O CPA Maxia regresa con dúas medallas do Campionato de España infantil e alevín que se disputou en Figueres. A patinadora Olivia Rey acadou a prata na categoría infantil, sumando 89,16 puntos, mentres que Marta Fraga foi bronce alevín, con 37,79 puntos.
Tamén acudiron á proba alevín as galegas Carla Gilsanz, do CPA Gondomar, que resultou oitava, Alba González, do CP Buxaina, que resultou duodécima e María Miranda García, do CPA Condado, decimoitava clasificada. En infantil, Xiana Fernández, do CPA Gondomar, foi undécima.