- O tradicional torneo das Festas de Sada medra en importancia e denominarase este ano “I Open Internacional de Xadrez Concello de Sada Memorial Domingos Merino”
Mañá sábado 3 de setembro Sada será sede do Open Internacional Xadrez memorial Domingos Merino. O evento internacional terá lugar no Pavillón Polideportivo durante todo o día.
O Concello de Sada, expuxo á familia de Domingos Merino e á federación a posibilidade de converter o tradicional campionato polas festas de agosto en algo máis importante e de paso homenaxear ao exregidor falecido que residiu moitos anos no Tarabelo. Domingos Merino en 1965 xa era mestre de desta disciplina, foi campión galego en seis ocasiones e gañou catro torneos internacionais.
O I Open Internacional de Xadrez Concello de Sada Memorial Domingos Merino conta coa colaboración da Deputación da Coruña e disputarase a catro roldas con inscrición para 200 xogadores.
Ademáis Sada será a sede tamén do I Open Internacional de Xadrez Deputación da Coruña que se celebrará do 4 ao 11 de setembro no Pavillón Polideportivo. Entrada libre. Horario 10:00 a 19:30 horas.





















