• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Rocío Alfonso (Marines ENKI): “No deporte estamos completamente normalizados”

A agrupación correrá polas rúas da Coruña na C10 deste domingo para visibilizar as enfermidades raras dos seus fillos, apaixoados das carreiras

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
02/10/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
MarInes ENKI / CEDIDAMarInes ENKI / CEDIDA

MarInes ENKI / CEDIDA

275
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Este domingo as rúas da Coruña verán a un equipo moi especial na Coruña 10. Vestidos con equipamento “militar”, este grupo, “o máis bonito de toda a carreira, o único que se vai ver alegre e pasándoo ben” son os Marines ENKI.

Este conxunto de corredoras e corredores xa é un habitual das carreiras populares, nas que empurran os carriños de Mario e Inés (de aí Marines), con discapacidade pero apaixoadas polo deporte. Rocío Alfonso é a nai de Inés, e apunta que “no deporte estamos completamente normalizados. Podemos ir con ela coma se non houbese discapacidade”.

O proxecto Marines ENKI naceu para superar obstáculos

Na familia de Rocío e Inés o deporte era parte da rutina, “probamos por ocio familiar e encantoulle“. Desde o 2014 os cinco compoñentes da familia comezaron no Coruña Corre e outras citas, pero a verdadeira revolución chegaría máis adiante.

Inés ten 14 anos e unha enfermidade rara chamada Síndrome de Cornelia de Lange, e agora participa cos Marines subida a un carriño de running. Entre as amizades que a familia fixo nos eventos deportivos está a familia de Mario, un neno que sofre parálise cerebral e que acudía ás citas co seu pai nun deses vehículos.

A estrea de MarInes ENKI / CEDIDA
A estrea de MarInes ENKI / CEDIDA

“O proxecto naceu das complicacións”, recorda Rocío botando a vista atrás. As primeiras veces que intentaron participar nas carreiras populares co carro foron descalificados. A base de insistencia, a regulación mudou cun acordo coa Federación e o Concello da Coruña, e agora están permitidos se son para levar a persoas con discapacidade, un cambio que “viu de aí, da necesidade dos nosos fillos de participar con nós, que poucas cousas podemos facer en común pero o deporte é unha”. 

Rocío Alfonso: “Poucas cousas podemos facer en común pero o deporte é unha”

Carreira a carreira foron creando ao seu redor unha rede de apoio nun doble sentido, á hora de empurrar o carriño, e mental, ao crear un grupo común: “Agora os amigos que a coñecen do deporte, se algún día teñen que quedar con ela pois o fan. Axúdate no día a día, que pode dar medo non saber facelo ben ou medo ao descoñecido”.

A primeira participación oficial de Marines ENKI foi na C21 do 2020, celebrada no mes de febreiro, pouco antes do estalido da pandemia. “Nacimos para a C21. Xuntámonos e falamos con ENKI, que nos da a infraestrutura e os vehículos adaptados, porque son moi caros. Unha silla para correr polo monte coma a que usamos con Inés vale 4.000 euros e ti non podes mercala por probar e que despois a nena diga que non lle gusta”, apunta Rocío.

Paixón pola velocidade

Desde entón, e malia o parón obrigado, o proxecto non deixou de medrar. Agora participan tanto en asfalto coma en monte: “Gústannos as da cidade porque é onde corremos e adestramos e é máis cómodo para nós, e agora tamén queremos ir máis fóra para viaxar e facer plans con eles”.

Sen ir máis lonxe, hai un par de semanas o equipo participou na media maratón de Ribadeo, onde o equipo ao completo desfrutou da experiencia. Pero máis aló da carreira, a Mario e a Inés tamén lles gustan os recoñecementos. “Os da organización sempre teñen un detalle cos nenos, dánlles unha medallita, ou os suben ao podio. E nós diciamos iso da igual, con que nos deixedes participar xa está, pero é mentira, resulta que lles gusta. Parecíame raro porque Inés non tiña capacidade ningunha e agora ata morde a medalla ao Nadal”.

Rocío Alfonso: “Inés non tiña capacidade ningunha e agora ata morde a medalla ao Nadal”

MarInes ENKI nunha carreira de montaña / CEDIDA
MarInes ENKI nunha carreira de montaña / CEDIDA

Ademais, os xa expertos corredores demandan emocións fortes. “Mario ten parálise cerebral e hai que protexer o seu dorso, pero intentamos darlle velocidade porque o traqueteo lles gusta, pero lle vén mal. E logo tolas como a miña, que non ten ningún problema físico de control corporal, que ela se xestiona ben e non ten problema ningún, canto máis velocidade e máis loco sexa, máis ri. Á miña gústanlles as emocións fortes. Eu non iría con Inés no monte, non me subiría a esa silla, dígocho de verdade. Da moito medo. Son inconscientes ou valentes, pero o pasan pipa”, explica animada Rocío.

ENKI recada máis de 2.000 euros para o proxecto benéfico Marines

Deporte é saúde

Ademais de pasalo ben, o deporte está a ter beneficios na saúde dos nenos. No caso de Inés “mellorou un montón o control postural, durme moito mellor. Cando non a saco a correr non pode dormir, necesita ese movemento e ese estímulo”.

A familia de MarInes ENKI / CEDIDA
A familia de MarInes ENKI / CEDIDA

Antes era máis difícil controlar a Inés nas esperas, “pero nas carreiras é capaz de agardar o seu turno quieta e sen protestar é incríble. Tanto desexo e gañas de saír ten que se porta ben na saída”, indica a súa nai. “O deporte axuda e se tes outros problemas físicos, como tiña Inés, que tiña moitos problemas de enfermidades, axudouna moitísimo, cada vez está menos tempo enferma”, explica.

Normalización co dorsal ao dorso

“O deporte non só é un ocio para eles e para nós foi normalizalo”, resume Rocío. “A nosa intención ao ir con ela a todos os sitios sempre foi visibilizar”, engade. 

www.asnosas.gal/a-experiencia-dun-voluntario-de-marines-enki 

Para os nenos participar nestes eventos “é coma unha festa. Ao principio mirábannos raro, pero agora xa… É unha pasada, cando vas nunha carreira ou pola rúa, todo o mundo saúda a Inés. Teñen fans, nós somos anónimos. Pasamos da discapacidade, que parece que somos os apartados, a sentirse estrelas. Iso é incríble, nós como pais non podemos estar máis contentos”.

Rocío Alfonso: “Pasamos da discapacidade, que parece que somos os apartados, a sentirse estrelas. Iso é incríble, nós como pais non podemos estar máis contentos”

Ademais a familia está a medrar, e na C10 tamén estará Paula. “Están atados a unha silla e isto dálles velocidade, compañeirismo, socialización. Dámoslle unha vida social que non tiñan e no seu caso sen os seus pais”, engade.

Ao final, o obxectivo de Marines ENKI non é outro que “darlle mobilidade e un rato de ocio a esas persoas que por eles mesmos non poden. E a nós que máis nos da correr sós que coller e levar a alguén e pasalo ben. Mellor o pasamos nós”, indica Rocío. Unha mostra do seu lema ‘Empurrando sorrisos’.

A tropa de MarInes ENKI preparando a C10 / CEDIDA
A tropa de MarInes ENKI preparando a C10 / CEDIDA
Etiquetas A CoruñaC10Coruña 10ENKIMarines ENKI
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

'Maiores en Plena Forma', un programa de envellecemento activo / CONCELLO DA CORUÑA

‘Maiores en Plena Forma’ fomenta o envellecemento activo na Coruña

por Redacción As Nosas
23/10/2025
0

  O Concello da Coruña activa o programa 'Maiores en Plena Forma', con actividades gratuítas en 15 centros A Concellería...

María Nogueira, xogadora das Celtas / RC CELTA DE VIGO

As Celtas dobregan As Nosas deportivistas na Madroa e levan o duelo de rivalidade Vigo – Coruña do futfem galego (1-0)

por Redacción As Nosas
14/10/2025
0

As Celtas impuxéronse pola mínima ante un Dépor Abanca B que aguantou o primeiro tempo pero na segunda metade viuse...

IV Trofeo Internacional Ferenc Szabó de halterofilia en A Coruña / CH CORUÑA

O IV Trofeo Internacional ‘Ferenc Szabó’ de halterofilia celebrouse na Coruña con participación dos clubs galegos CH Coruña e CH Cambre

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Esta fin de semana o Pavillón Polideportivo Municipal dos Rosales na Coruña acollía o IV Trofeo Internacional 'Ferenc Szabó' de...

Karina Callón, gañadora da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

Queres inscribirte na San Silvestre Coruña? Ábrese prazo o 15 de outubro

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O prazo de inscrición para a XVI San Silvestre Coruña, a edición do ano 2025, abrirase este mércores 15 de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

09/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.