Rematado o Mundial a OK Liga Ibedrola regresa e HC Deportivo Liceo volvía á competición na máxima categoría do hoquei a patíns feminino estatal. Non puido facelo con vitoria. As xogadoras que adestra Stanis García caeron derrotadas pola mínima ante o Igualadada Femení Grupo Guzmán.
🔥 Xornada 6
🆚 @IgualadaFHCP
🏆 OK Liga Iberdrola
🏟️ Complejo Deportivo Les Comes
🗓 19/11/2022
🕧 17:00 pic.twitter.com/ot5spB3EHO— Hockey Club Liceo Feminino (@HCLiceoFem) November 16, 2022
O conxunto verdibranco do HC Deportivo Liceo estivo adestrando durante o campionato do mundo coas xogadoras que non estaban coas súas repectivas Seleccións. Recuperaba Stanis García a xogadoras como Viky Caretta, Alba Garrote e Bea Gaete que se sumaba á expedición en terras catalás. Queda por chegar Adriana Soto.
O primeiro tanto foi para as locais con un gol de Aida Mas que igualaba un minuto despois Lara Yáñez. Puido poñer por diante Alba Garrote ás galegas do HC Deportivo Liceo de ter transformado a falta directa froito do cartón azul que vía Blanca Angrill. Pero o electrónico non se moveu.
Precisamente antes de chegar ao descanso foi Blanca Angrill quen anotou o 2-1 de penalti. Ao intermedio chegouse co empate 2-2 froito dun gol de Alba Garrote.
Na segunda metede volvería a golpear primeiro o Igualada cun gol de Carolina Herrera que colocaba no marcador o definitivo 3-2 a sete minutos do bucinazo final a través dunha falta directa.
🔵🟡 IFHCP | OK Liga Iberdrola 🔵🟡
L’ @IgualadaFHCP fa un partit molt complet a Les Comes i supera al @HCLiceoFem (3-2)
Amb el suport de Mudanzas Hermanas Guzman
📰▶️ https://t.co/l2asA7kNhW#Igualada #IFHCPower #OKLigaF #baseIFHCP pic.twitter.com/VxvAQDyYVu
— Igualada Femení HCP (@IgualadaFHCP) November 20, 2022
FICHA TÉCNICA
3) IGUALADA FEMENÍ GRUPO GUZMÁN: Carla Batllé Morell, Pati Miret (C), Paula Molina Martínez, Blanca Angrill González e Helena de Sivatte – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Aida Mas, Carolina Herrera, Marina Monge Terrado e Mar Bricolle Casals.
2) HC DEPORTIVO LICEO: Viky Caretta, María Sanjurjo, Alba Garrote, Lara Yáñez e Lucía Paz (C) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Bea Gaete, Marlena Rubio Ramón, Cris Diz e Ariadna Escalas Rodríguez.
GOLES: 1-0 Aida Mas min. 4. 1-1 Lara Yáñez min. 5. 2-1 Blanca Angrill min. 16 (penalti). 2-2 Alba Garrote min. 16. 3-2 Carolina Herrera min. 44 (falta directa)
EQUIPO ARBITRAL: José Bravo Carrasco, Xavier Valiente Soler, e como cronometrador José María Crespo Manos. Amonestou con cartón azul a Blanca Angrill polo conxunto local e Viky Caretta polas visitantes.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á sexta xornada da OK Liga Iberdrola disputado na cancha do Complejo Deportivo Les Comes en Igualdada.





















