• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Reto Iberdrola Fútbol

Remontada e triunfo deportivista con gol da capi Merino no seu retorno

O Dépor ABANCA vencía 3-1 ao CD Pradejón en Abegondo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/04/2022
en Fútbol, Liga Reto Iberdrola Fútbol
Dépor ABANCA / RCD

Dépor ABANCA / RCD

150
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Empezou por detrás pero o Dépor ABANCA foi quen de recompoñerse e de remontar un 0-1 ante o CD Pradejón que rematou nun 3-1 con gol incluído da capitá, Alba Merino, que regresaba ao tepe de Abegondo logo dunha lesión que a tivo meses lonxe do verde e do balón.

O Dépor ABANCA impúxose ao CD Pradejón un partido que se lle puxo costa arriba no primeiro período, pero que logrou remontar con goles de Eva Dios e Laura Fernández, e ao que puxeron a guinda o bo debut de Vika Hiryn e o tanto da sentenza, obra da capitá Alba Merino no seu regreso aos terreos de xogo despois de case sete meses de baixa.

O Dépor ABANCA fíxose co dominio da pelota practicamente desde o inicio. Pero non o tivo fácil para atopar vías de acceso á área contraria. A principal e máis explotada foi o extremo dereito, onde nesta ocasión situouse Laura Fernández. Contra do minuto 6 houbo unha primeira internada da dianteira vallisoletana que concluíu cun pase da morte a Jone Ibáñez. O remate da mediocampista vasca estrelouse nas pernas da porteira visitante e unha compañeira despexou rapidamente a saque de esquina.

Máis adiante produciuse outra chegada de Laura Fernández pola dereita atopou de novo a Jone Ibáñez, esta vez na media lúa da área. O disparo de Ibi marchouse fóra, moi preto do pau esquerdo. O Dépor ABANCA parecía ter controlado o encontro pero no minuto 17 viuse por detrás no marcador.

O certo foi que, a primeira vez que o CD Pradejón controlou a pelota na metade branquiazul do campo acabou en gol. Moito premio e grande efectividade. O tanto chegaba após unha recuperación en mediocampo con balón longo pola esquerda para Carmen Sobrón, que recortou cara a dentro para desfacerse de María Ruiz e sen pensarllo saíu do caneo cun disparo desde 25 metros ao recanto contrario, imposible de cazar por Ana Valles.

O conxunto rioxano comezou entón a ter un pouco máis a pelota, pero non foi capaz de chegar á área coruñesa no resto do primeiro tempo máis que en dous saques de esquina. O resto de oportunidades foron para un Dépor ABANCA que nos minutos finais comezou a chegar con algo máis de claridade, o que se traduciu no empate.

Superados os 22 minutos de xogo, un dereitazo de María Ruiz desde 25 metros foise lambendo o traveseiro. Á media hora de xogo, un centro-chut de Eva Dios non atopou nin porta, nin rematadora. Laura Fernández volveu aparecer no minuto 37, cando roubou o coiro á súa marcadora na liña de fondo e puxo un balón na área pequena que tampouco atopou rematadora.

Chegados ao minuto 40 un centro a media altura de Laura Fernández non foi capaz aproveitalo a súa compañeira Eva Dios. A canteirá, con todo, estivo plena de acerto un minuto despois. Un centro desde o extremo dereito a perna cambiada de María Ruiz atopou a Eva Dios no segundo pau e esta bateu a Sheila Asensio cun colocado dereitazo ao pau contrario.

A segunda metade comezou coa expulsión do técnico visitante, Israel Losa. O equipo rioxano compareceu no terreo de xogo con máis de cinco minutos de atraso, feito que motivou a decisión do colexiado.

Unha hora de encontro do #DéporABANCAPradejón en #Abegondo!

🦋 #VoemosXuntas 💙 #MoitoPorVivir pic.twitter.com/NWpNpGB5cI

— RC Deportivo (@RCDeportivo) April 16, 2022

As chegadas a porta máis claras do primeiro tramo do segundo acto foron do CD Pradejón. Merche Izal enganchou con dureza un rexeite da defensa branquiazul, pero Ana Valles estaba perfectamente colocada e desviou a córner. Lidia Alén, bateu un novo despexe da zaga deportivista desde fóra da área. O esférico foise rozando o poste dereito da portería herculina.

Debut de Vika co Dépor ABANCA

O primeiro disparo do Dépor ABANCA no segundo tempo non chegou até o minuto 67, por medio de Paula Gutiérrez. Foi un lanzamento desde 25 metros que se perdeu á dereita do portal rioxano. Inmediatamente, Miguel Llorente deu entrada a Vika Hiryn en lugar de Aroa Guerra, co que a dianteira ucraína efectuou o seu debut como branquiazul.

Foi a partir de entón cando o Dépor ABANCA comezou a chegar con maior claridade. No minuto 71, Eva Dios recolleu un despexe da defensa rioxana a un saque de banda preto do córner pero o seu disparo foise frouxo a mans de Sheila Asensio. No minuto 72 Laura Fernández quedou soa ante a porteira visitante despois dunha imprecisión na saída do balón das rioxanas e bateuna no man a man poñendo por diante no marcador ao Dépor ABANCA.

Un cuarto de hora para o asubío final do #DéporABANCAPradejón en #Abegondo! Laura aproveitou un erro na saída do balón do conxunto rioxano para adiantar #ásnosas!

🦋 #VoemosXuntas 💙 #MoitoPorVivir pic.twitter.com/AQp42QXzrc

— RC Deportivo (@RCDeportivo) April 16, 2022

O regreso de Alba Merino tivo o premio do gol

Alba Merino ingresou no terreo de xogo no 79 en substitución de Laura Fernández. Foron case sete meses despois do seu último encontro após ser operada do seu xeonllo dereito. A capitá deportivista erixiuse en gran protagonista cando, no minuto 90, asinou o tanto da sentenza.

Vika Hiryn iniciou a acción en campo propio, continuouna María Ruiz cun recorte e pase en profundidade para Jone Ibáñez, que se anticipou coa punta da bota á saída desesperada de Sheila Asensio deixando a pelota para a chegada desde atrás de Alba. A estremeña percorreu a área sen oposición antes de marcar a porta baleira cun duro golpeo cheo de rabia e alegría.

Con esta vitoria ante o CD Pradejón, o Dépor ABANCA atesora 46 puntos, un menos que o líder, o RCD Espanyol, e os mesmos que o CDF Osasuna Femenino, aínda que ambos teñen que xogar aínda os seus partidos da 24ª xornada, mañá domingo 17 de abril nos campos do FC Barcelona B e o CDE Racing Féminas, respectivamente.

Miguel Llorente citou ás futbolistas para traballar mañá domingo 17 ás 10:15 horas en Abegondo. Será unha sesión de recuperación para as futbolistas titulares e máis intensa para o resto.

A próxima fin de semana, o sábado ás 16:00 h., o equipo deportivista visita ao CD Parquesol en partido correspondente á 25ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

FICHA TÉCNICA

3) DEPORTIVO ABANCA: Ana Valles, Carlota, Inés Altamira, Raquel García, Patri López (Goretti, min. 90+1), María Ruiz, Paula Gutiérrez, Jone Ibáñez, Laura Fernández (Alba Merino, min. 79), Aroa Guerra (Vika Hiryn, min. 67) e Eva Dios (Paula Novo, min. 79).

1) CD PRADEJÓN: Sheila, Galán (Nerea Salinas, min. 77), Lesley Talom, Ana Pagola, Nerea Tellería (Laura Pérez, min. 59), Merche Izal, Lidia Alén, Silvia Ruiz, Alaitz (Herce, min. 59), Adriana Parada (Irene Yangüas, min. 59) e Carmen.

GOLES: 0-1 Carmen (min. 17); 1-1 Eva Dios (min. 41); 2-1 Laura Fernández (min. 72); 3-1 Alba Merino (min. 90).

ÁRBITRO: Alejandro Castro Alarcón (c. galego). Expulsou ao adestrador do CD Pradejón, Israel Losa (min. 46). Cartón amarelo a Carlota (min. 45), Eva Dios (min. 51), Patri López (min. 57) e Galán (min. 63).

INCIDENCIAS: Partido da 24ª xornada do grupo Norte de Reto Iberdrola disputado en Abegondo.

Etiquetas Alba MerinoDépor ABANCAfútbolMiguel LlorenteRCD
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.