O Aceites Abril CVO loitará por manter a súa terceira posición na clasificación da Primeira División Feminina da RFEVB, en fronte terá ao Voleibol Astillero, un rival que se reforzou no mercado de inverno.
Despois da pasada xornada, na cal o plantel do Aceites Abril sacaba a súa mellor versión para dobregar a unha potente Universidade de Valladolid. O equipo ourensán terá que desprazarse até Cantabria para medirse a un reforzado Voleibol Astillero.
Para o Aceites Abril CVO cada partido que queda por disputar é un reto de vital importancia xa que se conseguen dobregar a todos os seus rivais poderían finalizar a liga regular nunha soñada segunda posición que lle daría o pase á fase de ascenso á Superliga 2 do voleibol español.
O Voleibol Astillero vén de perder ante os CV Oviedo que continua líder sen coñecer a derrota. As cántabras necesitan sumar puntos para poder escalar postos na clasificación e colocarse na zona media da mesma. Por iso o duelo disponse con moita igualdade e seguro que será un bonito espectáculo deportivo.
O enfrontamento será retransmitido en directo polas redes sociais do @voleyourense.