- “Corre e Colabora”, a San Silvestre Coruña inicia su campaña solidaria na que recollerá alimentos para a Cocina Económica e Cáritas Coruña
A San Silvestre Coruña, na súa idea de unir o espíritu deportivo mailo solidario, súmase un ano máis á recollida solidaria de alimentos non perecedeiros para a Cocina Económica e Cáritas Coruña.
A organización da carreira popular lanza a campaña “Corre e Colabora”, na que se recaudarán alimentos non perecedeiros (como arroz, pasta, conservas…) “para as persoas que máis o precisan, especialmente nestas datas”, explican desde a San Silvestre Coruña.
Como sumarse ao Corre e Colabora da San Silvestre Coruña?
Desde o 15 de decembro será posible realizar as doazóns por parte das persoas participantes e da comunidade en xeral. Os puntos de recollida son:
Local Saunier Duval (Rúa Curros Enriquez 17-19, Temple): De luns a vernes, en horario de 9:00 a 13:00 horas e de 15:30 a 18:00 horas.
Decathlon Marineda City: Durante a semana do 26 ao 30 de decembro, en horario de 10:00 a 22:00 horas, coincidindo coa entrega de dorsais
Punto habilitado no día da carreira: as persoas participantes podrán facer as súas contribucións directamente no lugar destinado para ese fin no día da San Silvestre.
A San Silvestre Coruña fai un chamamento á solidaridade da comunidade salientando que “cada aportación, por pequena que sexa, marca a diferenza. A campaña vai en liña co compromiso da carreira de non só ser unha experiencia deportiva única, se non tamén un evento solidario que aporta para axudar ás persoas máis vulnerables”.
Neste sentido, a organización agradece “a colaboración das persoas participantes, as súas familias e a comunidade en xeral, demostrando unha vez máis que xuntos podemos facer a diferenza”.