• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Rugby

O rugby galego estará representado na División de Honor B co Pontevedra Rugby Club

As pontevedresas ocuparán o lugar do Muralla de Lugo na segunda categoría, cun equipo formado con xogadoras de todas partes de Galicia

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
08/01/2021
en Máis Deporte, Rugby
O rugby galego estará representado no Pontevedra RC / PRC

O rugby galego estará representado no Pontevedra RC / PRC

578
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Reto e ilusión son as palabras que definen a tempada que comeza esta fin de semana na División de Honor B de rugby, na que debutará o Pontevedra Rugby Club. O equipo, que ocupará o lugar do Muralla RC, estará formado por xogadoras de distintos puntos da xeografía galega.

Muralla Galicia Emerging
Muralla Galicia Emerging

“Para nós é un reto e o afrontamos con moita ilusión”, resume Rubén Sanmartín, segundo adestrador do conxunto galego. Sanmartín, xunto a Alberto Fernández como primeiro adestrador e Joaquín Maguna como delegado, completa o corpo técnico pontevedrés.

Desde o Pontevedra Rugby Club levaban xa varios anos intentando darlle unha saída de mellor nivel ás súas xogadoras, pero ata este 2021 non tiveron a oportunidade. O Muralla tomou a decisión de renunciar á súa praza, polo que esta se ofreceu a outro equipo galego, o Pontevedra RC, que tirará de canteira propia e de xogadoras doutros clubs para esta nova aventura.

Equipos galegos unidos nun mesmo club

A clave para a creación deste plantel de 45 xogadoras de rugby en pouco máis dun mes foi a unión de distintos equipos de Galicia, sobre todo da zona sur por motivos loxísticos.

“Creamos un plan de traballo con outros clubs. Non fichamos, por así dicilo, a ningunha xogadora. Nós a nivel Galicia propuxemos o noso equipo como sede e invitamos a todas as mozas cun nivel alto para xogar ao rugby”, explica o adestrador.

Así, o plantel de 45 xogadoras queda conformado con mozas de distintos puntos de Galicia: 10 chegan de Ourense, seis de Lalín, sete de Vigo, outras 10 de Santiago e 12 da propia canteira do Pontevedra RC.

Todas estas competidoras chegan cun nivel medio moi alto, polo que o técnico non quere destacar a ningunha. “Podería darte 45 nomes”, responde ante a pregunta de quen chega mellor preparada. De todas formas, Sanmartín móllase e fala de Teresa de Santiago, Coral de Lalín, Azucena de Ourense ou Sara de Vigo á vez que recorda que teñen especial cariño polas xogadoras da casa.

Así mesmo, sinala que a organización deste conxunto non tería sido posible sen a axuda da Federación Galega de Rugby. Segundo apunta, o organismo serviu como unha canle de comunicación importantísima entre os distintos clubs e segue mostrando o seu apoio constante polo novo equipo.

Pontevedra RC / PRC
Xogadoras de distintos puntos de Galicia competirán co Pontevedra RC / PRC

Así será o formato da División de Honor B

Esta nova aventura do Pontevedra RC será nunha competición que tamén é relativamente nova. A División de Honor B iniciou o seu camiño hai tres tempadas, cun formato curto (grupos, semifinais e final), e desde a tempada anterior engade unha fase regular.

Desta forma, tras unha primeira volta de sete xornadas, prevista para finalizar a mediados de marzo, os catro primeiros clasificados disputarán as semifinais do playoff de ascenso, xogando o primeiro contra o cuarto e o segundo contra o terceiro, a partido único e en casa do mellor clasificado.

A final polo ascenso directo tamén se disputará a partido único, na fin de semana do 10 e 11 de abril, nun campo designado pola Federación Española de Rugby.

O subcampión, terá unha nova oportunidade para ascender a Liga Iberdrola (onde xa compiten as coruñesas do CRAT Residencia Rialta) na promoción fronte ao penúltimo clasificado da máxima categoría, desta vez cun partido de ida e outro de volta.

Este formato, “curto e potente”, é unha axuda para os pequenos equipos, tal e como apunta o adestrador. “Ao final somos amateur e a xente ten traballo e familias, así que se se alonga pérdese a moita xente. Para a nosa forma de ver a competición, este formato axúdanos bastante”, conclúe.

Así, os oito equipos que competirán na categoría de prata esta tempada son:

  • Crealia El Salvador
  • XV Hortaleza RC
  • Barcelona Universitari Club
  • Getxo Giroa-Veolia
  • AD Ingenieros Industriales
  • CR Sant Cugat
  • CE i EG
  • Pontevedra Rugby Club

Os tres primeiros parten como favoritos para disputar a máxima categoría o próximo ano. O Salvador debutou na 19/20 na Liga Iberdrola, pero un mal inicio de competición acabounas castigando co descenso. O Hortaleza quedou o curso anterior ás portas do ascenso, nunha terceira posición que non lle permitiu subir de categoría ao ter sido cancelado o play off de ascenso pola pandemia.

Muralla Galicia Emerging 0-62 XV Hortaleza / MURALLA RC
Muralla Galicia Emerging 0-62 XV Hortaleza / MURALLA RC

O rival das galegas, o Barcelona Universitari Club compite desde os primeiros pasos da segunda división na categoría e tamén estivo a piques de colarse entre os equipos que finalmente ascenderon.

Estos serán os conxuntos máis fortes a priori pero, como recorda Rubén Sanmartín, “nunca se sabe. O deporte sorprende e o máis bonito disto é que podemos gañarles e logo perder contra un co que crías que ías gañar”.

Aínda así, recoñece que a rodaxe de ter experiencia na competición é algo que xoga a favor dos demais clubs, xa que o Pontevedra é o único novato da categoría.

Os catro clubs restantes tamén serán duros competidores. O Getxto Giroa-Veolia é un equipo histórico que chegou a alzar o título nacional en dúas ocasións pero nas últimas tempadas sufriu complicacións que as alonxaron das máximas categorías. Este 2021 voltan á competición nacional con ganas de volver a competir ao máis alto nivel.

Muralla división honra B contra o Industriales Las Rozas / MURALLA RC
Muralla división honra B contra o Industriales Las Rozas / MURALLA RC

O AD Ingenieros Industriales conta con caras novas ás súas filas, coa mente posta en sumar vitorias para subir de división. Pola súa parte, o CR Sant Cugat logrou clasificarse para os play offs do curso anterior e, outras catalás, do GE i EG chegan como subcampioas da fase de ascenso á División B.

O debut ten data no calendario: 10 de xaneiro

O primeiro partido que disputen o actual plantel do Pontevedra Rugby Club será ante o Barcelona Universitari Club (BUC), un dos clubs que promete estar entre os equipos fortes da Liga.

Nin a choiva frea o traballo das xogadoras galegas do Pontevedra Rugby Club que debutarán en División de Honor B / PRC
Nin a choiva frea o traballo das xogadoras galegas do Pontevedra Rugby Club que debutarán en División de Honor B / PRC

Pero isto non atemoriza ás novatas. “Somos un equipo de distintas partes de Galicia, que queremos xogar xuntas sen importar o rival”, declara o técnico pontevedrés.

Paso a paso, desde o Pontevedra non queren precipitarse e non pensan nin en ascensos ni en descensos. “Só queremos crear un bo bloque de mozas e darlles unha boa saída no rugby a un nivel mellor e desfrutar del”, resume. “É o que queremos facer esta tempada: xogar ao rugby e facelo ao máximo nivel”, remata Rubén Sanmartín.

O Pontevedra Rugby Club debuta ante un dos grandes da categoría, o BUC

Plantilla do Pontevedra Rugby Club na División de Honor B tempada 2021

Plantilla do Pontevedra Rugby Club na División de Honor B tempada 2021

Etiquetas División de Honor B rugbyMuralla RCPontevedra Rugby ClubRubén Sanmartínrugby
Comparte2Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.