A Comisión Xestora da Real Federación Española de Fútbol aprobou as Normas e bases de competición para as todas as categorías de fútbol e futbol sala, tanto masculinas como femininas, que organiza a propia Federación ao ser da súa exclusiva titularidade.

As competicións comezarán con carácter xeral o próximo 18 outubro, salvo excepcións como a Primera Iberdrola e a Primeira División de Fútbol sala masculino, que arrincarán o 3 ou o 4 de outubro.
Ambas as dúas competicións, do mesmo xeito que a Primeira División feminina de Fútbol sala, son unha excepción tamén no criterio xeral de dividir as categorías en subgrupos.
Galicia conta con representación na Primera Iberdrola, onde milita o RC Deportivo ABANCA, e na Primeira División Feminia de Fútbol Sala competirán este curso 2020-2021 os conxuntos do: Burela Pescados Rubén FS, Ourense CF Envialia, Poio Pescamar, Cidade de As Burgas e o recén ascendido Viaxes Amarelle FSF.
Conclúe por tanto a folla de roteiro marcada por este órgano para o inicio das competicións federativas, unha vez confirmouse a semana pasada o protocolo sanitario aprobado polo Consello Superior de Deportes para estas.
A RFEF apostou pola división en grupos e subgrupos, organizando as ligas en dúas fases
En todas elas aplicouse un criterio sanitario para estruturarlas en grupos e subgrupos, cun principio de proximidade xeográfica, configurándose unha primeira fase de liga regular a ida e volta entre os equipos dos subgrupos e unhas segundas fases específicas nas que os equipos xogarán por obxectivos concretos arrastrando o coeficiente de puntos por partido e os resultados da primeira fase.
Cada unha das normativas de competición contempla disposicións específicas para resolver situacións de aprazamento ou suspensión por causa da COVID, así como xornadas de recuperación nos calendarios para programar aqueles partidos que deban suspenderse ao longo da tempada.
🔴 La RFEF establece un “Protocolo Reforzado” para sus competiciones a partir del aprobado por el CSD
ℹ️ Prevé los mecanismos para tratar de prevenir la expansión de la pandemia y actuar ante las distintas situaciones que pudieran producirse
🔗 https://t.co/mYMzVrAnHy pic.twitter.com/rZWKBOA1bg
— RFEF (@rfef) September 14, 2020
Por outra banda, a RFEF informa de que os campionatos de España de seleccións territoriais de fútbol e fútbol sala quedan suspendidos ata final de tempada, momento no que se decidirá se é viable a súa disputa en formato concentración.