Na xornada 12, o 10 de decembro do ano pasado, o Poio Pescamar vencía por 2 – 0 ó Roldán STV e foi daquela cando comezou o seu “exilio” ó pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra mentres se acometían as obras de renovación da pista da súa casa, A Seca. Pouco máis de tres meses despois, as conserveiras volven desputar un partido oficial na súa cancha habitual, recibindo á A.D. Alcorcón. O partido está fixado para mañá, sábado 25 de marzo ás 17:00 horas.
Durante estes tres meses, o primeiro equipo do Poio Pescamar adestrou entre o Príncipe Felipe e o pavillón de Lourido. No escenario pontevedrés as vermellas disputaron cinco partidos: catro en liga (vitorias ante ENCE Marín Fustal, Futsi Atlético Navalcarnero e Teldeportivo, así como un empate co Viaxes Amarelle) e a semifinal de Copa Galicia, na que venceu o Pescados Rubén Burela FS. Sen dúbida, o resultado de maior relevancia foi o triunfo sobre o equipo de Navalcarnero, ó que nunca gañan como local as galegas.
Tamén a base conserveira xogou lonxe da Seca
Houbo todavía máis movemento nos partidos e enfrontamentos da base. Dende Lourido ou o IES de Poio, ata o Príncipe Felipe e o CEIP San Benito de Lérez en Pontevedra e, incluso, partidos exercendo de local no pavillón do Toural, Vilaboa.
Coa volta á casa, o Poio Pescamar debe facer un fortín do pavillón da Seca dende este mesmo sábado. Tralo parón pola celebración da Eurocopa vense a recta final da liga, á que lle quedan nove xornadas por diante.
Clasificarse para o play-off polo título, obxectivo do Poio Pescamar
O obxectivo das futbolistas do equipo conseveiro é a clasificación para o play-off polo título por primeira vez na súa historia.
Para conseguilo, ten o Poio Pescamar unha boa renta de 14 puntos sobre o quinto posto, que ocupa precisamente a AD Alcorcón, o seu próximo rival no regreso á Seca.
Unha vitoria dalles tres puntos de ouro, ademais de significar dous novos récords no club, o de maior puntuación en Primera División (logrado o curso pasado con 55) e o de máis triunfos en liga (na campaña 2017 / 2018 e na 2021 / 2022 sumamos 17, os mesmos que teñen actualmente).