Unha xornada despois, o Dépor ABANCA regresa ao máis alto da táboa na Reto Iberdrola. Tras a derrota ante o RCD Espanyol coa que comezara o ano, o equipo que adestra Miguel Llorente reencontrouse coa vitoria e tamén co liderato. E o fixo cun once que estivo os 90 minutos sobre tepe da cancha de La Rioja. Ningún cambio fixo o técnico das galegas. O banco non se moveu.
As galegas visitaban a cancha do CD Pradejón ao que se impuxeron por 0-2 deixando así atrás de novo na clasificación, aínda que sexa temporalmente, ao FC Levante las Planas. O partido desta xornada do club levantino contra o Zaragoza foi adiado. Así, o conxunto branquiazul ocupa o primeiro posto con 34 puntos por diante do FC Levante Las Planas con 33 e un partido menos.
Pese ao que poida apuntar o resultado, non foi doado o triunfo do Dépor ABANCA ante o CD Pradejón. Ana Valles recibiu balóns con perigo na súa portaría que incluso chegou a perforar o CD Pradejón, aínda que o colexiado anulaba o tanto por fóra de xogo.
Chegou o Dépor ABANCA a descanso por diante no marcador grazas a un go de Aroa Guerra no minuto 38 a pase de Andrea Sierra. Non foi un partido cómodo na primeira parte para as deportitivistas, e tampouco o foi na segunda. Con todo, o conxunto que adestra Miguel Llorente volvía marcar. O segundo, cara ao final, no minuto 86, anotábao Ainhoa Marín.
Logo de dúas xornadas consecutivas xogando lonxe da Cidade Deportiva de Abegondo, e con sorte dispar, o Dépor ABANCA regresa a vindeira xornada A Nosa Casa abegondesa para recibir o sábado ás 17:00 horas ao CD Parquesol.
Dez minutos para que comece no Municipal de Pradejón o #PradejónDéporABANCA
🦋 #VoemosXuntas ⚽️ #MoitoPorVivir 💙 pic.twitter.com/xzeBfNZYMi
— RC Deportivo (@RCDeportivo) January 15, 2022
A volta ao traballo, segundo informa o club deportivista, será para o bloque que adestra Miguel Llorente o vindeiro amrtes 18 ás 17:00 horas en Abegondo. As Nosas regresaron por estrada á Coruña logo do partido contrao CD Pradejón en La Rioja.
FICHA TÉCNICA
0) CD PRADEJÓN: Sheila Asensio, Nerea Tellería, Merche Izal, Irati Ezkurdia, Lidia Alén, Carmen Sobrón, María Herce (Irene Yanguas, min. 60), Adriana Parada, Lesley Talom (Alaitz Núñez, min. 60), Andrea Galán (Laura Pérez, min. 70) e Silvia Ruiz.
2) DÉPOR ABANCA: Ana Valles, Andrea Sierra, Inés Altamira, Raquel García, Cris Martínez, Paula Gutiérrez, Carlota Sánchez, Jone Ibáñez, Ainhoa Marín, María Ruiz e Aroa Guerra.
GOLES: 0-1 Aroa Guerra (min 38); 0-2 Ainhoa Marín (min. 86).
ÁRBITRO: Vélez Castelar (c. riojano). Amonestou a Paula (min. 32), Cris (min. 55) e Israel Losa, adestrador local (min. 16)
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 14ª xornada de Liga no Grupo Norte da categoría Reto Iberdrola 2021-22 disputado no campo Municipal de Pradejón en La Rioja.