A atleta de Monforte de Lemos, Saleta Fernández acadaba a medalla de prata no o Campionato de España Short Track (pista curta), celebrado en Expourense.
A galega pelexou duro no concurso de salto de altura no que acabou segunda. Diante de Saleta Fernández quedou Una Stancev que subiu ao máis alto do podio cun último salto de 1,84 m., dous centímetros máis que a deportista monfortina. A malagueña asinaba a súa mellor marca persoal con este salto que lle deu o título estatal. O bronce foi para María Vicente que superou o 1,80, tamén a súa mellor marca persoal no salto de altura.
Podio Altura 🚺#CEatletismoST
🥇@unastancev (1.84 m)
🥈@3SaletaFdez (1.82 m)
🥉@mariiaviicentee (1.80 m) =MP👏👏👏
📺https://t.co/lRKbTJtCYl @teledeporte
📊https://t.co/a1o33hD8fz pic.twitter.com/C7d0QpLUcv— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 17, 2024
Así foi o concurso de Saleta Fernández
Saleta Fernández superaba o 1,70 no seu primeiro intento, subiu o listón ata os 1,74 no segundo, logo o valo foi subindo ata os 1,77, 1,80 e finalmente ata o 1,82 mts. que lle deron a prata no Campionato de España Short Track (pista curta) 2024.
Suma e segue para a nosa plusmarquista galega que logra un podio indoor por sexta vez nun campionato estatal.
Ver esta publicación en Instagram
No salto de lonxitude Leticia Gil fixo dous nulos que quedoun nos 5,90 mts polo que non pasou o corte. En Expourense competiron tamén outras atletas galegas como: María Fernández Bouza, Eva Piñel Lorenzo, Sabela Martínez Peón, Amparo Corredoira Coira, Laura Santos Domínguez, Inés Docampo Gamarra, Uxía Pérez Bugarín, Claudio Rojo Cazorla, Manuela Blanco Miguélez, Xiana Lago Andrade, así como Ana Peleteiro Brión e Belén Toimil Fernández, estas últimas foron campioas nas súas modalidades (triplo salto e lanzamento de peso).
- Consulta os resultados do Campionato de España de pista curta na RFEA
- Consulta os resultados das e dos atletas galegos neste 60º Campionato de España Absoluto
Belén Toimil ‘escacha’ a bóla por encima dos 18 metros e repite como campioa de España
Ana Peleteiro, campioa de España de triplo salto alcanzando os 14,32 metros