• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

A RFEF convoca axudas para clubs de Primeira e Segunda División de fútbol sala feminino cun orzamento de 410.000 euros

Este programa destina un máximo de 410.000 euros e o prazo para solicitar estas achegas remata o 15 de setembro | Nestas categorías militan varios clubs galegos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/08/2022
en Fútbol Sala, Máis FutSal
competición de futsal - fútbol sala axudas

FUTGAL

121
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • A RFEF convoca axudas por máis de 2.500.000 euros para as competicións oficiais xuvenís da RFEF e para o fútbol sala feminino.

A Real Federación Española de Fútbol anuncia dúas convocatorias de axudas a clubs. Unha para os clubs non profesionais con equipos en División de Honra e en Liga Nacional xuvenil e outra para os de Primeira e Segunda división femininas de fútbol sala.

Na Primeira División do fútbol sala estatal militan este curso cinco equipos. Trátase dos conxuntos galegos: ENCE Marín Futsal, Ourense Envialia, Pescados Rubén Burela, Poio Pescamar e o ascendido Viaxes Amarelle FSF. Mentres que na Segunda División competirán:  FSF Castro, Ourense Envialia B, Cidade de As Burgas GLS, Valdetires Ferrol FSF, 5 Coruña FS, Bembrive, Comarcal A Fervenza. 

Comarcal a Fervenca FSF vs Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Comarcal a Fervenca FSF vs Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Estas axudas “buscan dotar aos clubs dos mellores medios, estruturas e facilidades que sirvan de apoio á mellora técnica e o máximo rendemento dos clubs e dos xogadores das seleccións españolas inferiores de fútbol, así como impulsar o nivel competitivo da selección española de fútbol sala, o papel da muller na RFEF, axudar á profesionalización dos clubs e colaborar a regularizar a situación laboral das xogadoras”, aseguran desde a RFEF.

Este programa para os clubs de División de Honra e Liga Nacional Xuvenil da tempada 2022-23 destina 2.106.000 euros procedentes do orzamento da RFEF. Está aberto aos clubs cuxos equipos do club non participen en competicións de ámbito estatal e carácter profesional, que teñen ata o 20 de setembro para presentar as solicitudes. A cantidade destinada a estas axudas divídese en tres ámbitos.

O prazo para pedir estas axudas remata o 15 de setembro

En canto ás axudas aos clubs de Primeira e Segunda división de fútbol sala feminino, este programa destina un máximo de 410.000 euros. Neste caso, o prazo para presentar as solicitudes é ata as 18:00 horas (peninsular) do 15 de setembro.

A cantidade destinada a estas axudas divídese en tres ámbitos:

  • O primeiro, as axudas á profesionalización das xogadoras de Primeira división (242.000 euros), cunha axuda máxima de 15.000 euros por club.
  • O segundo, as axudas á emisión televisiva de Primeira división (100.800 euros), que se xestionará de maneira conxunta coa RFEF.
  • O terceiro serán as achegas para a contribución de gastos de comunicación e visibilidade da competición para os equipos participantes en Segunda división (67.200 euros).

A RFEF fixa como obxectivos deste programa de achegas as seguintes metas:

  • Impulsar o máximo nivel competitivo da Selección Española para as competicións oficiais internacionais.
  • Impulsar o papel da muller dentro da RFEF en todas as súas competicións e, neste caso, especialmente no fútbol sala.
  • Axudar á profesionalización e ás estructuras dos clubs.
  • Colaborar cos clubs na regularización da situación laboral actual das súas xogadoras, así como ao pago da seguridade social das mesmas.
  • Promocionar a base favorecendo o crecimento e o impulso de cara ao futuro do fútbol sala e, especialmente, do futsalfem.

Entre dos requisitos que a RFEF solicita aos clubs que desexen adherirse ao programa de promoción federativa para o fútbol sala feminino pídense estas condicións no caso dos clubs de Primeira División FSF:

  • Contar cun mínimo de xogadoras con contrato de traballo e dadas de alta á Seguridade Social durante un mínimo de 10 meses por tempada. (Mínimo 4 xogadoras seleccionables para España ou cun mínimo de 5 anos de licenza federativa en España ou 3 xogadoras e un técnico con licenza de primeiro adestrador na categoría correspondente para a tipoloxía A ou mínimo 6 xogadoras seleccionables para España ou cun mínimo de 5 anos de licenza federativa en España ou 5 xogadoras e un técnico con licenza de primeiro adestrador na categoría correspondente para a tipoloxía B).
  • Contar cun ou varios equipos de base (considéranse como equipos de base os das categorías prebenjamines, benjamines, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís).
  • Contribuír ao programa cos potenciais activos da cesión dos dereitos de imaxe dos partidos da competición oficial para poder ser emitidos pola RFEF ou mediante un terceiro como parte das obrigacións da RFEF de dar a máxima difusión audiovisual á competición deportiva.

Para los clubes de Segunda División de Fútbol Sala Femenino, a RFEF solicita:

  • Contar cunha estrutura organizativa profesional mínima no club e dispoñer dunha estratexia de comunicación e de visibilidade do club conxuntamente coa imaxe da competición da RFEF.
  • Dispoñer dun ou varios equipos de base (considéranse como equipos de base os das categorías prebenjamines, benjamines, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís).
  • Contribuír ao programa cos potenciais activos da cesión dos dereitos de imaxe dos partidos da competición oficial para poder ser emitidos pola RFEF ou mediante un terceiro como parte das obrigacións da RFEF de dar a máxima difusión audiovisual á competición deportiva.

Como se distribúen as axudas?

Segundo se indica na convocatoria as achegas “para a profesionalización das xogadoras de Primeira División. (Máximo 242.000€)” se distribuirían do seguinte modo:

  • Clubs Tipoloxía A con un mínimo de 4 xogadoras ou tres xogadoras e un/a técnico que cumpran as condicións do programa e con contrato de traballo de mínimo 10 meses cun salario neto anual mínimo de 3.000€ e dadas de alta á Seguridade Social. Axuda máxima 8.000€.
  • Clubs Tipoloxía B cun mínimo de 6 xogadoras ou 5 xogadoras e un/a técnico que cumpran as condicións do programa e con contrato de traballo de mínimo 10 meses cun salario neto anual mínimo de 3.000€ e dadas de alta á Seguridade Social. Axuda máxima 15.000€.

No caso das achegas “á emisión televisiva dos partidos da Primeira División”, neste caso o máximo son 100.800€. “A axuda xestionarase de maneira conxunta por parte da RFEF para o global dos clubs asumindo a RFEF directamente os custos de produción e emisión. Ditas axudas son incompatibles e subsidiarias coas mesmas cantidades se se outorgaren no programa Universo Muller III”.

Con respecto ao terceiro bloque, as “axudas para a contribución aos gastos de comunicación e visibilidade da competición para os equipos participantes na Segunda División”. Figura nas bases que o máximo neste apartado son 67.200€ e unha “axuda de 1.200€ por club”.

  • Consulta a convocatoria de axudas ‘Vertebración y Fomento’ para clubs de Primeira e Segunda División de futbol sala feminino.

Axudas ao fútbol xuvenil

No caso das axudas á participación nas competicións para a promoción do fútbol xuvenil (520.000 euros para equipos que militan na categoría de División de Honra e 614.000 para os de Liga Nacional). O segundo, as axudas para desprazamentos (198.000 euros para División de Honra e 228.000 para Liga Nacional), con distintos tramos segundo a distancia dos desprazamentos. O terceiro serán as axudas para os clubs exclusivamente canteiráns (168.000 para División de Honra e 378.000 para Liga Nacional).

Etiquetas Axudasfútbol salafutsalprimeira divisiónRFEFSegunda División
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

Plan Patrocinio Equipos Alta Competición Galicia Tempada 2025/2026 da Xunta de Galicia, 1.ª Fase / XUNTA DE GALICIA

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta chega á súa 17ª edición con 2,2M€ e 117 equipos convidados para a 1.ª fase

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar o anuncio da primeira fase...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.