- A karateka galega Ruth Lorenzo consegue a prata en kumite senior -55 kg nunha nova xornada da Liga Nacional de Karate.
Os resultados obtidos na 5ª xornada da Liga Nacional de Karate (categorías cadete, sénior e para-karate), que se celebrou en Torrelavega o 1 e 2 de outubro, foron os seguintes no caso dos karatekas de Galicia segundo informa a Federación Galega de Karate e disciplinas asociadas:
- Ruth Lorenzo Couso (San Francisco Teo): PRATA en kumite sénior -55 kg.
- Alejandro Felpeto Gesto (Karate-do Carballo): PRATA en kumite sénior -84 kg.