• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

A RFGF escoitou a máis de 900 clubs de fútbol e fútbol sala de Galicia nas últimas semanas

Máis de 20 encontros telemáticos fixeron posible coñecer como están a xestionar os clubs a situación de parón polo COVID19

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/05/2020
en Fútbol, Fútbol Sala, Máis fútbol, Máis FutSal
Reunións telemáticas da RFGF cos clubs / FUTGAL

Reunións telemáticas da RFGF cos clubs / FUTGAL

180
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Segundo informa a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), a entidade escoitou ao longo das últimas semanas a máis de 900 clubs de fútbol e fútbol sala de Galicia. A Federación fala dun “exercicio de transparencia sen precedentes” no que se levaron a cabo “máis de 20 encontros telemáticos”.

A Real Federación Galega que Fútbol que dirixe Rafael Louzán resalta nun comunicado que “volveu demostrar que está máis preto dos clubs que nunca. Nun exercicio de transparencia sen precedentes no balompé autonómico, a Federación deu voz a practicamente todos os clubs galegos do fútbol semiprofesional e afeccionado”.

Explican desde a entidade que, durante as últimas dúas semanas, a Xunta Directiva encabezada polo presidente Louzán, mantivo máis de 15 encontros telemáticos nos que deu voz aos 4 representantes galegos na Segunda División B, aos 20 clubs de Terceira, aos 40 da Preferente, aos 90 da Primeira Galicia e aos máis de 380 da Segunda e Terceira Galicia das sete delegacións e subdelegacións federativas (A Coruña, Ferrol, A Costa, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo). Tamén a todo o fútbol feminino e a más de 100 clubs de fútbol sala.

En total, máis de 900 clubs son os que asistiron a todas estas reunións, as cales tiveron un “éxito absoluto de convocatoria e de participación, tendo todos a oportunidade de expresar a súa opinión (un 80% de asistencia ás convocatorias)”, sinalan desde a RFGF.

O obxectivo destas reunións non era outro que coñecer como están a xestionar os clubs a situación creada polo parón competitivo, ademais das súas ideas e suxerencias en todos os ámbitos, pero principalmente desde o punto de vista competicional tendo en conta a situación de excepcionalidade.

A RFGF falou cos clubs do fútbol femenino

Ademais, a Federación tamén coñeceu de primeira man o sentir do fútbol feminino tras as videoconferencias que mantivo cos nosos representantes na Liga Iberdrola e Reto Iberdrola, Primeira Nacional Feminina e Primeira e Segunda Galega.

A Real Federación Galega de Fútbol tamén tomou boa nota das suxerencias de todos os equipos das categorías nacionais de fútbol sala: Primeira, Segunda, Segunda División B e Terceira masculinas, ademáis da Preferente; Primeira e Segunda División femininas e a División de Honra Xuvenil. En total, o ente federativo escoitou a máis de 100 clubs de fútbol sala.

Nos vindeiros días tamén se programarán reunións cos clubs de fútbol sala das ligas locais para así escoitar a todos e cada un dos clubs da especialidade.

Cómpre salientar que a Xunta Directiva da RFGF tamén ten intención de reunirse nas vindeiras semanas con todos os clubs de Fútbol Veterano. Xa o fixo con algúns da Delegación de Pontevedra e tamén o fará con todos os demais.

Escoitáronse propostas de cara ao futuro da competición

Durante estes encontros telemáticos o presidente Rafael Louzán presentou un informe e púxose sobre a mesa a situación das distintas competicións federativas. De igual modo analizouse a situación dos adestradores e xogadores, escoitando as necesidades dos clubs.

Como no resto de competicións, a pandemia mundial supuxo o paro indefinido das competicións federadas así como as eliminatorias de Copa. A Federación deixa claro que a prioridade absoluta agora mesmo é a saúde e ante as dúbidas dos clubs móstrase aberta a escoitar as diferentes propostas para o futuro da competición. Enriba da mesa varias posibilidades sobre as que se pronunciaron os clubs: anulación total da tempada invalidando as clasificacións; reiniciar a tempada cando existan garantías sanitarias e dar por finalizada a competición dando validez ás clasificacións existentes a 14 de marzo (momento no que se decretou o estado de alarma) aplicando os ascensos estipulados, pero non os descensos.

Comisión Deportiva

A Comisión Deportiva da RFGF continúa traballando durante as últimas semanas co obxectivo de analizar a situación competicional derivada pola pandemia. Dita Comisión, da que forman parte os membros do departamento de Competición e a Dirección Deportiva da Federación, xa estableceu unha folla de roteiro e contempla varios escenarios para dar solución a esta complexa situación deportiva en canto a RFEF adopte a decisión definitiva. Unha decisión global para todo o fútbol 11 galego tratando de ser o máis xustos posibles nunha situación claramente excepcional na que resulta imposible dar coa solución perfecta.

Influencia da decisión da RFEF

A Federación está a estudar “todas as posibilidades e propostas co obxectivo de tomar a mellor decisión posible sempre tendo en conta a decisión final que adopte a Real Federación Española de Fútbol, pois o que se faga nas categorías nacionais ten influencia sobre as autonómicas”.

“Todo elo sendo moi conscientes de que a prioridade é a saúde e cumprir coas recomendacións das autoridades sanitarias”, apuntan desde a Federación Galega. Por iso, a Xunta Directiva está “en permanente contacto coas autoridades e xa mantivo tamén varios encontros con especialistas ben coñecedores dunha situación de pandemia como a que estamos a vivir. Polo momento son moitas as incógnitas que se irán disipando co paso das semanas, polo que solicitamos prudencia a todos e seguir loitando por gañarlle a batalla ao COVID-19″, explica a Federación.

Etiquetas federación galegafederación galega fútbolfútbolfútbol salafutgalRafael LouzánRFGF
Comparte10Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Alberto Rodríguez substúe a Fran Alonso no banco do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

O arteixán Alberto Rodríguez, novo adestrador do Dépor ABANCA na tempada 2026-27

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Alberto Rodríguez (Arteixo, 22 de febreiro de 1989) será o adestrador do Dépor ABANCA na temporada 2026-27, segundo informa o...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.