazor e as praias de Riazor e Orzán da Coruña converteranse este domingo 14 de xuño...

A Coruña celebra o Campionato Galego de Atletismo Sub-10 e Sub-12 con nenos e nenas de toda Galicia / CONCELLO DA CORUÑA

A canteira do atletismo galego toma A Coruña

por Redacción As Nosas
28/05/2026
0

Esta fin de semana a actividade competitiva de base no atletismo estará centrada na competición que se celebrará o sábado...

Club Atletismo Sada no Campionato de España máster por equipos / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Pereiro de Aguiar acolle a IX Copa galega de clubs máster de atletismo

por Redacción As Nosas
28/05/2026
0

O vindeiro domingo, en Pereiro de Aguiar, celebrarase a IX Copa de clubs máster galega. A partir das 16:30 horas...

XXXIX edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns-Trofeo Sergio Vázquez / CONCELLO DA CORUÑA

Alegna González e Shengji Shi conquistan na Coruña o XXXIX Gran Premio Internacional de Marcha dos Cantóns

por Redacción As Nosas
23/05/2026
0

A Coruña volveu converterse este sábado no epicentro internacional da marcha atlética coa celebración da XXXIX edición do Gran Premio Internacional...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.