Xa é unha realidade. A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) inicia o Plan Corresponsables. A entidade que preside Rafael Louzán é unha das 18 federacións deportivas que se uniu ao programa de animación sociodeportiva previsto ao amparo do Plan Corresponsables, que forma parte da colaboración da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes coa Consellería de Promoción do Emprego en Igualdade na área de deportes da Xunta de Galicia.
Esta iniciativa permitirá realizar accións de animación sociodeportiva que se executaran a través dos distintos programas das federacións deportivas que contan cun proxecto no marco do Plan Corresponsables, como son:
- Baloncesto
- Balonmán
- Bolos
- Boxeo
- Esgrima
- Fútbol
- Fútbol Sala
- Halterofilia
- Hoquei
- Loita
- Montañismo
- Piragüismo
- Salvamento e Socorrismo
- Squash
- Surf
- Taekwondo
- Tenis
- Triatlon
- Péntatlon Moderno
- Vela
O obxectivo desta iniciativa é fomentar a práctica deportiva entre a poboación nova. O Plan achegalles distintas modalidades e favorecendo así a convivencia e o xogo en equipo desde as idades máis temperás.
Corresponsables chega con fútbol Sala a Begonte, Narón, Marín e Guitiriz
A RFGF pon en marcha varias actividades de fútbol sala nos concellos de Marín, Guitiriz, Begonte e Narón durante os meses de setembro, outubro e novembro en horario de tarde.
Todos/as os interesados/as en participar nesta iniciativa poderan solicitar máis información e inscribirse enviando un correo electrónico a corresponsables@futgal.es