• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

Remontada e primeira victoria do Durán Maquinaria Ensino na Liga Endesa ante o IDK Euskotren (80-71)

Carlos Cantero: "A victoria danos un plus de positividade e de confianza" | O Durán Maquinaria Ensino amosa a súa competitividade cunha remontada no segundo tempo ante o IDK Euskotren |

Óscar Martínez por Óscar Martínez
05/10/2020
en Liga Feminina Endesa
Remontada e primeira victoria do Durán Maquinaria Ensino na Liga Endesa ante o IDK Euskotren (80-71)
166
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Había que romper a mala racha e así se fixo, cunha traballada remontada. En ocasións, aínda que as cousas se estean facendo ben, o cruel marcador e o que xulga a un equipo. Desta vez, as lucenses víanse obrigadas a gañar e así o fixeron, poñendo o punto e final á que seguramente podía convertirse nunha preocupante dinámica, especialmente a nivel de sensacións.

As xogadoras do Durán Maquinaria Ensino comenzaron acertadas en ataque, pero concedían moitas facilidades ás súas rivais en defensa e a tripleta Delaere-Gladkova-Coulibaly funcionaba a pleno rendemento.

As pantasmas en forma de irregularidades dos dous anteriores partidos por parte do equipo de Carlos Cantero, e o xogo interior, que tanto temía o adestrador das galegas, foron argumentos máis que suficientes para que o IDK Euskotren gañase os dous primeiros parciais e chegase ao descanso cunha cómoda vantaxe. Preto dos psicolóxicos 10 puntos. (36-45).

 

Remontada Ensino contra IDK Euskotren
Bea Sánchez faise oco ante dúas rivais do IDK Euskotren / ENSINO CB

Á volta do intermedio, as locais reaccionaron guiadas por unha Stanacev que anotaba 7 puntos seguidos, achegando ás súas (45-50). A mellora en defensa e o peche do rebote facían bos os esforzos das galegas por conseguir a remontada do encontro.

Bea Sánchez e Hempe tomaron o relevo de Stanacev en ataque para situar ao seu equipo un punto arriba (59-58). Remontada e todo o último cuarto por disputarse.

Cantero: “Na primeira parte as cousas funcionaban en ataque, pero en defensa non”

Na súa lectura do partido o adestrador do Durán Maquinaria Ensino, Carlos Cantero, explicaba o motivo polo que o equipo amosou uns guarismos na primeira metade e outros na segunda. “Na primeira parte estabamos ben en ataque, realmente estabamos funcionando ben aí, pero en defensa, non”.

Detallaba o técnico do equipo de Lugo que o rival metíalles “balóns interiores fáciles, non estabamos sendo duras en defensa, non asegurabamos ben o rebote… Ao final o ataque non era malo, pero non había unha boa porcentaxe pola defensa. Que pasou na segunda metade? Pois que nos puxemos a defender”, aseverou con rotundidade o preparador das galegas.

 

🔥MVP de la afición🔥

C O M A N D A N T E
S T A N A C E V

🏹 12 Puntos
⛏️ 4 Rebotes
🏀 4 Asistencias#LFendesa | #SomosEnsino | #VoltaráLoita pic.twitter.com/HRGwhx8Nb2

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) October 3, 2020

Carlos Cantero destacou o cambio de actitude do seu equipo tras o descanso: “Puxémonoss a defender, aseguramos o rebote, impedímoslles que metesen balóns interiores fáciles, e iso permitíanos á vez correr, xogar con máis dinámicas e atacarlles moito mellor o Pick & Roll que é onde tiñan elas unha debilidade”.

Carlos Cantero, adestrador do durán Maquinaria Ensino: “Puxémonoss a defender, aseguramos o rebote, impedímoslles que metesen balóns interiores fáciles, e iso permitíanos á vez correr dende a defensa, xogar con máis dinámicas e atacarlles moito mellor o Pick& Roll que é onde tiñan elas unha debilidade”.

Unha remontada con carácter

A experiencia e o carácter das lucenses serviron para dar continuidade á reacción mostrada nos anteriores 10 minutos. Desta vez o equilibrio mostrado en ámbolos dous lados da cancha foi determinante. As galegas xa tiñan collida á medida ás visitantes en defensa e as boas porcentaxes de tiro en ataque (10 de 21 en triples ao final do encontró por tan só 2 de 10 polo conxunto euskera) disparaban no marcador ás lucensese e permitíanlles abrochar a primeira victoria desta tempada na Liga Endesa.

Remontada Ensino contra IDK Euskotren
Durán Maquinaria Ensino remontou diante do IDK Euskotren / ENSINO CB

Este triunfo con remontada sitúa ao conxunto galego na metade da clasificación, cun balance dunha victoria e dúas derrotas, empatado precisamente co IDK Euskotren.

Ao final do partido, Carlos Cantero destacaba que a victoria “danos ese plus de positividade e de confianza para saber qué podemos facer e qué temos que facer a partir de agora para gañar”.

Explicaba o técnico que as lucenses seguen “sendo irregulares porque fixemos unha primeira parte irregular, tirando mal, e unha segunda parte moi boa.  Así que seguiremos traballando en busca desa regularidade para xogar máis tempo nesa boa dinámica”.

Carlos Cantero, adestrador do Durán Maquinaria Ensino: “Ao final do partido, Carlos Cantero destacou que a victoria “danos ese plus de positividade e de confianza para saber qué podemos facer e qué temos que facer a partir de agora para gañar”.

A próxima xornada o Durán Maquinaria Ensino viaxará a terras vascas para medirse co Lointek Gernika Bizkaia que ven de perder fronte o poderoso Spar Girona. Será unha boa oportunidade para continuar coa boa dinámica e afianzarse nos postos que permitan soñar co play-off polo título.

FICHA TÉCNICA

DURÁN MAQUINARIA ENSINO: Merritt Hempe (18), Natalie Van den Adel (15), Aleksandra Stanacev (12), Alba Prieto (5), Bea Sánchez (10) – quinteto inicial-, Vega Gimeno (15), Marta Tudanca (-), Chatrice Marie White (12), Laura Aliaga (3), Alicia Villegas (-), Marta blanco (-).

IDK EUSKOTREN:  M. Erauncetamurgil (2), Lara González (4), Mariam Coulibaly (16), Antonia Delaere (15), Iullia Gladkova (19)—quinteto inicial—, Joyce Cousseins (5), Oumoul Sarr (6), Laura García (2), Meiya Tirera (2), Ane Esnal (-).

ÁRBITROS: Carlos Javier García León, Juan Gabriel Carpallo Miguélez e Jaime Gómez Luque.

INCIDENCIAS: Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

PARCIAIS: 17-25, 19-20, 22-13 e 21-13 (80-71)

Consulta aquí datos da Liga Endesa

  • Estatísticas do encontro Durán Maquinaria vs IDK Euskotren
  • Estatísticas do Durán Maquinaria Ensino 
  • Resultados Terceira Xornada
  • Clasificación 2020-2021
  • Estatísticas da Liga Endesa
  • Próxima xornada
Etiquetas baloncestobasketCB EnsinoDurán Maquinaria EnsinoIDK EuskotrenLiga Endesa
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.