• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

Cando descobres que o teu cole fixo historia

O alumnado do CEIP Sal Lence da Coruña coñeceu as futbolistas que fixeron famoso o centro por lograr que un equipo nado nun patio de colexio chegase á elite estatal do fútbol sala

Silvia Carregal por Silvia Carregal
04/02/2020
en Máis FutSal
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO
555
COMPARTIDOS
1.4k
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Sitúense nos anos oitenta. Ubíquense nun colexio chamado Sal Lence do barrio dos Castros, na Coruña. Foi alí e foi entón cando se fundou un equipo que rematou por entrar na historia do deporte galego e estatal.

Aínda que o relato é coñecido na Coruña e no Fútbol Sala galego, co pasar dos anos deixouse de falar dos éxitos acadados por aquelas mulleres ás novas xeracións. O resultado foi que boa parte do alumnado actual do centro descoñecía que desde o patio de recreo do seu cole xurdira un equipo de mulleres que chegaran a ser campioas de España. Acontece que, ás veces, estudamos a prehistoria e esquecemos coñecer o noso pasado máis recente.

Para lle pór remedio, a directora do centro, Victoria Vilarelle, involucrou ao claustro para buscar datos sobre aquela xesta. Buscaron e contactaron con varias daquelas rapazas que anos atrás estudaran nas aulas do CEIP Sal Lence e que conformaran o primeiro equipo do club.

Victoria Vilarelle, directora do CEIP Sal Lence: “Queremos que o alumnado coñeza a vosa historia, o que fixestes. E tamén queremos que recibades a homenaxe que merecedes”

Desde ese claustro artellouse para os cativos unha actividade diferente, unha visita singular: a das futbolistas campioas que levaron o nome do seu centro educativo por toda España e o estranxeiro.

A idea era que o alumnado descubrise que do patio do seu colexio agromou un club histórico que rachou con estereotipos e fixo realidade que, en plenos anos oitenta, no Sal Lence coruñés, o fútbol fose cousa de nenas.

“Queremos que o alumnado coñeza a vosa historia, o que fixestes. E tamén queremos que recibades a homenaxe que merecedes”, así explicaba Victoria Vilarelle ás ex xogadoras coas que contactaba telefonicamente que no seu cole estaban a lles preparar unha recepción.

Chegado o día, e aínda sabendo ao que ían, as sorpresas foron arrincando sorrisos a un grupo de sete xogadoras do vello Sal Lence que aceptaron o convite e acudiron á cita coa rapazada dos Castros.

E chegou o día da homenaxe

Cada vez que unha entraba pola porta o rebumbio e o alboroto dos pícaros estoupaba. O comité de benvida acudía a abrazar a quen cruzaba a porta.

  • Quen marcou gol? – preguntou unha das xogadoras entre risos e sorpresa ante a efusiva benvida – E que isto é un festexo digno dun golazo! Contádeme, como vos chamades?”
  • Eu son Amanda.
  • En serio? Que coincidencia! Sabes que te chamas como unha deportista que marca moitos goles e que xogou dous Mundiais? Xoga no Atlético de Madrid! Chámase Amanda Sampedro. Tes nome de futbolista internacional! Aí é nada!

A rapaza mirou medio incrédula, medio fachendosa a aquela muller que lle falaba dunha futbolista feminina que xogaban mundiais e coa que compartía nome. Na parede, un mural esboza a historia do club de fútbol Sala Sal Lence. Hai fotos de diferentes formacións e nas vitrinas aínda se conservan algúns dos trofeos. “Mira, ese é o primeiro campionato galego escolar. Eu teño o meu trofeo individual na casa. Acordádesvos?”, lembra unha das xogadoras.

 

Vitrina de trofeos e mural cos logros do Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Sete xogadoras para rememorar a historia

Logo da benvida inicial, as sete futbolistas foron percorrendo todas as clases do cole no que anos atrás estudaran algunhas delas. Para a cita xuntánronse: Sonia, Nieves, Jackie, María, Montse, Carmela e Silvia. Parte delas foron alumnas e outras só xogadoras que se sumaron ao equipo cando o recorrido do Sal Lence xa discorría máis aló das ligas escolares nas que debutaran aquel primeiro ano no que saltaron ás canchas coruñesas.

Futbolistas Sal Lence / SABELA MOSCOSO
Futbolistas do Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Un pequeno mestre de cerimonias era o encargado de explicar aula por aula quen eran aquelas mulleres que rompían a monotonía dun día de clase.

  • Estas son as futbolistas do noso colexio que quedaron campioas de España. Sabedes que estrearon o cole? Foron das primeiras xeracións en estudar aquí. Xogaban ao fútbol sala e gañaron moitos títulos.

Caras de abraio e aplausos entre o alumnado, e sorrisos e saúdos de parte das deportistas que comentaban segundo avanzaban polos corredores que o certo é que pouco mudara. “Mira! Seguen os mesmos alicatados no chan e nas paredes. Ata a mesma cor nos pasamáns das escaleiras”, comentaban.

Estas son as futbolistas do noso colexio que quedaron campioas de España. Sabedes que estrearon o cole? Foron das primeiras xeracións en estudar aquí. Xogaban ao fútbol sala e gañaron moitos títulos.

Entre os detalles que si mudaron, as xogadoras botan algo en falta: non estaba a réplica do Guernica que recibía os alumnos cada mañá facendo a fila para subir ás clases. Agora hai murais con motivos máis infantís. As veteranas comentaban: “Medrar vendo o Guernica a cotío, marca”.

O patio, o lugar no que xogaban ao balón aquelas nenas que fundaron o Sal Lence tamén mudou. Lonxe quedou aquela superficie de terra e grava que deixou pegada nos xeonllos de case toda unha xeración. “Poucos quedamos sen cicatriz”, bromean. Agora, co patio ampliado, hai ata unha pista deportiva cuberta para xogar. “Antes xusto aquí había casas. Eu vivía nelas”, lembra unha das xogadoras, “a miña avoa lanzábame un plátano desde o balcón para que o papase nos recreos” (risas).

O percorrido das campioas discorre aula por aula. En cada clase reciben o agarimo a admiración e as caras de sorpresa da rapazada que ve a súa rutina alterada por unha visita ilustre.

Retorno á cancha de adestramento, o ximnasio

A última das paradas é o ximnasio. A cancha de xogo na que adestraban e incluso competían nalgúns casos nos comezos do equipo. “Todo segue igual”, comentan as xogadoras. O único que cambia é a perspectiva de quen ve un espazo con ollos de muller e non de nena de 11 anos. Todo parece máis cativo, as espalderas nas que se penduraban e ata as porterías nas que anos atrás marcaban goles, ou os paraban, no caso de Carmela.

Na vella cancha de parqué, unha morea de rapaces e rapazas agardaban sentados para recibir entre aplausos ás campioas. Non sabían as xogadoras que, logo do singular ‘partido’ que estaban  a xogar ese día, aínda tiñan por diante unha pequena rolda de prensa. E así foi.

Logo dunha presentación dos méritos deportivos acumulados polo Sal Lence anos atrás e do visionado dun vídeo cedido pola TVG con imaxes de partidos das herculinas e entrevistas que anos atrás concederan aos medios as xogadoras, tocou volver a someterse ás preguntas pero esta vez duns xornalistas que non dubidaron en trasladarlles as súas dúbidas e curiosidades.

  • Dende pequenas pensastes en xogar ao fútbol?
  • Si. Pero xogábamos no patio.

 

  • E non discutiades?
  • A verdade é que nos levabamos moi ben.

 

  • Seguides véndovos?
  • Ás veces, algunhas nos xuntamos.

 

  • Cal foi o voso segredo do éxito?
  • Unha persoa, Víctor Sieiro. Poñémosvos como reto que investiguedes quen foi e o que fixo polo cole e polo club.

 

  • Quen vos adestrou de pequenas?
  • O primeiro foi precisamente Víctor Sieiro. Logo el conseguiu que viñeran a adestrarnos ex xogadores do RC Deportivo e do Chaston, que era un equipo de fútbol sala da Coruña moi coñecido entón. Víctor Sieiro foi quen fixo que dun equipo dun colexio xurdira un club case profesional. Tivemos adestradores moi bos.

 

Futbolistas Sal Lence / SABELA MOSCOSO
Varias das futbolistas do Sal Lence durante a homenaxe / SABELA MOSCOSO

Antes de dicir adeus, unha das xogadoras, María Bardanca, que segue vencellada ao fútbol sala como adestradora, facía un convite ás alumnas: “Se algunha lle gusta o fútbol, pode vir probar. Estades convidadas a un adestramento”.

Víctor Sieiro foi quen fixo que dun equipo dun colexio xurdira un club case profesional.

Quen sabe se de entre elas non estarán as que volverán encher as vitrinas do Sal Lence de glorias deportivas.

Vitrina de trofeos e mural do CEIP Sal Lence / SABELA MOSCOSO
Vitrina de trofeos e mural do CEIP Sal Lence / SABELA MOSCOSO

E falando de medallas e galardóns, un trofeo máis agardaba a estas veteranas futbolistas que recibiron un agasallo por parte do centro. Un premio saído do cariño do cole que lles veu crecer deportivamente e como alumnas. Un recordo do seu paso polo lugar no que deron as súas primeiras patadas ao balón e que agora loce xunto a aqueles primeiros nun lugar destacado do palmarés destas mulleres que fixeron historia.

Trofeos Sal Lence / SABELA MOSCOSO
Trofeos Sal Lence / SABELA MOSCOSO

A idea da visita era precisamente que o alumnado actual do cole coñecese de primeira man a crónica e a memoria do club que levou o nome deste centro educativo do barrio dos Castros por toda España. E que se homenaxease ás futbolistas que o fixeron posible. Elas sentíronse queridas, empoderadas e agradecidas polo xesto. O alumnado fixo súa a idea.

  • Que saibades que non vos esqueceremos e que nos sentimos moi orgullosos de vós.

As futbolistas tampouco esquecen, neste caso, á quen lles mudou a vida e loitou por que cumpriran o seu soño: ser futbolistas aló polos anos oitenta. Na súa mente, a lembranza a quen fixo todo posible: Víctor Sieiro Asorey.

E así foi como as alumnas e alumnos do CEIP Sal Lence da Coruña coñeceron ás nenas (agora xa mulleres) que fixeron famoso o seu centro por lograr que un equipo nado nun patio de colexio chegase á elite estatal.

Así foi como descubriron que estudan nun cole que fixo historia.

 

Vitrina de trofeos e mural cos logros do Sal Lence / SABELA MOSCOSO
Vitrina de trofeos e mural cos logros do Sal Lence / SABELA MOSCOSO

 

 

Etiquetas fútbol salafutsalSal Lence
Comparte547Chía4
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Galicia, fútbol sala / FUTGAL

A Galicia cae ante Cataluña no amigable entre seleccións absolutas de futsal disputado en Lugo (1-3)

por Redacción As Nosas
04/07/2026
0

Non puido ser. A Selección de Galicia absoluta feminina de fútbol sala despediuse de Lugo cunha derrota ante Cataluña no choque...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.