A final feminina da Copa Galicia de balonmán repetiu gañadoras. O conxunto do Rubensa BM Porriño, que defendía o título do pasado ano, impúxose ao Oliveira & Faro Saeplast Cañiza cun marcador final de 36-30. Marta Groba, xogadora do Rubensa BM Porriño, foi elixida MVP da final, segundo informa a Federación Galega de Balonmán.
Foi un partido igualado, a pesar do que dí o resultado final. Nos primeiros dez minutos, intercambio de goles e continuos empates (7-7). A partir de aí, o Rubensa BM Porriño logrou escaparse no marcador de ata cinco goles, grazas a aportación en ataque de Carme Castro (14-9, min. 18), pero unha nova reacción do Oliveira & Faro Saeplast Cañiza logrou volver a meter emoción ao partido para alcanzar o descanso só dous tantos abaixo (17-15).

Na segunda metade, parecía que o Rubensa ía resolver o partido, pero o Cañiza se resistía e lograba recortar para poñerse novamente a dous tantos (24-22, min. 44). Foi aguantando ata case os últimos minutos a só tres goles (31-28), pero era necesario arriscar e así o conxunto dirixido por Abel Estévez logrou abrir distancias no marcador.
FICHA TÉCNICA
36) RUBENSA BM PORRIÑO: María Lago, María Groba (6), Ithaisa Trigo (2), Andrea Cristina Amarilla (3), Ángela Romero, Inés Pereiro, Paula Cortiñas, Carme Castro (9), Lucía Castiñeira (1), Antía Ubiña, Marta Groba (8), Mencía Lorenzo (2), Carla Rivero, Carla Baltasar (6), Alba Rodríguez, Begoña Otero.
30) OLIVEIRA & FARO SAEPLAST CAÑIZA: Alexia Penabella, Sara Carril (3), Emma Pérez, Alba Afonso (4), Sara Román (7), Lucía Afonso (2), Olalla Penabella, Iria Pérez, Ángela Oliveira (3), Carolina González, Sabela Vázquez (1), Alejandra Carballo, Laura Noemí González, Pamela Arca, Yaiza Alonso (5), Laura Morais (5).
PARCIAIS: 4-4, 8-7, 11-9, 14-10, 15-13, 17-15 – descanso – 19-15, 22-17, 25-22, 28-25. 31- 28, 36-30.
EQUIPO ARBITRAL: Paula Fontán e Andrea Martínez. Excluíron dous minutos a Ithaisa Trigo (2), polo Rubensa BM Porriño e a Sara Carrol, Sara Román e Ángela Oliveira, polo Cañiza.
INCIDENCIAS: Final da Copa Galicia feminina de balonmán, celebrada no pavillón do Gatañal en Cangas do Morrazo, cun magnífico ambiente na bancada.
















