Reyco continuará sendo un dos principais apoios do Burela FS en 2026-27. Así amosaron con decisión, dende a empresa de loxística e transportes sita en Foz, a reafirmación do seu compromiso para a vindeira tempada nunha xuntanza mantida co presidente da entidade laranxa, José Luis Sáez Castro, segundo informan desde o club da Mariña.
Reyco, con Miguel Ángel Rey como fundador e Iván Marrube como xerente, converteuse no patrocinador principal do Burela FS a finais de 2025 como un dos seus alicerces máis sólidos para garantir a competición na etapa máis delicada do club mariñán.
Inscritos os dous equipos do Reyco Burela FS na 2.ª División
O Reyco Burela FS puido inscribir os seus dous equipos en Segunda División para 2026-27 o venres pasado, grazas á implicación da directiva e diferentes xestións co sector privado.
Co seu 25º aniversario no horizonte, o club laranxa informará da súa actualidade e viabilidade o martes 7 de xullo en asemblea de socios/as, no salón de conferencias de Burela (19.30 e 20.00 horas, en primeira e segunda convocatoria respectivamente).





















