Cada partido conta na loita pola permanencia na Liga Feminina 2. Ulla Oil Rosalía e Maristas Coruña sábenno ben. Por iso, coa primeira volta a piques de rematar, poder disputar un partido máis pode ser unha oportunidade de ouro. Compostelás e coruñesas o farán este xoves, 17 de decembro, ás 20:30 horas no Instituto Rosalía. Recuperarán o partido entre si que tiñan adiado desde o arranca.
A competición empezou accidentada e na Liga Feminina 2 a primeira xornada que tivo que aprazarse foi xa a de inicio da tempada 2020-21. Desde aquela, o Rosalía e o Maristas tiñan un duelo pendiente. Agora, logo de varias xornadas, ambos os dous conxuntos galegos chegan en malas posicións a este encontro. Separados por dous puntos (tendo o plantel de Chiqui Barros un partido menos xogado), todo apunta a que os dous equipos loitarán por permanecer na categoría ao final da competición.
Chiqui Barros, adestrador do Ulla Oil Rosalía: “Hai que xogar con confianza e sabendo que é unha oportunidade para sumar unha vitoria máis ás dúas que xa temos”
Segundo sinala o adestrador das compostelás, Chiqui Barros, este será “un partido moi importante, pero non máis que os outros, onde vai xogar o aspecto emocional e vai ser clave”. Para o técnico, a actitude debe ser de “tranquilidade e seguridade”, xa que “non se pode xogar con medo”.
En resumo, “hai que xogar con confianza e sabendo que é unha oportunidade para sumar unha vitoria máis ás dúas que xa temos”.
Rosalía e Maristas chegan con distintas sensacións
As compostelás serán as anfitrioas dun novo duelo galego da LF2. Con dez encontros disputados, o cadro de Santiago de Compostela ocupa a penúltima posición, ao lograr só dúas vitorias por oito derrotas. Con todo, atendendo ao seu rendemento nos últimos encontros, a táboa xa non refrexa o seu xogo.
No último partido, as xogadoras de Barros fixeron unha moi boa actuación ante o Osés Construcción Ardoi, un dos combinados máis fortes da categoría e, polo tanto, un dos rivais máis difíciles para o plantel do Rosalía, novato nesta competición. As galegas lograron situarse por diante no tempo do descanso e ao final perderon, pero por unha lixeira diferenza de só sete puntos.
Chiqui Barros, técnico do Ulla Oil Rosalía: “coñecemos ben e respetamos moito a este rival. Xogamos xa con elas e tradicionalmente nos gañaban, pero fumos capaces de gañales ultimamente algunha vez. Oxalá sexa outro partido máis no que consigamos unha vitoria”
Sobre o seu próximo rival, Chiqui Barros comentou que o “coñecemos ben e respetamos moito. Xogamos xa con elas e tradicionalmente nos gañaban, pero fumos capaces de gañales ultimamente algunha vez. Oxalá mañá sexa outro partido máis no que consigamos unha vitoria”.
De lograrlo, o Rosalía estaría dando un paso moi grande de cara a cumprir o seu obxectivo da permanencia.
O Rosalía perde cun moi bo partido ante un dos grandes da LF2
Pola súa banda, aínda que en mellor posición (ocupando o undécimo posto) está o Maristas. O combinado coruñés chega dunha derrota ante o GDKO Ibaizabal convertíndose no cadro menos anotador das últimas catro xornadas e sumando tamén catro derrotas consecutivas.
O bo facer de xogadoras individuais como Andrea Pérez, que suma 149 puntos anotados esta tempada, Laura Cervelo, cun 51,61% de acerto de media nos tiros de dous, ou Marina Feijóo, a máxima anotadora de tres da competición, non é suficiente para tirar do equipo.
Para ambos, esta será unha oportunidade vital para alonxarse dunha parte inferior da LF2 moi competida, onde entre os sete equipos de abaixo só hai unha diferenza de seis puntos, ou tres partidos gañados.
JUEVES, 17/12 – 20:30 H.
PABELLÓN INSTITUTO ROSALÍA
JORNADA 1 (APLAZADO)ULLA OIL @RosaliaFEDESA Vs @MaristasCoruna
Podrá seguirse en directo aqui: https://t.co/zgjgHytJpn@deporte_galego @dxtSan @SomosABANCA @BaloncestoESP @CompeticionFEB @FGB_Baloncesto#VamosRosa #LF2 pic.twitter.com/eGw943Ohzp
— Rosalia FEDESA (@RosaliaFEDESA) December 16, 2020