O Campionato do Mundo sub17 de halterofilia está a celebrarse en Jeddah (Arabua Saudí), e nel participa a galega Ruth Fuentefría. A haltera do CH Coruña forma parte do equipo de dous deportistas masculinos e tres femininas convocadas pola Federación Española.
Fuentefría competirá no grupo A da categoría de 45kg este mércores, ás 15:00 hora española (16:00 hora local).
Entre os éxitos recentes da haltera destacan os seus tres bronces obtidos no Campionato de Europa sub17 celebrado no mes pasado en Polonia.