• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga F

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

Sara González por Sara González
13/12/2025
en Fútbol, Liga F
Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

86
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora a un dos maiores retos do curso: impoñerse á Real Sociedad, terceiro clasificado na Liga F. O partido terá lugar o domingo 14 de decembro a partir das 12:00 na cancha de Zubieta.

Grazas ao dobrete dunha brillante Ainhoa Marín, o club coruñés chega a este encontro nun tramo da tempada que podería tornarse moi positivo se logra vencer ao seu próximo rival, que parte como claro favorito.

O equipo atravesa un instante de boas sensacións, tanto no plano mental como no físico. En palabras do propio Fran Alonso na rolda de prensa deste venres: “Se hai un bo momento para xogar contra a Real Sociedad, é agora, porque estamos nun bo estado anímico e con bastante motivación”.

Unhas declaracións que deixan á vista a confianza que se respira dentro do vestiario. O equipo mostrou un bo nivel xeral durante o partido e ofreceu os seus mellores minutos ata o de agora fronte ao cadro granadino, o que deixou a sensación de que un cambio de rumbo é máis que posible.

A vitoria puido ser clave para o porvir do Dépor ABANCA, que selou o triunfo fronte ao conxunto dirixido por Irene Ferreras, coincidindo ademais co partido número 100 de Millene Cabral.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de As Nosas Xornal Deportivo (@asnosasdeportes)

Agora tocaralle medirse a un dos equipos máis fortes da Liga F, a Real Sociedad. Un rival que se atopa en postos Champions, no terceiro lugar da táboa clasificatoria, e que está a protagonizar un gran rendemento, con 8 vitorias, 3 empates e só 2 derrotas ata o momento. As donostiarras suman 27 puntos, a só dous do Real Madrid.

As galegas enfróntanse a un reto de envergadura

As galegas teñen por diante un reto de gran envergadura e deben manterse firmes se non queren deixar escapar ningún punto neste encontro.

Aínda que as circunstancias son distintas, a vitoria conseguida polo Dépor ABANCA o curso pasado en Zubieta por 1-2, cando as branquiazuis venceron por primeira vez ao conxunto “txuri-urdin”, debe estar presente na mente das xogadoras. Repetir ese fito sería unha inxección de enerxía e motivación decisiva para o equipo.

Volta de Olaya Rodríguez

Olaya Rodríguez, que non foi chamada á convocatoria ante o Granada CF debido a un proceso vírico, xa está recuperada e participou nos adestramentos do grupo con normalidade. A futbolista estará dispoñible para viaxar o próximo sábado a San Sebastián, onde o domingo o Dépor ABANCA xogará contra a Real Sociedad.

Tampouco entrou na lista de convocadas ante o Granada CF, Bárbara Latorre, que presentaba algunhas molestias físicas, pero que xa se reincorporou aos adestramentos.

Lía, figura en ascenso no Dépor ABANCA

Lía Muiño, que formou parte da primeira plantilla do Dépor ABANCA na tempada 16/17 e que tivo unha relación de idas e voltas co conxunto coruñés, parece estar a facerse un oco ao fin no equipo.

Pasou por momentos moi complicados hai uns meses, cando manifestou, xunto á súa compañeira Carlota Sánchez, que sentía presións por parte da entidade branquiazul para forzar a súa saída do club, unha situación na que mediou a asociación AFE e que foi comunicada ao RC Deportivo.

Agora parece que a situación se calmou e Lía Muiño atopa por fin o seu lugar entre o resto do grupo. A xogadora coruñesa disputou como titular un partido de Copa e participou en practicamente todos os encontros do Dépor ABANCA, nesta última fase da competición, saíndo dende o banco e cobrando cada vez máis protagonismo, que ela mesma gañou con esforzo e dedicación, segundo indicaba o propio Fran Alonso ao ser preguntado ao respecto.

Outro partido sen Henar e pendentes de Pizarro

O cadro deportivista afrontará o seu segundo partido sen Henar Muiña, unha das capitanas e, polo tanto, unha figura de peso tanto sobre o verde como dentro do vestiario.

A mediocentro asturiana, que chegou ao Dépor ABANCA no verán de 2022, sofre unha lesión no tendón proximal da musculatura isquiotibial dereita que a manterá fóra dos terreos de xogo un mínimo de 12 semanas, segundo recolle o parte médico do equipo coruñés.

Tampouco estivo dispoñible na última xornada Espe Pizarro, que, salvo cambios de última hora, continúa sendo baixa para o equipo despois de sufrir unha lesión no recto femoral durante o último parón de seleccións con Uruguay.

Mesmo rival nos oitavos de Copa da Raíña

O Dépor ABANCA afrontará os oitavos de final da Copa da Raíña o domingo 21, ás 12:00 horas, en Riazor, contra a Real Sociedad. A eliminatoria, que será a partido único, medirá de novo ás branquiazuis cun dos adversarios máis esixentes do torneo.

Será, ademais, unha nova oportunidade para ambas escadras de medir forzas, xa que se repite o duelo e os cadros técnicos terán ocasión de corrixir posibles desaxustes.

 

 

Etiquetas Dépor ABANCAfútbolLiga f
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.