Este mércores, a haltera Ruth Fuentefría, do CH Coruña competiu no Campionato do Mundo sub17 de halterofilia, rematando en segunda posición. A deportista coruñesa comeptiu na modalidade de 45kg, no grupo A, obtendo a medalla de prata en arrancada.
A competición foi rodada para a galega, que destacou na modalidade de arrancada. Os seus tres intentos foron válidos, con 58, 61 e 63 quilogramos. Con estas dúas últimas marcas, a coruñesa logrou novos récords de España sub17 e valéronlle o metal. A haltera rematou detrás da filipina Rose Ramos e por diante de Naijla Khoirunnisa de Indonesia. Nos dous tempos Ruth finalizou sétima con 69kg e resultou sexta co total olímpico (132).
Ruth Fuentefría volve do Campionato do Mundo sub17 cunha prata / CH CORUNAEsta medalla súmase aos éxitos de Fuentefría, quen obtivera tres bronces no Campionato de Europa sub17 celebrado en Polonia.
Vaia día para o deporte coruñés ‼️
Hoxe tivemos campión do mundo en Paraguai (Lucas Yáñez) e agora temos unha SUBCAMPIOA MUNDIAL sub17 👏👏👏
🏋️ Ruth Fuentefría, do Halterofilia Coruña e bolseira do @ConcelloCoruna, foi 🥈 na categoría de 45kg e con récord!!👇 pic.twitter.com/BheohWq81C— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) October 6, 2021