• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Reforma integral para o Fontecarmoa, 40 anos de historia do deporte en Vilagarcía

O concello de Vilagarcía de Arousa pagará o 66% da obra e a Xunta de Galicia o 33% | O orzamento total da actuación no Fontecarmoa roldará os 1,5 millóns de euros

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
26/02/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Suspendido o AD Cortegada vs Ulla Oil Rosalía pola humidade no Fontecarmoa / FEB

Suspendido o AD Cortegada vs Ulla Oil Rosalía pola humidade / FEB

140
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Concello de Vilagarcía de Arousa e Xunta de Galicia acordaron a reforma integral do Pavillón de Fontecarmoa no municipio pontevedrés, unha instalación deportiva con 40 anos de historia e na que, actualmente, disputa os seus partidos, por exemplo, a AD Cortegada que xoga na LF2.

As obras que se levarán a cabo no pavillón de Fontecarmoa constarán dunha reforma integral do edificio e a construción dun novo pavillón aproveitando a estrutura do xa existente.

Así, actuarase non só sobre os vestiarios e as instalacións eléctricas e de saneamento senón, e ante todo, sobre a cuberta e o illamento e tratamento de todo o peche perimetral e das instancias interiores.

Ao tempo se adoptarán todas as medidas necesarias para acadar a eficiencia enerxética esixible na actualidade nos edificios públicos.

O pavillón número 1 é o centro de todo o complexo polideportivo de Fontecarmoa, no que hai dous pavillóns de deporte, un estadio de atletismo, dous campos de fútbol, varias pistas de tenis e unha piscina.

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, vén de anunciar esta actuación logo dunha xuntanza telemática mantida co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela. A Xunta de Galicia achegará o 33% da reforma integral do pavillón número 1 de Fontecarmoa, mentres que o concello vilagarcián farase cargo dos 2/3 do presuposto. O orzamento total da actuación no Fontecarmoa roldará os 1,5 millóns de euros.

Segundo informa o Concello de Vilagarcía de Arousa, a falla de que a memoria inicial “se converta nun proxecto de obra en sentido estrito, estímase que o presuposto necesario roldaría os 1,5 millóns de euros. Cando o documento estea listo, Varela e Lete asinarán o correspondente convenio, pero, en calquera caso, a ansiada reforma do pavillón xa conta co compromiso de financiación”.

O concello pontevedrés ten previsto aprobar o seu orzamento para 2021, que inclúe, no capítulo de investimentos, unha partida de 800.000 euros. O resto da aportación municipal, “ata aproximadamente un millón, procederá dalgunha das intervencións previstas ás “Liñas de actuación” da Estratexia DUSI “Vilagarcía Avanza”, financiada con fondos FEDER“‘, explican desde o consistorio.

A intención é facer unha reforma integral do edificio, “que vaia moito máis alá de seguir facendo ‘parches’ en determinados aspectos para, ao final, case construír un novo pavillón aproveitando a estrutura do xa existente. Así, actuarase non só sobre os vestiarios e as instalacións eléctricas e de saneamento senón, e ante todo, sobre a cuberta e o illamento e tratamento de todo o peche perimetral e das instancias interiores. Ao tempo se adoptarán todas as medidas necesarias para acadar a eficiencia enerxética esixible na actualidade nos edificios públicos, e sobre o cal os plans europeos poñen tanto énfase (é o caso das EDUSIs como nas que participa Vilagarcía)”.

Fontecarmoa, 40 anos de testemuña do deporte de Vilagarcía

O pavillón número 1, sobre o que agora se pretende actuar, foi a orixe de todo o complexo polideportivo de Fontecarmoa, no que agora hai dous pavillóns de deporte, un estadio de atletismo, dous campos de fútbol, varias pistas de tenis e unha piscina que agora mesma está en proceso de ampliación. O pavillón número 1 supuxo, polo tanto, un fito na historia do deporte local.

Construído en 1981, cun investimento de 40 millóns de pesetas de entón, ao longo dos seus case 40 anos de uso, o edificio viu crecer o deporte vilagarcián, desde aqueles partidos que se celebraban no antigo pavillón do Movemento ou o do Liceo Marítimo por carecer dun verdadeiramente municipal, ata torneos internacionais nos que participaron seleccións nacionais absolutas e equipos sénior e júnior dos máis coñecidos clubs europeos de baloncesto (Real Madrid, Barcelona, Zalguiris, Cibona…).

Hoxe, o pavillón é sede do equipo feminino do AD Cortegada, que milita na Liga Feminina 2, e tamén de torneos de carácter internacional, o que esixe unha serie de características que non sempre son fáciles de cumprir, especialmente en canto se refire á climatización.

Dos 32.474.216 euros cos que conta a Secretaría Xeral para o Deporte en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Etiquetas Alberto VarelaFontecarmoainfraestruturasJosé Ramón Lete LasapavillónreformaVilagarcía de ArousaXunta de Galicia
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

José Ramón Lete Lasa, na presentación da Copa de España da clase 420 de vela que terá lugar no Centro Galego de Vela do 13 ao 16 de maio / XUNTA DE GALICIA

Lete reivindica o papel protagonista da vela galega e augura máis éxitos olímpicos grazas ao grande nivel dos máis novos

por Redacción As Nosas
12/05/2023
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación da Copa de España da clase...

Lete Lasa, no Campionato Galego de atletismo adaptado de Vilagarcía / XUNTA DE GALICIA

Lete Lasa destaca o excepcional momento do deporte para persoas con diversidade no Campionato Galego de atletismo adaptado de Vilagarcía

por Redacción As Nosas
11/05/2023
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu na mañá de hoxe e participou na entrega...

Obras no campo de fútbol de Eirís / CONCELLO DA CORUÑA

En marcha as obras de construción do novo campo de fútbol de Eirís

por Redacción As Nosas
03/05/2023
0

  O Concello da Coruña iniciou os traballos de construción do novo campo de fútbol de Eirís, unha instalación deportiva...

Skatepark no parque de Eirís na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O skatepark do parque de Eirís contará cun ‘bowl’ e unha ‘skatepraza’ adaptados a máis deportes urbanos

por Redacción As Nosas
24/04/2023
0

  A Xunta de Goberno Local da Coruña aprobou a adxudicación das obras da nova pista de skate no parque...

Emilia Mesa batiu seis récords galegos F70 no Campionato Xunta de Galicia de pentatlón de lanzamentos máster FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Emilia Mesa bate seis récords galegos F70 no Campionato Xunta de Galicia de pentatlón de lanzamentos máster

por Redacción As Nosas
24/04/2023
0

  As pistas viguesas de Balaidos, acolleron esta fin de semana un dobre campionato autonómico que tivo por protagonistas aos...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

30/05/2023
Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ / FEGADACE

Aberta a inscrición na II Carreira e Andaina Solidaria de FEGADACE ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, que terá lugar en Lalín o 2 de xullo

30/05/2023
Galicia conta con cinco taekwondistas no Mundial de Baku: Alma Pérez, Arlet Ortiz, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira e Iván García / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A galega Arlet Ortiz cae nos oitavos de final no Mundial de Bakú contra a campioa de Europa de taekwondo

29/05/2023
Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

29/05/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.