• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

A RFEF e clubs de Primeira Iberdrola reúnense para analizar as medidas actuais respecto á COVID-19

Ante as reclamacións das futbolistas dun protocolo máis estricto, o organismo e os equipos acordaron revisar a normativa | Entre as medidas, priorizaranse a recuperación dos partidos adiados da primeira volta e algunhas recomendacións pasarán a ser obrigatorias

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/02/2021
en Liga Iberdrola Fútbol, Fútbol
RFEF e clubs de Primeira Iberdrola revisarán os protocolos

Botas e balón de fútbol

116
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A incidencia da pandemia está condicionando todas as competicións, con adiamentos e suspensións, e ás veces sen priorizar a saúde das deportistas. Isto é o que aseguran as futbolistas da Primeira Iberdrola, que lle pediron á Real Federación Española revisar a xestión deste curso da Liga.

Así, esta semana a RFEF reuniuse cos clubs de fútbol da máxima categoría, na Junta de División de la Competición Profesionalizada, para buscar solucións aos aprazamentos de xornadas e estudar o protocolo COVID-19 actual.

Esta xuntanza prodúcese días despois da convocatoria do organismo estatal ás capitás dos equipos de Primeira, o pasado sábado, 30 de xaneiro. Nesta reunión as futbolistas expresaron as súas opinións sobre a xestión actual e propuxeron solucións e melloras respecto ás medidas sanitarias e os adiamentos.

Pola súa parte, a RFEF informou de que todas as xogadoras deben superar semanalmente os test de antíxenos, suministrados grautitamente pola Federación. Ademais, cada club ten un Responsable Médico encargado de informar e firmar que todas as futbolistas poden competir; sen isto o partido non se poderá disputar.

Da mesma forma, a organización asegura que “non suspendeu nin un só partido sen que existira unha orde da autoridade competente ou sen un certificado médico que solicitara a suspensión”. Para a recuperación dos duelos, debe existir un novo certificado do Médico Responsable e ambos equipos deben estar dispoñibles na nova data.

As futbolistas reclaman un protocolo máis esixente

Ante a actual situación sanitaria, as xogadoras da Primeira Iberdrola emitiron un comunicado. Nel priorizan a saúde á competición e expresan a falta de acordos coa RFEF.

Por este motivo, as futbolistas inciden na necesidade de “determinar un protocolo máis concreto, con test e resultados máis controlados e baixo unha normativa que se cumpra a non ser que existan casos límites e excepcionais”.

O texto tamén reza que as deportistas consideran “que é de vital importancia ter un protocolo que nos protexa e sobre todo que se cumpra para poder desenvolver a nosa competición”.

As xogadoras insisten en que non queren solucións “rápidas, senón eficientes, firmes e xustas para os diferentes casos que existan”. Desta forma, propoñen priorizar os partidos adiados da primeira volta e só competir en caso de que ambos conxuntos conten co mínimo de xogadoras dispoñibles.

O comunicado remata solicitándolle á RFEF as modificacións necesarias do protocolo actual e a garantía de que a competición poida levarse a cabo de maneira continua “e evitar así unha liga adulterada e chea de incertidumes”.

“Queremos solucións. Queremos xogar. Queremos fútbol feminino”, rematan as deportistas. Entre elas está a galega e exdeportivista Tere Abelleira, que foi unha das futbolistas que se fixo eco en redes destas reclamacións.

#PrimeraIberdrola #QueremosSoluciones pic.twitter.com/1OHoCbwBkF

— Teresa Abelleira (@teresabelleira) January 30, 2021

A RFEF estuda convertir en obrigatorias algunhas recomendacións

Coñecendo a posición das futbolistas tras emitirse o seu escrito e terse reunido coas capitás na súa representación, a RFEF organizou unha xuntanza cos clubs esta semana.

Nela ambas partes comprometéronse a estudar a posibilidade de convertir algunhas recomendacións en obrigacións. Así mesmo, tendo en conta que o calendario o permite, continuarase recuperando partidos adiados de Liga e Copa.

No marco desta xuntanza, así como na celebrada a semana pasada, a RFEF insiste na “necesidade de ter en conta a prioridade absoluta: a saúde”.

A Federación recorda tamén que o protocolo español “é o máis esixente de Europa, algo fundamental se temos en conta a situación actual do noso país, con máis de 700 mortes diarias causadas pola pandemia”.

Segundo informa o organismo estatal, é posible finalizar a competición programando os duelos aprazados dentro dun “calendario comprimido” e coa posibilidade de “absorber os encontros pendientes”.

Case un 20% dos partidos tiveron que ser adiados

Protocolos aparte, a realidade é que a golpe de febreiro, un 18,5% dos encontros tiveron que ser adiados, xa fora por casos de COVID-19 nos equipos ou polas consecuencias do temporal Filomena.

Na competición regular aínda quedan, sen contar con recuperacións de partidos, 16 xornadas. No caso do Dépor ABANCA 19, ao ter tres duelos pendentes.

Segundo a RFEF, “en total xogáronse o 88,3% de todos os encontros programados ata a data, de tal maneira que en 18 xornadas se disputaron 143 partidos dos 162 que se terían que ter xogado”.

Porén, clubs e Federación, atendendo ás peticións das futbolistas, acordaron evaluar distintas medidas:

  • A posibilidade de mobilizar aos filiales cando existan positivos nos equipos principales.
  • Pasar as recomendacións a medidas obrigatorias, como a suxerencia de que existan vestiarios distintos para as futbolistas.
  • Priorizar os partidos da primeira volta.
  • A posibilidade de competir aínda con positivos no plantel flexibilizando o protocolo.
  • Implementar unha labor fiscalizadora ou “policial” investigando aos clubs desde a Federación, onde xa existe un procedemento para canalizar denuncias.

Dentro destes puntos, a organización prioriza o relativo a establecer obrigacións no canto de medidas, tendo en conta a situación dos clubs respecto aos seus presupostos e gastos.

Clubs e Federación reuniranse de novo a finales desta semana para poñer en común as conclusións destas propostas e tomar unha decisión cara o futuro da competición.

En palabras da RFEF, “a Federación, xunto aos clubs mostra, desta maneira, actitude dialogante, pero tamén a súa firmeza e rigor para afrontar a competición coa máxima responsabilidade, que non é outra que priorizar, por riba de todo, a saúde”.

Á fin da xuntanza, a directora do Fútbol Feminino, María Tato, e a directora do Departamento Médico da Federación, a doutora Helena Herrero, expresaron as súas valoracións.

Etiquetas Dépor ABANCAdeportivofútbolLiga Iberdrola FútbolPrimeira IberdrolaPrimera IberdrolaRC DeportivoRCDRFEFTere Abelleira
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF) organizou este sábado 9 de maio, en Vigo, a segunda xornada...

A Nosa Champions de fútbol, en Vilagarcía / RFGF FUTGAL

Vilagarcía albergou a 2.ª xornada da Nosa Champions Fútbol

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

  O campo de fútbol municipal de Berdón, o fogar do Vilagarcía SD, vestiu as súas mellores galas este sábado...

Ascenso do Victoria CF á 2.ª Federación feminina / RFGF - FUTGAL

O Victoria CF da Coruña acada un histórico ascenso á 2ª Federación Feminina

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

O Victoria CF da Coruña acadou o ascenso a 2ª Federación logo de superar ao Zaragoza nunha gran eliminatoria. Con...

Marisa García e Mella protagonizan un encontro con seareiros da man de FEIRACO en Xuxán / CLUN

Feiraco fai que os afeccionados e futbolistas do RC Deportivo se encontren no Eroski de Xuxán na Coruña

por Redacción As Nosas
07/05/2026
0

  David Mella e Marisa García, xogadores do RC Depotivo e do Dépor Abanca, protagonizaron un encontro con afeccionados do...

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

15/05/2026
Luis López-Tulla, adestrador / POIO PESCAMAR

Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar ata 2028

14/05/2026
Foro Sustentabilidade en instalacións deportivas / CLÚSTER DO DEPORTE

O foro de sustentabilidade de instalacións deportivas marca o camiño do novo modelo do deporte galego

14/05/2026
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.