• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

Remontada do Guardés en Lanzarote ante o Zonzamas (23-28)

O Mecalia sorprende en casa das lanzaroteñas cunha remontada final a partir do minuto 50 tras ir a remolque todo o partido

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/08/2025
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Zonzamas vs Mecalia Atlético Guardés / ZONZAMAS

Zonzamas vs Mecalia Atlético Guardés / ZONZAMAS

22
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • O partido do Guardés ante o Zonzamas estivo marcado por un desacerto preocupante no lanzamento a porta que afectou a todas as súas xogadoras salvo aos seus extremos. Ania Ramos, con catro goles, e Jazmín Mendoza, con cinco, foron das que máis remaron polo ataque guardés.
  • Ceci Cacheda, con outro cinco acertos, tamén destacou como líder ofensiva, así como desde os sete metros. Pero na liña de penalti a estrela foi Cristina Cifuentes, que se alzou como máxima anotadora cun 100% desde esta distancia e sete goles en total

O Mecalia Atlético Guardés apura, pero acerta. O conxunto que prepara Ana Seabra inauguraba este sábado a tempada da liga Guerreras Iberdrola cunha vitoria que se definiu como inesperada durante case todo o encontro. Tras ir a remolque dun Zonzamas moi potente e sen ser capaz de atopar a precisión nin na defensa nin no lanzamento a porta, o equipo miñoto tentou varias veces a remontada ata que o logrou a partir do minuto 50.

Mecalia Atlético Guardés / ZONZAMAS
Mecalia Atlético Guardés / ZONZAMAS

Levantadas polos penaltis, nos compases finais, as galegas recuperáronse dunha renda local de tres goles ata finalizar o encontro cunha vantaxe de cinco ao seu favor, sobre un anfitrión totalmente desinflado ao peche do partido. Cifuentes foi a máxima goleadora, con sete goles e un 100% desde os sete metros, aínda que tamén destacaron Ceci Cacheda e Jazmín Mendoza no ataque, con cinco acertos cada unha.

O primeiro gol da tempada do Mecalia Atlético Guardés chegou da man de Ania Ramos, que conseguiu transformar unha perda de parte do Zonzamas na primeira xogada do partido. As canarias pronto responderon e subiron o ritmo, e para cando o cronómetro marcou o primeiros cinco minutos, lograban poñerse por diante (3-2, min. 5). Ambos os dous equipos seguían un ritmo bastante igualado nestes primeiros compases.

Zonzamas vs Mecalia Atlético Guardés / ZONZAMAS
Zonzamas vs Mecalia Atlético Guardés / ZONZAMAS

As perdas de balón e os erros en defensa eran comúns nos dous extremos do 40×20, aínda que o conxunto local estaba máis acertado para a portería. As canarias mantivéronse coa vantaxe mínima nos minutos seguintes, ata que María Sancha deixou o marcador en táboas desde os sete metros (5-5, min. 10). O Mecalia Atlético Guardés trataba de estar atento, pero non acababa de atopar o seu sitio na pista insular.

Mentres as locais parecían ser capaces de transformar todos os seus achegamentos á porta de Amandine Balzinc, as xogadoras que prepara Ana Seabra non acababan de puír erros no lanzamento e imprecisións importantes no xogo ofensivo que seguían xerando perdas de balón. Para o ecuador desta primeira metade, o Zonzamas seguía liderando á mesma distancia (7-6, min. 15).

Terían que mellorar a súa concentración as da Guarda para impedir que o seu rival lograse escaparse. Tras case cinco minutos sen que ningún dos dous equipos marcase, fóra dun penalti de Ceci Cacheda, o Zonzamas volveu encaixar o esférico na rede guardesa (8-7, min. 20).

O Zonzamas ameaza con aumentar a súa renta

Aínda que co ritmo moito máis estancado, o encontro seguía decidíndose, polo momento, a favor das anfitrioas, coa precisión ofensiva e no lanzamento como factores diferenciais sobre os seus rivais galegas. Foi neste último terzo da primeira parte que o conxunto canario ameazaba con aumentar a distancia no luminoso.

Aínda que o Mecalia Atlético Guardés defendíase como podía, o equipo adestrado por Juanmi Pérez chegaba aos dous goles de vantaxe en máis dunha ocasión, #ante un equipo miñoto que, excepto desde os sete metros xunto con algún acerto solitario de Jazmín Mendoza desde o extremo, levaba unha cantidade de tempo perigosa sen entrar na rede de Alicia Robles. A técnica Seabra identificouno e solicitou parar o crono, avisando ás súas para que non permitisen un marcador avultado para a segunda parte.

Pero a chamada de atención non pareceu fornecer demasiado efecto. A Cidade Deportiva Lanzarote levaba polo aire a un Zonzamas en refacho, que encadeaba roubos de balón e só era freado ocasionalmente por Sabina Mínguez baixo paus.

As locais permitíanse agora unha defensa tamén máis agresiva, conscientes de que o Mecalia Atlético Guardés parecía estar a perder confianza tras tantos intentos de gol errados. Aínda que a renda canaria chegou aos tres goles, Ari Portillo chegou para romper a seca cun canonazo desde o seu extremo. Sumado á dobre parada da gardameta mislateña, que freou o contraataque e tamén parou o rexeite, a metade do partido pechouse co anfitrión liderando por dous (12-10, min. 30).

A segunda metade, unha oportunidade para as galegas

O Mecalia Atlético Guardés debía cambiar o chip nos vestiarios para dar a volta á situación sobre a pista. E aínda que a segunda parte comezou cun prometedor lanzamento de Ceci Cacheda, o rival canario pronto demostrou que non estaba disposto a baixar o ritmo. Un rápido parcial 3-2 deixou claras as súas intencións e permitiulle aumentar a súa vantaxe nada máis renovarse o encontro (15-12, min. 33).

Ao Mecalia Atlético Guardés estaban a salvalo os penaltis, pois a liña de sete metros era case o único lugar onde lograba chegar sen dificultades á rede do Zonzamas, cunha alta porcentaxe de acerto liderado por Cifuentes e a central lalinense. Impulsadas por unha nova aparición de Mínguez como cérbera, as deportistas preparadas por Ana Seabra lograron encamiñar un pouco o rumbo do encontro.

Cun parcial de 1-3 tutelado por Cacheda, o Mecalia Atlético Guardés achegouse perigosamente ao seu rival, que parecía agora máis bloqueado na defensa (16-15, min. 38). Pero xusto na xogada que podería devolverlle o empate, un pase impreciso deixou en bandexa o roubo ao Zonzamas, deixando claro ás galegas que non podían cometer nin un só erro.

Aos poucos, as da Guarda volveron a escarbar e conseguir achegarse (18-17, min. 42). Pero tamén esta vez unha perda de balón desfixo parte do traballo, deixando ao Zonzamas vía libre diante a portería baleira. Un rexeite aproveitado por unha Marie Louis rapidísima completou a faena e sentenciou o intento de remontada a falta de quince minutos para o final (20-18, min. 45).

Vitoria do Mecalia Atlético Guardés en Lanzarote diante do Zonzamas / ZONZAMAS
Vitoria do Mecalia Atlético Guardés en Lanzarote diante do Zonzamas / ZONZAMAS

A remontada do Guardés

Pero, lonxe de desanimalo, só serviu como gasolina para un Mecalia Atlético Guardés que parecía decidido a cambiar tórnalas, e que puxo un parcial de 1-3 sobre a mesa para, por primeira vez desde facía 40 minutos, empatar o partido. Unha Cifuentes imbatible desde os sete metros puxo colofón á recuperación visitante, que esta vez tivera éxito (21-22, min. 50).

Os dez minutos finais serían de todo ou nada para o equipo que entrena Ana Seabra, que debían seguir loitando para que o esforzo non caese en saco roto.

Mínguez seguiu aí cando lla necesitou e María Sancha levou ás súas da man ata que, nun dicir amén, imitaron a renda de tres goles que viñan de arrebatarlle ao equipo canario (21-24, min. 52). Jaz Mendoza, que hoxe estaba de doce con ata cinco canonazos desde o seu extremo, foi quen completou a operación.

Era o Zonzamas agora o que encadeaba perdas e erros froito dos nervios no xogo ofensivo, así como un lanzamento moito máis impreciso que non se correspondía para nada cos minutos anteriores. Os papeis intercambiáronse e o Mecalia Atlético Guardés debía estiralos todo o posible. Tras máis de cinco longos minutos sen marcar, o anfitrión deu sinais de vida e volveu facelo.

Pero Rosane Serrano acertou a enésima máxima penalización a favor do equipo miñoto e devolveu ás locais ao momento de partida. Restaban algo menos de tres minutos para o final, un por cada gol que debía remontar o Zonzamas se quería que polo menos un punto quedase en Lanzarote. Pero acabábase o tempo, e os extremos guardeses seguían brillando.

Todo o Mecalia Atlético Guardés fíxoo nestes compases finais, nos que contra todo prognóstico elevou a máximos a renda dun partido que viña perdendo case desde que comezou (23-28, final).

Triunfo do Guardés en Lanzarote diante do Zonzamas / ZONZAMAS
Triunfo do Guardés en Lanzarote diante do Zonzamas / ZONZAMAS

FICHA TÉCNICA:

23) ZONZAMAS PLUS CAR LANZAROTE (12+11): Valentina Menucci (p.), Marie Louis (7), Brenda Soler (4), Ingrid Soler (1), Gleinys Gonzále (4), Yasmin Fernández, Pauli Fernández (2), Agustina López, Luna Voncina, Alicia Robles (p.), Irene Botella (1), Paula García (2), Nahomi Márquez, Claudia Kaulback, Daniela Jerónimo e Lorena Zarco (2)

28) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS (10+18): Sabina Mínguez (p.), Jazmín Mendoza (5), Blazka Hauptman, Lorena Téllez (3), Cecilia Cacheda (5), María Palomo, Rosane Serrano (1), Cristina Cifuentes (7), Carme Castro, Nerea Gil, Ariana Portillo (1), María Sancha (1), Ania Ramos (4), Anouk Nieuwenweg e Amandine Balzinc (p.).

MARCADOR CADA CINCO MINUTO: 3-2, 5-5, 7-6, 8-7, 10-8, 12-10, 15-13, 17-16, 19-17, 21-22, 21-24 e 23-28.

EQUIPO ARBITRAL: Oriol Grebol e Miquel Vigo. Excluíron con dos minutos ás locais Nahomi Márquez (2) e Ingrid Soler, así como ás visitantes María Sancha e María Palomo.

INCIDENCIAS: Primeira xornada da Liga Guerreras Iberdrola 2025/2026, disputada na Ciudad Deportiva Lanzarote nas Illas Canarias.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Liga Guerreras Iberdrola (@ligaguerrerasiberdrola)

Etiquetas balonmánMecalia Atlético GuardésZonzamas
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BM PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño imponse 23-18 ao Grafometal Sporting La Rioja

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O partido comezou igualado, con defensa intensa por ambos dous equipos. O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño impuxo o seu...

Elda vs Mecalia Atlético Guardés da Liga Guerreras Iberdrola / VICEN MUÑOZ

Volta á acción dos equipos galegos na Liga Guerreras Iberdrola con senllas vitorias logo do parón de seleccións

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  A Liga Guerreras Iberdrola chega á súa duodécima xornada despois da interrupción provocada polo Campionato do Mundo 2025, que...

As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

A Selección Española non foi capaz de facer fronte á anfitrioa do torneo e dixo adeus ao soño mundialista que...

Selección de España de balonmán feminino / CSD IG

As Guerreras perden ante Serbia o primeiro partido da ‘main round’ do Mundial (29-31)

por Redacción As Nosas
03/12/2025
0

  A Selección Española Feminina de Balonmán estreouse cunha amarga derrota na Main Round do Mundial tras caer ante Serbia...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.